martes, 11 de febrero de 2014

O DOUTOR KNAPP PRESENTOU EN BURELA A ESCOLA DE COLUMNA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA Este martes 11 de febreiro comeza a súa andaina na Aula de Familia da Casa da Cultura a Escola de Columna que foi presentada este luns pola concelleira de Sanidade e Servizos Sociais, Diana Durán, polo alcalde, José Mª González Barcia, e polo Doutor Knapp, que hai anos desenvolveu técnicas que aumentaron a eficacia dalgúns tratamentos para as dores de costas, xa empregados con éxito en Alemaña.

En total son 50 as persoas que se beneficiarán desta Escola de Columna repartidas en cinco grupos. As clases mañá serán de 8:15 a 9:15 horas, de 9:15 a 10:15 horas e de 10:15 a 11:15 horas. Xa o mércores terán lugar de 19 a 20 horas e de 20 a 21 horas.

O Salón de Plenos da Casa do Concello enchéuse de xente para escoitar ao Doutor Knapp. Persoal do seu equipo viaxará máis adiante a Burela para realizar un seguimento dos cursos que se impartirán. Diana Durán lembra que “con esta nova iniciativa social igualámonos a dúas grandes cidades galegas, A Coruña e Santiago, que tamén ofrecen este programa de carácter terapéutico e preventivo e no que se educa para tonificar a musculatura das costas. Trátase dunha selección moi especial de execicios que procuran rehabilitar as estruturas que máis sufriron a falta de movemento”.

A presentación e charla da mañá deste luns foi un éxito, segundo a concelleira de Sanidade e Servizos Sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario