martes, 19 de marzo de 2013

OS NENOS E AS NENAS DE BURELA DISFRUTARÁN DUN CICLO DE CINE INFANTIL DURANTE A SEMANA SANTA CHAMADO "EDUCANDO EN VALORES"



O Programa de Atención ao Inmigrante e o Programa de Educación Familiar da Delegación de Igualdade do Concello de Burela en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade realizará unha actividade dirixida ao público infantil durante a vindeira Semana Santa.

A concelleira Diana Durán indicou que “aproveitando as vacacións escolares de Semana Santa, os días 25, 26 e 27 de marzo e tamén o 1 de abril vaise proxectar na Casa da Cultura un ciclo de cine infantil titulado Educando en Valores, posto que consideramos que é fundamental que as nenas e nenos perciban as interrelacións que hai entre as diferentes partes do mundo. A educación para o desenvolvemento é un proceso que fomenta actitudes e valores como a solidariedade mundial, a paz, a tolerancia, a xustiza social e a defensa do medio ambiente. Ademais, trátase de dotar ás nenas e nenos dos coñecementos que lles permitan promover eses valores e xerar cambios nas propias vidas e no seu entorno”.

Por todo isto, os días sinalados a partires das 17:30 horas vanse proxectar na Casa da Cultura as seguintes películas, “coas que pretendemos traballar os valores en idades temperás”, engadiu a edil popular. 

O luns, 25 de marzo, os nenos e nenas poderán ver Azur e Asmar. O 26 de marzo a película que se proxectará será Kirikú e as bestas salvaxes. O 27 de marzo, mércores, será o momento de disfrutar con James e o melocotón xigante e o 1 de abril proxectarase Happy Feet.

A MESA DE COORDINACIÓN POLICIAL EN BURELA INICIA O TRABALLO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

IMG_5553O pasado venres, 15 de marzo, comezou a traballar, tras a súa constitución, a Mesa de Coordinación Policial para o establecemento das bases de colaboración entre a Policía Local, a Garda Civil e o Concello de Burela, no tocante ao seguimento dos casos de vítimas de violencia de xénero. Ao encontro asistiron representantes da Garda Civil e da Policía Local, a xefa da unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno en Lugo, a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, a avogada do Centro de Información ás Mulleres e tamén o alcalde, José Mª González Barcia.