miércoles, 27 de noviembre de 2013

BURELA CELEBRA MAÑÁ O DÍA MUNDIAL DA SIDA





 
DÍA MUNDIAL DA SIDA

MESA INFORMATIVA E 

PREMIOS DO XII CERTAME DE DEBUXO E PINTURA




O próximo xoves 28 de novembro instalarase nas inmediacións do Centro de Saúde unha mesa informativa para conmemorar que o día 1 de decembro, domingo, se celebra o Día Mundial da SIDA, unha xornada na que se recorda como previr a enfermidade e se mostra o apoio a aquelas persoas que xa a contraeron.

O mesmo xoves farase a entrega de premios do XII Certame de Carteis do Día Mundial da SIDA do Concello de Burela, que este ano recaeron en: Antía Baño Rodríguez e Saray Rozas Regal, na categoría escolar; e nas Asociacións A Mariña e na Fundación Eu Son de Burela en Categoría Especial.

Procederase así mesmo, á pegada dos carteis conmemorativos cos traballos das persoas e entidades premiadas. Os actos principias terán lugar ás 11.30h, aínda que a mesa informativa estará ao longo de toda a mañá.

O principal obxectivo desta campaña é a sensibilización da sociedade e o recordo de que a SIDA existe e está nas mans de todas e todos tomar medidas de prevención para poder freala.

Informaremos a todos aquelas persoas que estean interesadas e repartiranse folletos informativos, preservativos, lazos e calendarios de peto co lema “Previr a SIDA día a día”.



Diana Durán García,
Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade

SERVIZOS SOCIAIS E POLICÍA LOCAL AUNAN ESFORZOS PARA TRABALLAR COAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO E DOMÉSTICA

No día de onte, a Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, Diana Durán, participou acompañada dun membro da Policía Local de Burela, na xornada de "FORMACIÓN E ACTUALIZACIÓN SOBRE O SISTEMA DE SEGUIMENTO INTEGRAL DOS CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO", celebrada en Lugo e onde se reuniron distintas persoas usuarias das Forzas e Corpos de Seguridade, de Institucións Penitenciarias e do persoal da Administración de Xustiza relacionada coa Violencia de Xénero.

A ponencia foi a cargo de D. Miguel Izquierdo Colmenero, Xefe de Proxectos Informáticos do Gabinete de Estudos de Seguridade Interior da Secretaría de Estado de Seguridade, encargado da presentación e manexo da ferramenta informática á que se vai ter acceso en breves dende o Concello de Burela, entre outros, para manexo do responsable da Policía Local, en materia de violencia de xénero.

Esta actividade de formación está directamente relacionada coa adhesión por parte do Concello de Burela ao Protocolo de colaboración e coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os Corpos de Policía Local para a Protección das Vítimas de Violencia Doméstica e de Xénero, atendendo así á proposta realizada dende a Subdelegación do Goberno en Lugo e converténdose nun dos primeiros concellos da comarca na súa implantación.

A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, sinala que “a Administración Local como a instancia máis próxima ao cidadán, configúrase coma un espazo privilexiado para a intervención coas vítimas de violencia de xénero do termo municipal, de aí a importancia de contar con esta nova ferramenta de traballo".


O equipo de goberno entende que “a adhesión feita no seu momento ao referido protocolo por parte do Concello de Burela é moi positiva tanto para as vítimas de violencia de xénero xa que incrementa a súa percepción de seguridade, como tamén polo feito de que as autoridades locais, os distintos partidos políticos e a sociedade en xeral, se impliquen en combater a inaceptable situación de permanente inseguridade que sofren moitas mulleres”. 


Diana Durán, responsable dos Servizos Sociais en Burela sinala que “a colaboración entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os Corpos de Policía Local nesta materia guíase, en todo caso, polos seguintes criterios:

1.Proporcionar ás vítimas unha resposta policial da maior rapidez e eficacia nas situacións de risco.

2.Proporcionar unha resposta policial da máxima sensibilidade, calidade e eficiencia na atención e protección ás vítimas e evitar ás actuacións que supoñen un incremento da vitimización, especialmente a duplicidade de intervencións.

3.Proporcionar á vítima información clara e accesible sobre os dereitos recoñecidos na Lei Orgánica 1/2004 e dos recursos existentes para a efectividade de tales dereitos no ámbito territorial correspondente.

4.Facilitar a transmisión entre as Forzas e Corpos de Seguridade e os órganos xudiciais de toda a información relevante para a protección da vítima”.

Desde o equipo de goberno cren firmemente que esta iniciativa “é necesaria no noso termo municipal para dar a máxima cobertura ás vítimas de violencia doméstica e de xénero”.
FOTO: D. Miguel Izquierdo Colmenero (Xefe de Proxectos Informáticos do Gabintete de Estudios de Seguridade Interior da Secretaría de Estado de Seguridade); D. Ramón Carballo (Subdelegado do Goberno en Lugo: Dona Ana Belén Pacio (Xefa da Unidade Contra a Violencia De Xénero na Subdelegación de Goberno en Lugo).

"COA VIOLENCIA, CERO PACIENCIA" É O LEMA GAÑADOR DO III CONCURSO DE LEMAS

251113 Foto acto Concello Burela (25N)

O salón de plenos Concello acolleu na tarde do luns 25 de Novembro os actos institucionais para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres que estiveron presididos polo alcalde, José Mª González Barcia, e pola concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, Diana Durán.


A avogada do CIM, Rocío Valle Fraga, foi a encargada de achegar ás asistentes aos recursos locais de apoio á muller e contra a violencia de xénero. Segundo explicou Diana Durán “moitas veces coñécense recursos autonómicos e estatais e descoñécense os que están preto de nós, os que nos abren as portas cando necesitamos axuda, que son os recursos da administración local. De aí que entendemos que é sumamente importante promocionar unha vez máis o Centro de Información ás Mulleres e saber cal é o seu cometido e cómo nos pode axudar”. 

A continuación, tivo lugar a entrega dos premios ás persoas gañadoras do VII Concurso de Microrrelatos e do III Concurso de Lemas. Amara Chao Durán foi a gañadora do concurso de microrrelatos na 1ª categoría, é dicir, a de mozos e mozas de ata 18 anos e Lucía Díaz Pardiñas foi a gañadora na 2ª categoría, a de maiores de 18 anos. Os encargados de entregar os premios foron respectivamente o rexedor e a Concelleira de Xuventude. O lema gañador da edición deste 2013 foi Coa violencia, cero paciencia de Cristina Isabel García Pena. Neste caso o premio foille entregado por Mary Fraga, presidenta de Mulleres en Igualdade de Burela.

O alcalde, José Mª González Barcia, foi o encargado de dar lectura ao manifesto contra a violencia machista: 

“Outro ano máis xuntámonos hoxe, 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, para amosar a nosa máis sincera repulsa contra calquer xeito de sometimento da muller, tanto sexa psicolóxico como físico, tanto sexa na nosa vila como en calquera outro lugar do mundo.
Non debemos, non podemos e non queremos empregar como válida a fórmula de que a violencia é tan antiga coma o ser humano.

Non debemos, non podemos e non queremos aceptar que a violencia contra as mulleres é un problema privado, que non debe sair de entre as paredes do fogar familiar.

Non debemos, non podemos e non queremos conformarnos cunha sociedade patriarcal e machista que exerce a súa forza contra a muller en vez de buscar o equilibrio da igualdade e a complementariedade do home e da muller.
Por iso hoxe, día en que se fai unha especial lembranza deste problema, temos que reflexionar sobre as causas e as consecuencias destra gran lacra social, ante a que nos sentimos impotentes e ante a que non reaccionamos con suficiente contundencia porque seguimos a pensar que é un problema alleo a nós. 

Pois NON, é unha problemática social e polo tanto de todas e todos e aínda que non sexa doado, cada pasiño que deamos contra a violencia de xénero, por moi insignificante que nos pareza, é un máis dos tantos que ata agora se foron dando e que permiten ás mulleres ter dereitos noutros tempos impensables, como pode ser o dereito ao voto, a ter unha conta de aforros ao seu nome…

Un ano máis, esta data recórdanos o que queda por facer: seguir traballando e aunar forzas, tanto nós como administración local como vós como cidadanía, para denunciar e combater dende todos os eidos posibles a violencia contra as mulleres, e como non, calquera outro tipo de violencia, sexa a que sexa e veña de onde veña.
Unha clara imaxe de que debemos de facer que todos os días do ano leven un anaco de 25 de Novembro é o dato que ven de publicar a Secretaria Xeral da Igualdade: no primeiro semestre de 2013 en Galicia presentáronse 2.552 denuncias por malos tratos e, no que vai de ano, os xulgados galegos comunicaron un total de 884 medidas de protección, entre medidas cautelares, ordes de protección e ordes de alonxamento. 

Os cambios e avances no tratamento legal da violencia de xénero, os recursos creados para atender as mulleres vítimas desta violencia, as campañas de sensibilización e os pasos que se deron para avanzar na consolidación dos dereitos das mulleres son necesarios para loitar contra este fenómeno. Temos que construír, no día a día e entre todas e todos, unha sociedade igualitaria onde o centro sexan as persoas, sen distinción de sexo.
Todas e todos podemos facer algo contra a violencia que sofren as mulleres. Por iso digamos ben alto, unha e mil veces, NINGUNHA MAÍS!”.

Ao remate do acto a concelleira de Igualdade e Muller agradeceu a todas as entidades que participaron nas distintas actividades organizadas para conmemorar este día e dixo que “mentras siga existindo un só caso de violencia de xénero non viviremos nin disfrutaremos dunha sociedade que poida vivir libre e en igualdade. Recordemos, pois, o lema gañador deste ano Coa violencia, cero paciencia, para que ningunha muller máis sexa vítima desta lacra”.

MUJERES EN IGUALDAD DE BURELA, COLABOROU NO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


bumei-25N 

Mujeres en Igualdad Burela participou nos actos organizados polo Concello de Burela cunha mesa informativa situada na porta principal da Casa do Concello repartindo lazos morados, chapas conmemorativas e catálogos de prevención de violencia de xénero, así coma información sobre cando denunciar e ante que organismos. 

Así mesmo, participaron novamente nos actos organizados pola Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade que dirixe Diana Durán e que, entre outros, incluía unha conferencia impartida por unha técnico do CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES baixo o título “MULLER, QUE É O CIM?”. 

A presidenta do colectivo, Mary Fraga, fai especial fincapé na prevención e o asesoramento por parte de nais, pais, titores/as, profesores/as, etc. de cara á educación das nenas e nenos dende idades moi temperás para previr condutas violentas que se poidan desenvolver no futuro.

viernes, 15 de noviembre de 2013

A CONCELLERÍA DE MULLER E IGUALDADE DE BURELA INFORMA SOBRE A PROGRAMACIÓN DOS ACTOS CONMEMORATIVOS DO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER



PROGRAMACIÓN ACTOS 25-NOVEMBRO
“DIA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN
DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER”

Luns, 25 de Novembro de 2013


ACTOS AO LONGO DO MES DE NOVEMBRO:

-        Convocatoria do VII CONCURSO DE MICRORRELATOS: “25 de Novembro: Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”.

-    Convocatoria do III CONCURSO DE LEMAS: “25 de Novembro: Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”.

-          Colgado na fachada do Concello da Pancarta  conmemorativa do 25 de Novembro.

-          Publicación dos relatos gañadores do VI Concurso de Microrrelatos.

-          Reparto de pegatinas polos comercios do pobo, co obxectivo de que sexan colocadas en sitios visibles, probadores, baños, etc. e deste xeito achegar, ainda un pouco máis, información importante aos nosos veciños e veciñas.


ACTO DO MES DE DECEMBRO:

-     Contacontos contra a violencia de xénero “Contamos coa Igualdade” que terá lugar o domíngo 8 de decembro ás 17:30 h. nos baixos do Local de Asociacións (antiga Praza de Abastos)

-        Espectáculo teatral  “I´ll be watching you”, promovido pola Secretaria Xeral de Igualdade. Esta actividade está especialmente orientada ao alumnado de 3º e 4º de ESO  e terá lugar o 16 de decembro.


ACTO INSTITUCIONAL PARA CONMEMORAR DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES – LUNS 25 DE NOVEMBRO DE 2013:

-          Ao longo de toda a mañá:
*  distribución de lazos de cor morada.
*  distribución da publicación feita a partir dos microrrelatos gañadores do  ano 2012.
*  Colocación na entrada do Concello dun LIBRO DE FIRMAS onde aquelas persoas que o desexen poidan deixar a súa opinión sobre esta lacra social.
*  mesa informativa promovida pola asociación Mujeres en Igualdad de Burela.
*  “ZUMBA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”, coa colaboración de Activity Center, na Praza doConcello, de 12:30 a 13:30.

-          19:00  Xornada Informativa sobre os recursos locais de apoio á muller e contra a violencia de xénero a cargo do personal do CIM, no Salón de Plenos da Casa do Concello e que leva por título “Muller,  qué é o CIM?”.
-          19:30 Entrega de Premios do VII Concurso de Microrrelatos e do III Concurso de Lemas.
-          19:45    Lectura do manifesto polo Sr. Alcalde do Concello de Burela.

A CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS E SANIDADE INFORMA SOBRE AS BASES DO XII CERTAME DE DEBUXO-PINTURA CON MOTIVO DE CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA SIDA



XII CERTAME DE DEBUXO-PINTURA DÍA MUNDIAL DA SIDA

O obxectivo primordial deste certame é o de concienciar á poboación en xeral e, especialmente, á xente máis nova sobre o VIH-SIDA, a PREVENCIÓN deste e a solidariedade coas persoas enfermas, co motivo do DÍA MUNDIAL DA SIDA.

BASES:

  1. Poderán participar rapaces/zas dende os 12 aos 20 anos, do Concello de Burela.
     Haberá 2 categorías: 12-15 e 16-20 anos.
     Categoría especial para membros de Asociación A Mariña e de Eu Son.

  1. Técnica de debuxo libre (con cores fortes e perfiles ben delimitados).

  1. Medida: Folio DIN A4, debuxo en posición vertical.

  1. Haberá un premio para cada categoría:
Publicación do debuxo seleccionado conmemorando o DÍA MUNDIAL DA SIDA.
Agasallo valorado en 50 euros para cada unha das categorías.

  1. Os orixinais deberán enviarse sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos datos persoais d@ autor@.

  1. Os traballos poderán presentarse ou dirixirse á Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela (Rúa Laxelas, s/n, 27880-Burela ) ou nos Centros de Educación Secundaria da localidade.

  1. O prazo de recepción de orixinais na UAD finaliza o luns 25 de novembro de 2013.

  1. A organización reservarase o dereito de face-las modificacións oportunas que poidan contribuir ó mellor desenvolvemento do Certame.

  1. A organización reservarase o dereito a quedarse cos traballos presentados e de publica-los orixinais si fora o caso.

  1. A participación neste certame supón a aceptación das presentes bases, das decisións do xurado e á renuncia a calquera reclamación.



Burela, 13 de novembro de 2013

Concellería de Servicios Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade

Diana Durán García

A CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE DO CONCELLO DE BURELA PARTICIPOU NA ASAMBLEA DO FONDO GALEGO EN COMPOSTELA



Diana Durán García, Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade do Concello de Burela, participou onte, xoves 14 de novembro, en Santiago de Compostela na Asemblea Xeral do FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE, entidade da que é socio o Concello de Burela. Na xuntanza, que deu comezo ás 12.30 horas na sede da FEGAMP, decidíronse os proxectos que se cofinanciarán durante os próximos meses en países do Sur e presentouse o novo Plan de Comunicación Online do Fondo Galego.
 
Quince ONGD galegas presentaron á convocatoria aberta este ano un total de 17 proxectos de cooperación ao desenvolvemento nunha decena de países, en sectores que van desde a sanidade e a educación ata o fortalecemento da sociedade civil ou a protección do medio ambiente. Unha vez baremadas as propostas pola  Secretaría do Fondo Galego, a Comisión Avaliadora, integrada por persoal de distintas administracións socias, trasladou o seu ditame á Comisión Executiva, que formulou a proposta que resolveu onte a Asemblea, que por unanimidade acordou financiar os seguintes proxectos:

1. MELLORA NAS CONDICIÓNS EDUCATIVAS DA ESCOLA E CENTRO INFANTIL HITAKULA DAS MAHOTAS (MOZAMBIQUE).
2. PREVENCIÓN E REDUCIÓN DA VULNERABILIDADE DE RISCO DE INUNDACIÓNS NAS COMUNIDADES E CENTROS ESCOLARES DOS MUNICIPIOS DE TECOLUTA E ZACATELOCUTA (EL SALVADOR) A TRAVÉS DA MITIGACIÓN E EDUCACIÓN AMBIENTAL.
3. MELLORA DAS CAPACIDADES PARA A PREVENCIÓN DE DESASTRES DA POBOACIÓN DE HABANA VIEJA, RECUPERANDO O PATRIMONIO CULTURAL DO MUNICIPIO EN CIDADE DA HABANA (CUBA).

Tamén se estudiou a maneira de colaborar con FILIPINAS, acordando unha doazón de 10.000 € dos concellos e das diputacións, a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e por outra banda, abrir unha conta de emerxencia para que poidan participar todos os cidadáns que así o desexen e axudar a Filipinas nestes momentos tan difíciles.

Na xuntanza expúxose, asemade, un avance do Plan de Comunicación Online, ao que cada deputación e concello socio pode contribuír e, á vez, tirar rendemento, aproveitando o valor agregado que supón formar parte desta rede de institucións e persoas. O documento parte da base de que tamén cooperamos cando comunicamos, por exemplo visibilizando as motivacións e resultados dos proxectos no Sur ou das actividades de sensibilización en Galicia. As novas tecnoloxías e as redes sociais permiten redimensionar o alcance desta difusión e pór en marcha  boas prácticas ao respecto.

Nesta Asemblea xeral tamén se presentou o estado da asociación municipalista e as accións previstas no marco da Irmandade Galicia-Cabo Verde, que se desenvolverá entre o 8 e o 15 de decembro coa visita dunha delegación caboverdiana (delegación que visitará Burela) e as VIII Xornadas do Fondo Galego ‘Comunicación e cooperación internacional’, coincidindo co Día dos Dereitos Humanos.

O Fondo Galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 90 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido 142 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.



lunes, 4 de noviembre de 2013

APOIANDO E TRABALLANDO POLOS VECIÑOS E VECIÑAS DE BURELA


Aurora Rey, en Burela. Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZ


03/11/2013 - El Progreso (Burela)

Una vecina de Burela, de 50 años de edad, denuncia que ha visto denegada la prestación que recibía por una baja al retrasarse un día a la cita el 9 de octubre que tenía en la mutua que tiene asignada su empresa. Un retraso que la afectada, Aurora Rey, asegura que se debió a la fuerte medicación que recibe para tratarse de la depresión que padece, «y que me hace olvidarme de muchas cosas», afirma.
«Además -prosigue- la noche anterior a la que debía pasar reconocimiento tuve que ir a urgencias por un fuerte dolor en un pie, como consecuencia de las lesiones que me quedaron de un accidente de tráfico».

Con todo ello, elaboró un recurso para intentar que la mutua parara la anulación del subsidio de incapacidad temporal que percibía. Rey considera una "injusticia" lo que le ocurre, ya que la mutua le denegó el recurso, al considerar que del informe no se desprende ningún tipo de patología que le impidiera la comparecencia el día que tenía señalado.

A partir de esa fecha, el 25 del pasado mes, la vida de Aurora cambió por completo, asegura, pues "tuve que pedir el alta voluntaria a pesar de saber que no estoy al cien por ciento para desempeñar mi trabajo, porque el subsidio es el único ingreso que percibo", un alta que teme que le repercuta en la evolución del tratamiento que estaba siguiendo, "que, como ocurre en la mayoría de los procesos psicológicos, tardan un tiempo en hacer efecto y parece que, en mi caso, estaba empezando a conseguirlo, aunque es verdad que la mejoría es poca y se tarda mucho en notar", advierte.

TRÁMITES. De hecho, en la nueva alegación que va a elevar a la empresa, ya por mediación de sua bogado, incluirá un informe psicológico que incide en los mismos motivos del que presentó a finales de agosto, cuando inició la baja por depresión, "que a mi me constan como si fuera enfermedad común", con el que confía en que se reconozca su incapacidad para desarrollar de forma competente su trabajo.

No tiene claro lo que pasará, pero está satisfecha de haber dado el paso de denunciarlo públicamente "porque sé que hay más gente en el mismo caso" y no se olvida de la gente que le está ayundando, "como la concejala de servicios sociales de Burela, que se portó de maravilla", dice.



ABERTO EN BURELA O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA "XUNTOS POLO NADAL" DA XUNTA DE GALICIA

As persoas interesadas en participar no programa Xuntos polo Nadal, que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, poden inscribirse ata o vindeiro 25 de novembro no departamento de Servizos Sociais do Concello de Burela en horario de 8 a 15 horas, de luns a venres. 
 
A concelleira Diana Durán lembrou que “este programa quere que as persoas maiores residentes en Galicia e que polo Nadal se atopen soas, pasen esas datas acompañadas. A oferta consiste nunha estancia desde o 23 de decembro ata o 1 de xaneiro na residencia de tempo libre de Panxón (Nigrán)”. 

A edil popular engade que “o programa está dirixido ás persoas maiores de 65 anos e os requisitos que deben cumprir é valerse por si mesmas, non sufrir ningunha enfermidade infectocontaxiosa ou trastornos mentais ou conductuais, ter un nivel de ingresos económicos baixos e estar soas no Nadal”.
Durán subliña que “como novidade este ano os participantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 euros) asistirán de forma gratuíta e os que superen dito importe contribuirán ao pagamento da estadía cunha achega de 50 euros”.