lunes, 30 de abril de 2012

DENDE O PP DE BURELA DEFENDEMOS A NOSA XESTIÓN PARA REDUCIR A DEUDA


 


Dende o Goberno de Burela defendemos a nosa xestión para reducir a deuda. Calificamos o noso traballo de «serio e riguroso» e recordamos que nos 10 meses que levamos gobernando a deuda viuse reducida a proveedores de case 2 millóns a 1.320.000 euros.


«Non admitimos nin suxerencias nin críticas sobre cuestións de aforro e de control do gasto por parte de persoas que nun ano gastaron 350.000 euros no capítulo de gastos diversos sin ningún tipo de control».

E por iso mesmo, acusamos á edila nacionalista Neves Cando de non explicar públicamente no seu momento por que decidiu retirar as axudas de 40 euros de comezo de curso ou das asociacións culturais: «O actual equipo de goberno deu a coñecer os motivos, que non son outros que a falta de cartos. A señora do grupo mixto é corresponsable de inflar en 800.000 euros os presupostos do 2011».