jueves, 27 de febrero de 2014

ALCALDE E SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE FAN BALANCE POSITIVO DO TRABALLO REALIZADO A NIVEL LOCAL EN MATERIA DE IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


GONZÁLEZ BARCIA REUNÍUSE EN SANTIAGO COA SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE. AMBOS DESTACARON O TRABALLO QUE SE ESTÁ A REALIZAR DESDE O CONCELLO DE BURELA EN MATERIA DE IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. O REXEDOR CONFÍA EN QUE A LIÑA DE COLABORACIÓN ENTRE AMBAS INSTITUCIÓNS SE MANTEÑA.

O alcalde, José Mª González Barcia, mantivo durante a mañá de onte un encontro en Santiago coa Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella.

No encontro, a Secretaria Xeral da Igualdade valorou moi positivamente o traballo que se está a desenvolver no Concello de Burela en materia de igualdade e contra a violencia de xénero.

O pasado ano o Concello de Burela a través da orde para entidades locais recibiu una subvención de máis de 50.000 euros: 45.000 para o mantemento do Centro de Información á Muller de Burela e 6.200 euros para levar a cabo un programa de promoción da Igualdade.

Desde a Secretaría Xeral de Igualdade subliñaron que “o Concello de Burela é un dos 30 concellos da provincia de Lugo que está  adherido á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero de Galicia. Así, no pasado mes de decembro o Burela acolleu a representación de I´ll be Watching You, un espectáculo pedagóxico, lúdico e musical que analiza os roles de xénero a través das cancións de amor e busca sensibilizar aos adolescentes ante condutas violentas”.

O rexedor dixo que “a liña de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade e  o Concello é moi intensa e moi positiva. As subvencións que recibimos son as maiores ás que un Concello desta tipoloxía pode acceder”. González Barcia amosouse convencido de que “esa liña terá continuidade tanto desde o equipo de goberno municipal como desde a Xunta, que con bo criterio aposta polos concellos nos que as cousas neste ámbito, no da violencia de xénero, se están a facer ben”.

martes, 25 de febrero de 2014

ATA O 21 DE MARZO ESTARÁ ABERTO O PRAZO DE RENOVACIÓN E PREINSCRICIÓN NA ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL DE BURELA

Ata o vindeiro 21 de marzo estará aberto o prazo de renovación e de preinscrición na Escola Infantil A Galiña Azul para o curso 2014/15, segundo informa a Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade. 
 
Diana Durán sinala que “para entregar a documentación é preciso pedir cita previa no teléfono da escola infantil: 982 58 12 28”. A lista provisional publicarase o 2 de maio. As reclamacións poderanse presentar do 3 ao 12 dese mes, a lista definitiva publicarase o 27 de maio e a matrícula do curso formalizarse do 28 de maio ao 10 xuño. A data de inicio do curso está prevista para o 4 de setembro. 

A edil popular explica que “quen así o desexe poderá consultar a resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar onde se anuncia o prazo de reserva da praza, preinscrición de novo ingreso e matrícula para o curso 2014/15 no taboleiro de anuncios do Concello de Burela ou na propia escola infantil así coma os anexos para cubrir os datos e onde aparece a documentación necesaria a entregar e o novo baremo, entre outros. Tamén se poderá consultar na seguinte páxina web: www.igualdadebenestar.org”.

O PROXECTO EDUCANDO EN FAMILIA ACOLLERÁ EN BURELA VARIAS FESTAS DE ENTROIDO

O proxecto Educando en Familia, dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos acollerá esta semana varias festas de entroido, segundo ven de anunciar a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán. 
 
Educando en Familia, que veu darlle continuidade á Aula Junior, será escenario de 4 festas, unha por cada grupo de idade. O entroido será o protagonista o luns, 24 de febreiro, e o xoves, día 27, de 10:30 a 12:30 da mañá. E o martes 25 e tamén o xoves 27, de 16 a 18 horas. 

Diana Durán aproveitou para lembrar que “Educando en Familia é un programa de coeducación e igualdade e de formación de familias, onde a súa presenza é vital para educar a nenas e nenos de cero a seis anos do Concello de Burela, desenvolvendo as súas aptitudes, a súa aprendizaxe e a confianza en si mesmas/os, realizando actividades adaptadas a cada idade na que o obxectivo é difundir unha cultura da infancia e acompañar á familia na aventura de medrar e no desafío de educar”. 

Educando en Familia iniciou a súa andaina o pasado mes de xaneiro, dándolle continuidade á Aula Junior, tras o descanso das vacacións de Nadal.

viernes, 21 de febrero de 2014

CATORCE INMIGRANTES RECIBIRON OS DIPLOMAS DE ASISTENCIA A UN CURSO FORMATIVO DE INSERCIÓN SOCIAL DESTINADO A ESTRANXEIROS


OLYMPUS DIGITAL CAMERA 


Un grupo de 14 inmigrantes, chegados nos últimos meses a Burela, recibiron onte a mediodía os diplomas tras asistir en decembro a un curso formativo de inserción social destinado a estranxeiros. Son cidadáns procedentes de Cabo Verde, Nigeria, Senegal e China. 
 
Os diplomas fóronlles entregados polo Alcalde, José Mª González Barcia, e pola Concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán. O obxectivo do curso, segundo explicou a edil popular, “foi facilitarlles a súa chegada e a súa integración en Burela, explicámoslles os recursos existentes nesta zona e recibiron información dos procesos migratorios e dos países de procedencia de todos eles. Tamén lles contamos o funcionamento dos servizos sociais municipais e as normas fundamentais do estado español que lles afectan máis directamente coma os apartados relativos aos dereitos e deberes dos cidadáns estranxeiros e a lingua”.

Diana Durán engadiu que “achegámolos ás responsabilidades parentais que teñen aquí e ao sistema educativo, así coma aos recursos cos que contan para buscar emprego e a todos os servizos que poden atopar en Burela: o centro de saúde, os trámites que poden realizar desde o Concello, onde están os centros de ensino, etc, etc… o que perseguimos é normalizar a súa situación na nosa vila o máis axiña posible desde que chegan a Burela”.

A Concelleira de Servizos Sociais subliñou que “o curso resultou moi produtivo, todos os participantes se sentiron máis arroupados ao asistir a esta cita e ao ver que dispoñen de moitos servizos aos que dirixirse”. 

Este curso é froito do traballo coordinado entre o departamento de Educación Familiar e o Programa de Atención ao Inmigrante, dependentes ámbolos dous da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade do Concello de Burela.

jueves, 20 de febrero de 2014

MÁIS AXILIDADE MENTAL NOS MAIORES

Máis axilidade mental nos maiores 

Mellorar a calidade de vida e a autonomía dos maiores de Burela é un dos obxectivos do curso

Y. G.
BURELA / LA VOZ 
19/02/14


Mellorar a calidade de vida, potenciar a autonomía nas actividades diarias e inculcar unha serie de hábitos sobre como cuidarse, a nivel de saúde corporal e mental, é o propósito dun obradoiro de ximnasia mental que comezou onte na Casa da Terceira Idade de Burela para maiores de 65 años, organizado por la concellaría de Servizos Sociais do Concello burelense.
«A intervención con maiores convértese non só nun obxectivo social, senón nunha inversión de futuro. O fin último é prever a dependencia e afrontar o envellecemento dende unha actitude positiva e aberta», explica la edila Diana Durán García.
O curso finalizará o próximo día 15 de maio e desenvolverase os martes y os xoves pola tarde durante hora e media. Unha hora e media que aportará múltiples beneficios aos alumnos.

MAIORES CON CALIDADE DE VIDA

MAIORES CON CALIDADE DE VIDA

*Un grupo de 60 persoas particia nun obradoiro de ximnasia mental en Burela

 

*O obxectivo do programa é diminuir o risco de sufrir enfermidades neurodexerativas

 

EL PROGRESO, 19/02/14

 

BURELA. Envellecer sin perder calidade de vida é unha máxima que cada vez practican máis persoas. De ahí o éxito de inciativas como a que onte botou a andar na residencia de maiores de Burela: o obradoiro de ximnasia mental, AXILMENTE. Pensado para persoas  maiores de 65 anos están apuntados 60 xubilados, dividios en dous grupos, que desenvolverán distintos tipos de exercicios para exercitar a súa mente.

 

O obxectivo deste programa é que as persoas maiores traballen distintas áreas que lle son necesarias para manterse autónomas o maior tempo posible, así como diminuir os factores de risco de padecer certas enfermidades, sobre todo o alzheimer ou dolencias neurodexenerativas, que aparecen cos anos.

 

A edil de servizos sociais, Diana Durán, impulsora do programa, amosouse moi satisfeita pola aceptaciópn que tivo esta actividade, ao igual que outras das propostas que teñen para ás persoas maiores.

 

Con respecto ao obradoiro que comezou onte e que é totalmente gratuito para todos os participantes, Durán explicou que "é un obradoiro de promoción da autonomía persoal, de carácter gratuito, baseado na estimulación cognitiva e na prevención da dependencia, no que se pretenden traballar as variables que determinan o envellecemento exitoso, de forma que incidindo nelas, as persoas maiores adquiran as ferramentas necearias para mellorar a súa calidade de vida, ser autónomas nas actividades diarias e incorporar unha serie de hábitos de autocoidado, tanto no ámabito sanitario como no cognitivo".

 

As clases desenvolveranse todos os martes e xoves de cinco a seis e media da tarde ata o próximo 15 de maio.

 

INVERSIÓN. Durán insistiu en que tanto este obradoiro como outros que ten en marcha a súa delegación non teñen solo un obxectivo social para que as persoas maiores se manteñan activas e se interrelacionen entre sí, sinon que tamén se trata de unha inversión de futuro. "O fin último é previr a dependencia e afrontar un envellecemento dende unha actitude positiva e aberta", dixo.

 

XIMNASIA MENTAL EN BURELA

180214 Foto axilmente Burela 



A Casa da Terceira Idade de Burela acolle o programa denominado AXILMENTE, que é un obradoiro de ximnasia mental para que as persoas maiores de 65 anos melloren a súa calidade de vida. Esta actividade, que é gratuíta, prolongarase ata o vindeiro 15 de maio. 

AXILMENTE desenvolverase os martes e xoves de 17 a 18:30 horas. Debido á gran acollida que tivo o programa, aumentaranse os grupos ao longo desta semana, xa que hai un total de 60 persoas apuntadas para participar.

Á presentación xunto aos asistentes,celebrada a principios desta semana, acudiron o alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán.

lunes, 17 de febrero de 2014

PREVENCIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE DAS NOSAS PERSOAS MAIORES


BURELA ACOLLERÁ UNHA CHARLA SOBRE A PREVENCIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE DAS NOSAS PERSOAS MAIORES O VINDEIRO XOVES

O Salón de Plenos acollerá o vindeiro xoves, 20 de febreiro, ás seis da tarde unha charla sobre "PREVENCIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE DOS NOSOS MAIORES". A conferencia, que está organizada pola Concellería de Servizos Sociais, enmárcase dentro do PLAN MAIOR DE SEGURIDADE, que organiza o Ministerio de Interior, a través da Dirección Xeral da Garda Civil. 

Segundo explica Diana Durán “profesionais da Garda Civil serán os encargados de impartir esta charla, dirixida principalmente ás persoas maiores, onde se tratarán, entre outros aspectos, temas como timos, furtos, roubos, maltrato a persoas maiores, así como diferentes situacións de perigo ás que o colectivo destas persoas son máis vulnerables e responderán a todas aquelas dúbidas que desexen resolver”.

A charla é de carácter gratuíto e, aínda que está dirixida preferentemente ao colectivo das persoas maiores, poderán asistir todas aquelas persoas que así o desexen.

 

viernes, 14 de febrero de 2014

CHEO NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE BURELA PARA ESCOITAR UNHA CHARLA SOBRE O ALZHEIMER

130214 Foto charla alzheimerO Salón de Plenos do Concello encheuse na tarde de onte para escoitar unha charla sobre o alzheimer, que organizou o departamento de Servizos Sociais. 

O alcalde, José Mª González Barcia, dixo que “desde o Concello en función das nosas posibilidades e responsabilidades o que tentamos é achegarlle á cidadanía os problemas que sofre a sociedade e que lle poden afectar a calquera persoa. Estamos diante dunha tipoloxía de enfermidade propia do século XXI”. 

O rexedor considera que “a nosa obriga é axudarlle á xente a ter información sobre esta enfermidade e a que as persoas de apoio non teñan baixóns anímicos, que poidan e saiban regular e combinar a súa vida coa do doente. Os coidadores teñen que saber dosificar o esforzo que realizan cos seus enfermos”.

González Barcia tivo palabras de agradecemento e recoñecemento para a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán: “Desde o equipo de goberno axudamos a poñer en marcha unha asociación de enfermos de alzheimer e estámolos a apoiar en todo o que podemos. A nosa intención é seguir colaborando con este colectivo e organizar máis actividades destinadas ás persoas enfermas de alzheimer e aos seus coidadores para que saiban levar da mellor forma posible unha situación que se sabe cando comeza, pero non cando remata. Na Concellería de Servizos Sociais levamos dous e medio traballando moito e así seguiremos”.

miércoles, 12 de febrero de 2014

DR. KNAPP: "Cando llo explicou a fisio á concelleira, Diana Durán, quedou entusiasmada. Son os primeiros que entenderon que por aí vai o medicamento moderno"

CLAUS KNAPP RADIÓLOGO CREADOR DA ESCOLA DE COLUMNA

«Contra a dor de costas o primeiro, sentarse ben»

O especialista imparte esta semana en Burela cursos a base de exercicios para eliminar dor de costas e columna

 
Os exercicios que se ensinan na Escola de Columna que, por exemplo, funciona en cidades galegas como A Coruña e Santiago, seguindo o método do Doutor Knapp (Madrid, 1928), tamén achegan beneficios aos burelenses ao lograr a concellaría de Servizos Sociais cursos gratuítos para os veciños. El é radiólogo, formouse en Hamburgo e antonte achegouse a Burela co gallo da apertura.

-Conseguir traer unha actividade como esta a unha localidade pequena é todo un logro, ¿non?
-Si. Cando llo explicou a fisio á concelleira, Diana Durán, quedou entusiasmada. Son os primeiros que entenderon que por aí vai o medicamento moderno, non por cortar máis nin comprar máquinas máis caras. Na presentación empezamos por cousas moi simples, como aprender a sentarse ben.

-¿Como traballan nos centros?
-Todos os nosos colaboradores son fisioterapeutas, imos pola profesionalidade.

-¿Por que doe a columna?
-A maiores de anomalías, enfermidades, infeccións, tuberculoses, accidentes de coche, etcétera que nos fan dano na columna, hai algo máis, os hábitos da nosa civilización. Estamos mal sentados e moito tempo. Os cirurxiáns seguen operando e hai unha parte que non é de operar, é a columna dolorosa, non cirúrxica. En realidade non é máis que os cambios de hábito que fan que o centro de gravidade retroceda 4,5 centímetros. Nunha postura de amortiguación boa sobre o disco, a columna está cómoda, pero sostén o 70% do peso do corpo ou máis. Desde que o neno empeza a tratar de levantarse e andar, sen querer bota o peso para atrás porque o centro de gravidade vai cambiando. Iso é unha sobrecarga que aguantamos de neno, de mozo, e na vellez empeza a doer a columna a non ser que adestremos os músculos da pelvis.

-E a mocidade, ¿como está?
-Estragada, móvese pouco e ten ao redor moitas cousas que lle incitan a iso, logo sentámonos no coche, imos en ascensor, no traballo diante do computador e de noite diante do televisor. Nós devolvemos ao corpo a forza que é imprescindible. Non se pode facer nun ximnasio, hai que ensinalo. Con paciencia nosa e do paciente conseguimos adestrar e que se vaia a dor. E se nada funciona, aínda hai outro truco, que son inxeccións, terapia perirradicular, que aprendín en Alemaña.

martes, 11 de febrero de 2014

BURELA CREA UNHA ESCOLA DE COLUMNA PARA FOMENTAR O BENESTAR DOS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS


EL PROGRESO A MARIÑA
MARTES 11 DE FEBRERO DE 2012

EL MINUTERO
Un método para dejar de sufrir
>Burela crea una escuela de espalda para fomentar el bienestar de sus vecinos
>El centro utiliza el método del doctor Knapp, que ha logrado eficaces resultados

El SALÓN de Plenos de la Casa Consistorial de Burela acogió ayer la presentación de la Escuela de Columna que pone en marcha el Concello para tratar de aliviar los dolores de espalda de los vecinos y que ayer presentó el doctor Knapp, en cuyo método están basados los ejercicios que realizarán los asistentes a cargo de monitores especializados.

Las terapias personalizadas son una de las características de esta escuela, por lo que sólo son diez las personas que pueden acudir por sesión. El éxito ha sito tan notable que el Concello se ha visto obligado a ampliar a cinco los grupos de asistentes, dos de ellos en horario de tarde, que arrancarán con las clases mañana, mientras que los tres turnos de mañana lo harán hoy mismo, con uno primero a las ocho y cuarto.

La concejala de servicos sociales, Diana Durán, destacó el esfuerzo de poder contar en Burela con actividades de este tipo, que en toda Galicia solo se dan en A Coruña y Santiago.


La edil recordó que hace años el doctor Knapp desarrolló diversas técnicas, que aumentaron la eficacia de algunos tratamientos que ya habían empleado con éxito en escuelas alemanas y que han contribuido a resolver, sin necesidad de operaciónes, hernias de disco o lumbalgias, además de ciáticas y el clásico dolor de espalda, que padece buena parte de la población española de disversas edades.
Para estos cursillos, para los que hay lista de espera, solo se admite a mayores de edad, recordó Durán, quien confió además que una de las apuestas de su departamento es el bienestar de los bureleses.

 

EL MÉTODO DEL DOCTOR KNAPP ARRASA EN BURELA

La Voz de A Mariña
MARTES 11
DE FEBRERO DEL 2014


El método del doctor Knapp arrasa en Burela
PARA ELIMINAR LOS DOLORES DE ESPALDA Y COLUMNA

El doctor Knapp abrió ayer el curso que ofrecerá esta semana en Burela para eliminar los dolores de espalda y de columna. Las plazas son limitadas, 50, y están ya cubiertas; incluso hay lista de espera, pues el anuncio de este curso tuvo unagran demanda, tal como explicaban ayer a mediodía desde el Concello de Burela. De existir vacantes, se llamará a quienes están en lista de espera por riguroso orden de inscripción. El método consiste en ejercicios que anulan el dolor.


El curso inaugurado ayer tiene una gran demanda con lista de espera
EL DOCTOR KNAPP AYUDA EN BURELA A MEJORAR LA COLUMNA

E. MONTENEGRO
redac.viveiro@lavoz.es



El doctor Knapp abrió ayer el curso que ofrecerá estes días en Burela para corregir posturas y mejorar la columna; es la "Escuela de Columna"". Hay una enorme demanda con listas de espera para asistir a este curso con plazas limitadas (50) y ya cubiertas. Se vio con claridad en el salón de plenos del Concello que ayer por la mañana, en la presentación de este curso, estaba repleto. Ante la demanda se crearon cinco grupos. Desde el Concello de Burela informan que las personas que estén en lista de espera, serán llamadas -en caso de que haya ausencias o vacantes- por riguroso orden de llegada.

El doctor Knapp desarrolló técnicas que aumentaron la eficacia de algunos tratamientos ya empeados con éxito por escuelas alemanas para mejorar la columna. Los ejercicios que propone el doctor Knapp sirven para completar la tarea de eliminar el dolor de columna a base de "diagnósticos precisos y la combinación de tratamientos médicos y fisioterapéuticos personalizados". Se pueden resolver, explicaron, hernias de disco, lumbalgias, ciática, fibromialgias y el síndrome de dolor de espalda. Una monitora atenderá al detalle el trabajo de cada persona apundada al curso, recibiendo así cada cual una atención personaliza.

En este momento solo A Coruña y Santiago ofrecen este programa de carácter terapéutico y preventivo que tiene como fin tonificar la musculatura de la espalada para eliminar el dolor también de la columna vertebral. Pues éxito y a trabajar.



















O DOUTOR KNAPP PRESENTOU EN BURELA A ESCOLA DE COLUMNA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA Este martes 11 de febreiro comeza a súa andaina na Aula de Familia da Casa da Cultura a Escola de Columna que foi presentada este luns pola concelleira de Sanidade e Servizos Sociais, Diana Durán, polo alcalde, José Mª González Barcia, e polo Doutor Knapp, que hai anos desenvolveu técnicas que aumentaron a eficacia dalgúns tratamentos para as dores de costas, xa empregados con éxito en Alemaña.

En total son 50 as persoas que se beneficiarán desta Escola de Columna repartidas en cinco grupos. As clases mañá serán de 8:15 a 9:15 horas, de 9:15 a 10:15 horas e de 10:15 a 11:15 horas. Xa o mércores terán lugar de 19 a 20 horas e de 20 a 21 horas.

O Salón de Plenos da Casa do Concello enchéuse de xente para escoitar ao Doutor Knapp. Persoal do seu equipo viaxará máis adiante a Burela para realizar un seguimento dos cursos que se impartirán. Diana Durán lembra que “con esta nova iniciativa social igualámonos a dúas grandes cidades galegas, A Coruña e Santiago, que tamén ofrecen este programa de carácter terapéutico e preventivo e no que se educa para tonificar a musculatura das costas. Trátase dunha selección moi especial de execicios que procuran rehabilitar as estruturas que máis sufriron a falta de movemento”.

A presentación e charla da mañá deste luns foi un éxito, segundo a concelleira de Sanidade e Servizos Sociais.

viernes, 7 de febrero de 2014

O DR. KNAPP SERÁ O ENCARGADO DE INAUGURAR A ESCOLA DE COLUMNA DE BURELA

O vindeiro luns, 10 de febreiro, ás 13 horas terá lugar a inauguración da escola de columna de Burela. O acto contará cun invitado de honra, o propio Dr.Knapp, segundo informa a Concellería de Servizos Sociais. No salón de plenos do Concello será onde se desenvolverá a reunión informativa para aquelas persoas que desexen participar na Escola de Columna de Burela. 
 
Diana Durán explica que “debido ao gran número de persoas interesadas en participar na escola de columna, a Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade incrementa a oferta, pasando de 3 a 5 grupos de 10 persoas cada un, co cal serán un total de 50 persoas as que se verán beneficiadas por este novo programa. As persoas que figuran en lista de agarda serán chamadas seguindo a rigorosa orde de chegada”. 

A edil popular lembrou que “os requisitos para poder participar na Escola de Columna de Burela son: estar empadroados/as en Burela, non presentar contraindicacións e ser maiores de 18 anos e sen límite de idade”. Finalmente, as clases impartiranse os martes de 8:15 a 9:15 horas, de 9:15 a 10:15 horas e de 10:15 a 11:15 horas e os mércores de 19 a 20 horas e de 20 a 21 horas, na Aula de Familia da Casa de Cultura. Ditas clases comezarán o martes 11 ou mércores 12, dependendo da quenda que elixa cada persoa.

Durán sinala que “hai anos que o Dr. Knapp desenvolveu técnicas que aumentaron a eficacia de algúns tratamentos xa empregados con éxito por escolas alemás. Os exercicios da Escola de Columna completaron a difícil tarefa de eliminar a dor nas costas dolorosas. Co conxunto do método Knapp obtéñense hoxe os resultados tan positivos no tratamento – non cirúrxico – das dores de costas. Diagnósticos precisos e a combinación de tratamentos médicos e fisioterapéuticos personalizados, resolven hernias de disco, lumbalxias, canal raquídeo estreito, ciáticas, fibromialxias e o síndrome das costas dolorosas”.

A concelleira de Servizos Sociais e Sanidade indica que “na nosa Escola de Columna os grupos de rehabilitación serán reducidos cun máximo de 10 persoas en cada un e unha monitora especialmente adestrada atenderá ao detalle o traballo de cada persoa. Con esta nova iniciativa social igualámonos a dúas das grandes cidades galegas, pois soamente A Coruña e Santiago de Compostela ofrecen este programa de carácter terapéutico e preventivo e no que se educa para tonificar a musculatura das costas, co fin de conseguir unhas costas e columna vertebral sen dor, fortes e preparadas para as necesidades da vida diaria mediante sesións de exercicios físicos específicos”.

Diana Durán engade que “con iniciativas deste tipo, unha vez máis, o equipo de goberno burelés amosa que unha das súas apostas mais fortes é o benestar dos veciños e veciñas e segue a cumprir co seu compromiso social, polo que dende o Concello de Burela, a través da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade queremos ofrecer este novo servizo baseado no método do Dr. Knapp, a Escola de Columna, consistente na selección moi especial de exercicios que procuran rehabilitar as estruturas que mais sufriron a falta de movemento. Trátase de devolver o mais rapidamente posible a forza ás estruturas que perderon a capacidade de garantir a mobilidade intervertebral”.

NOVA DATA PARA A CHARLA INFORMATIVA DE ALZHEIMER!!


jueves, 6 de febrero de 2014

PROGRAMA AXILMENTE, UN OBRADOIRO DE XIMNASIA MENTAL PARA AS PERSOAS MAIORES DE BURELA

A casa da terceira idade de Burela acollerá o programa denominado Axilmente, que é un obradoiro de ximnasia mental para que as persoas maiores de 65 anos melloren a súa calidade de vida. Esta actividade, que é gratuíta, empezará o día 18 deste mes e rematará o 15 de maio. Desenvolverase os martes e xoves de 17 a 18:30 horas e o prazo de inscrición remata o vindeiro 14 de febreiro. 
 
A concelleira de Servizos Sociais e Sanidade, Diana Durán García, explicou que é “un obradoiro de promoción da autonomía persoal, de carácter gratuíto, baseado na estimulación cognitiva e na prevención da dependencia, no que se pretenden traballar as variables que determinan o envellecemento exitoso, de forma que incidindo nelas, as persoas maiores adquiran as ferramentas necesarias para mellorar a súa calidade de vida, ser autónomas nas actividades diarias e incorporar unha serie de hábitos de autocoidado, tanto no ámbito sanitario como no cognitivo”.

Diana Durán engadiu que “este obradoiro de ximnasia mental busca o tratamento da persoa maior como un todo no que se traballan as distintas áreas que son necesarias para manterse autónomo/a o maior tempo posible e diminuír os factores de risco de padecer certas enfermidades, sobre todo, o alzheimer o outras doenzas neurodexenerativas”. 

A edil rematou comentando que “a intervención con maiores convértese non só nun obxectivo social, senón nunha inversión de futuro. O fin último é previr a dependencia e afrontar o envellecemento dende unha actitude positiva e aberta”.

A inscrición para participar debe realizarse na Casa do Concello desde xa e ata o vindeiro 14 de febreiro en horario de 8:00 a 15:00 horas e os interesados teñen que presentar o DNI. Tamén poden facer consultas sobre esta iniciativa chamando ao teléfono 982 58 06 09.

martes, 4 de febrero de 2014

POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA AXILMENTE



A  CONCELLARIA DE SERVIZOS SOCIAIS, MULLER, IGUALDADE E SANIDADE DO CONCELLO DE BURELA,

INFORMA QUE:

           
Dende o día 4 de febreiro e ata o 14 de febreiro de 2014 (ambos os dous incluídos), as persoas maiores de 65 anos residentes no Concello de Burela, con preferencia os/as empadroados/as, poderán inscribirse no PROGRAMA “AXILMENTE”, que terá lugar os MARTES e XOVES de 17 A 18:30 horas na CASA DA TERCEIRA IDADE DE BURELA, dando comezo o martes 18 de febreiro, ata o 15 de maio.

Trátase dun obradoiro de promoción da autonomía persoal, de carácter gratuíto, baseado na estimulación cognitiva e na prevención da dependencia, no que se pretenden traballar as variables que determinan o envellecemento exitoso, de forma que incidindo nelas, as persoas maiores adquiran as ferramentas necesarias para mellorar a súa calidade de vida, ser autónomas nas actividades da vida diaria e incorporar unha serie de hábitos de autocoidado, tanto no ámbito sanitario como no cognitivo.

Este obradoiro, de ximnasia mental, busca o tratamento da persoa maior como un todo no que se traballan as distintas áreas que son necesarias para manterse autónomo/a o maior tempo posible e diminuír os factores de risco de padecer certas enfermidades, sobre todo, o alzheimer o outras enfermidades neurodexenerativas.

A intervención con maiores convértese non só nun obxectivo social, senón nunha inversión de futuro. O fin último é previr a dependencia e afrontar o envellecemento dende unha actitude positiva e aberta.

A inscrición será na Casa do Concello, en horario de 8:00 a 15:00 horas (presentar DNI).

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto, no mencionado horario, chamando ao teléfono 982 58 06 09, ou ben persoalmente.


-GRAZAS POLA SÚA DIFUSIÓN-

Diana Durán García
Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade

AVISO URXENTE!!!

SUSPENDIDA

A

 CHARLA FORMATIVA SOBRE O ALZHEIMER


Con motivo das adversas condicións climatolóxicas que se pronostican para a tarde do día de hoxe, 4 de febreiro de 2014, lamentamos comunicarlles que a Charla Formativa sobre o Alzheimer que estaba previsto celebrar hoxe, queda suspendida ata novo aviso.


-Desculpen as molestias-


Atentamente,

Diana Durán García
Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade

lunes, 3 de febrero de 2014

A CASA DO CONCELLO DE BURELA ACOLLERÁ UNHA CHARLA SOBRE O ALZHEIMER O VINDEIRO MARTES

O Concello de Burela organiza unha charla sobre a enfermidade de Alzheimer e como detectala, que terá lugar no salón de plenos da Casa do Concello o vindeiro martes, 4 de febreiro, ás 17:30 horas. 
 
A concelleira Diana Durán anunciou que “a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (FAGAL), en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, trae a Burela o Programa Red Paraguas Alzheimer, que achega a problemática desta enfermidade ás comarcas rurais”. 

A edil de Servizos Sociais e Sanidade explicou que “a charla correrá a cargo de profesionais das asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer e é totalmente gratuíta. O obxectivo é chegar á maior cantidade de persoas posible, especialmente aquelas que sofren os efectos dun familiar cunha demencia”.