martes, 30 de septiembre de 2014

SERVIZOS SOCIAIS BURELA COA ASOCIACIÓN PEL DE BOLBORETA DE BURELA

A primera edición da carreira solidaria «Alas de Vida» resultou ser un éxito total. A participación foi moi boa durante a xornada do sábado «Prueba Open», co turno para os/as máis xoves pola mañá e a carreira popular pola tarde. Na mañá do domingo, coa media maratón de montaña «Prueba Gold» superáronse todas as expectativas e centos de persoas agolpáronse ás once da mañá na salida, na Praza de A Mariña de Burela.

A comarca demostrou que está disposta a sudar por unha boa causa. Todos os beneficios obtidos neste certame son destinados á Asociación DEBRA, que loita contra a enfermidade cutánea conocida como «piel de mariposa» ou epidermolisis bullosa

Esta cita foi organizada pola Asociación DEBRA e polo Concello de Burela e, ao igual que coas persoas deportistas, a respuesta dos colaboradores e colaboradoras foi extraordinaria.

A CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS, MULLER, IGUALDADE E SANIDADE DE BURELA FELICITA ÁS PERSOAS ORGANIZADORAS E Á XENTE PARTICIPANTE POLO TRABALLO REALIZADO E POLA SOLIDARIEDADE DEMOSTRADA!!

TODOS E TODAS CON "PEL DE BOLBORETA" (DEBRA)!!
 


O CIM DE BURELA ORGANIZA UN OBRADOIRO DE RISOTERAPIA


O CONCELLO DE BURELA OFERTA UN OBRADOIRO DE RISOTERAPIA QUE COMEZARÁ O 9 DE OUTUBRO

A Concellería de Servizos Sociais de Burela organiza un ano máis, en colaboración co Centro de Información ás Mulleres (CIM), o seu obradoiro  de risoterapia. As persoas interesadas poden inscribirse na Casa do Concello en horario de 8:00 a 15:00 horas de luns a venres. O prazo para anotarse remata o 8 de outubro e as prazas están limitadas a 20 participantes. 

O curso impartirase entre o 9 de outubro e o 18 de decembro en horario de 20:00 a 22:00 horas na Aula de Familia, situada na Casa da Cultura de Burela.


A Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela, Diana Durán, afirmou que “ademais de todas as actividades programadas para colectivos específicos, como poden ser os/as nosos/as maiores, a infancia, a muller, os colectivos que promoven a saúde, etcétera, dende a Concellería de Servizos Sociais de Burela tamén queremos achegar propostas para a poboación en xeral. Por iso ofertamos actividades que mesturan o aspecto lúdico co o terapéutico”.
Durán engadiu que “neste sentido, dende o Concello estamos a organizar este obradoiro de risoterapia, que tanto éxito tivo en anteriores edicións e que terá lugar do 9 de outubro ao 18 de decembro. Facémolo coa pretensión de poder aportar aos nosos veciños e veciñas unha actividade lúdica que rompa coa rutina diaria e que axude a descargar as tensións que acumulamos.”

DIANA DURÁN VISITOU O CENTRO DE RECUPERACIÓN INTEGRAL PARA MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

A Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela, Diana Durán visitou este mércores o Centro de Recuperación Integral para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero (CRI), en Santiago de Compostela. A edil popular foi acompañada de profesionais dos Servizos Sociais Municipais, do Centro de Información ás Mulleres e da asociación Mulleres en Igualdade e indicou que “a finalidade da visita ao CRI por parte deste persoal foi establecer os protocolos de coordinación entre os distintos servizos para coñecer en cada momento cal é a función exacta de cada un deles e que papel xoga cada profesional ante unha situación de violencia de xénero en relación ao CRI, coa finalidade de evitar duplicidade de documentos, informes e intervencións que afecten á vítima de violencia de xénero de forma negativa”. Diana Durán explicou que “do que se trata é que esta coordinación quede perfectamente deseñada para simplificar os trámites que lle son requiridos á muller vítima de violencia machista, quedar rexistradas as nosas actuacións e programas no CRI dirixidas a estas mulleres con características específicas así como para poder prestar atención a outras mulleres que así o precisen, evitando desprazamentos innecesarios a este colectivo”.

A Concelleira de Muller e Igualdade agradece “ao CRI e á propia Secretaría Xeral da Igualdade esta xuntanza que redundará nunha maior calidade de atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero”. E lembra que “o CRI ten por finalidade desenvolver un modelo de atención integral para as mulleres vítimas de violencia de xénero e ás persoas delas dependentes, especialmente aos seus fillos e fillas menores”.

O CRI é un servizo adscrito á Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e realiza actuacións como: centro de referencia e coordinador da rede galega de acollemento; centro tramitador das derivacións de vítimas de violencia de xénero fóra de Galicia e receptor das que chegue á nosa comunidade derivadas desde outras partes do Estado; centro de formación na loita contra a violencia de xénero, tanto para profesionais, como para o voluntariado e a cidadanía en xeral; centro colaborador co punto de coordinación das ordes de protección de Galicia; e centro impulsor da creación de grupos de autoaxuda, intervención e coñecemento entre mulleres que teñan sufrido, vivido e superado situacións de violencia de xénero”.

jueves, 25 de septiembre de 2014

A XUNTA CONCEDE UNHA ACHEGA DE PRETO DE 169.000 € Á FUNDACIÓN EU SON PARA O CENTRO OCUPACIONAL E O TRANSPORTE

 
O Alcalde de Burela e Presidente da Fundación Eu Son para persoas con discapacidade intelectual, José Mª González Barcia, asina a quinta prórroga do contrato para a reserva de prazas no centro ocupacional na modalidade de concerto. 
Segundo explica a Concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, “esta prórroga prodúcese nas mesmas condicións que as do ano pasado. Terá unha vixencia do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2015. O número de prazas concertadas coas que contará o centro ocupacional son 24 e para o transporte 25”.


A edil popular subliña que “a achega que a Xunta lle concede á Fundación Eu Son para o centro ocupacional é de 125.202 euros e para transporte 44.700 euros. En total estamos a falar de máis de 169.000 euros. Estas importantes cifras permitirán a continuidade do servizo e da contratación do persoal que atende cunha grande profesionalidade e calidade ás persoas con discapacidade intelectual deste centro”.

SERVIZOS SOCIAIS DE BURELA OFERTA A ACTIVIDADE LÚDICA DE BAILES DE SALÓN


DO 24 DE SETEMBRO AO 2 DE OUTUBRO ESTARÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS DE BAILE DE SALÓN EN BURELA

A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade organiza un curso de bailes de salón que se desenvolverá de outubro a decembro, no edificio da Praza de Aabastos. Será os martes de 20:30 a 21:45 e o número de prazas é de 20. A inscrición estará aberta do 24 de setembro ao 2 de outubro na Casa do Concello de oito da mañá a tres da tarde.

Diana Durán explica que “desde a Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela ademais de todas as actividades programadas para colectivos específicos, como poden ser os/as nosos/as maiores, mulleres, etc, tamén queremos chegar ata a poboación en xeral ofertando actividades de tempo libre”.

A edil popular sinala que “a nosa pretensión é poder aportarlle aos nosos veciños e veciñas unha actividade lúdica que rompa coa rutina diaria. Estamos satisfeitos/as de poder ofertar esta actividade e agardamos que sexa do agrado da xente”. 

O curso de bailes de salón iniciarase o 7 de outubro.

martes, 23 de septiembre de 2014

OBRADOIRO DE XIMNASIA MENTAL EN BURELA: PROGRAMA AXILMENTE


EN MARCHA EN BURELA O PROGRAMA AXILMENTE, UN OBRADOIRO DE XIMNASIA MENTAL DIRIXIDO A MAIORES DE 65 ANOS

A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade pon en marcha o Programa AxilMente dirixido a persoas maiores de 65 anos, residentes en Burela e con preferencia para os/as empadroados/as neste concello. 
 
Diana Durán indica que “se trata dun obradoiro de promoción da autonomía persoal, de carácter gratuíto, baseado na estimulación cognitiva e na prevención da dependencia, no que se pretenden traballar as variables que determinan o envellecemento exitoso, de forma que incidindo nelas, as persoas maiores adquiran as ferramentas necesarias para mellorar a súa calidade de vida, ser autónomas nas actividades da vida diaria e incorporar unha serie de hábitos de autocoidado, tanto no ámbito sanitario como no cognitivo”. 

A edil popular engade que “este obradoiro, de ximnasia mental, busca o tratamento da persoa maior como un todo no que se traballan as distintas áreas que son necesarias para manterse autónomo/a o maior tempo posible e diminuír os factores de risco de padecer certas enfermidades, sobre todo, o alzheimer o outras enfermidades neurodexenerativas”.

A Concelleira de Servizos Sociais considera que “a intervención con maiores convértese non só nun obxectivo social, senón nunha inversión de futuro. O fin último é previr a dependencia e afrontar o envellecemento dende unha actitude positiva e aberta”.

O obradoiro, que dará comezo o 6 de outubro, desenvolverase en dúas quendas: luns e mércores, e martes e xoves, en horario de 17 a 18:30 horas na Casa da Terceira Idade de Burela. A duración será de 8 meses.
As persoas interesadas en acudir deben inscribirse no Concello do 24 de setembro ao 2 de outubro en horario de oito da mañá a tres da tarde. Para anotarse debe presentar o seu DNI.

SERVIZOS SOCIAIS BURELA CO ALZHEIMER: FOTOS DOS ACTOS DO DÍA MUNDIAL DO ALZHEIMER

O Concello acolleu os actos conmemorativos do Día Mundial Alzheimer. No salón de Plenos tivo lugar unha charla sobre esta enfermidade e as persoas coidadoras a cargo de Mª Reyes Quelle Fra, terapeuta ocupacional e maestrada en dependencia e xestión de servizos sociais.

E a continuación tivo lugar a presentación da asociación AFAN (asociación de familiares de persoas enfermas de alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas de Burela) da que xa forman parte arredor dunhas 15 familias ata o momento. O colectivo ten programadas varias actividades que darán comezo nos vindeiros días. O Alcalde, José Mª González Barcia, e a Concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, foron os encargados de darlles á benvida ás persoas asistentes. Durán amósase satisfeita da acollida que tiveron os actos de onte "porque o Salón de Plenos do Concello estivo cheo. Unhas 60 persoas acudiron a celebrar este día". Durante toda a mañá tamén houbo unha mesa informativa na praza do Concello na que estiveron membros de AFAN.

 























lunes, 22 de septiembre de 2014

jueves, 18 de septiembre de 2014

SERVIZOS SOCIAIS BURELA APOIA AS INICIATIVAS DE "KTIVOS: FORMACIÓN E OCIO"

O luns "KTIVOS: FORMACIÓN E OCIO" fixo a entrega dos cartos recadados no mercadillo solidario que realizou cos rapaces e rapazas os venres durante o verán. Entre outras, a finalidade destas actividades é inculcarlle aos nenos e nenas valores de cooperación e solidariedade. Esta é a foto do momento da entrega, en compañía das traballadoras de KTIVOS e as representantes das protectoras de Foz e Burela, a quenes foron destinados os fondos.

Moitas felicidades pola vosa labor e moito ánimo para organizar máis actividades deste tipo para que todos e todas podamos axudar!

miércoles, 17 de septiembre de 2014

ASINADA A ACTA DE REPLANTEO DO SOLAR NO QUE SE CONSTRUIRÁ A NOVA ESCOLA INFANTIL DE BURELA

replanteo-solarO Alcalde, José Mª González Barcia, asinou este mércores con técnicos da Axencia Galega de Servizos Sociais a acta de replanteo do solar no que se construirá a segunda escola infantil de Burela. As obras comezarán nos próximos días e contan cunha inversión de 380.000 euros. Dende o Concello esperan que os traballos estean finalizados para a primavera de 2015, un feito que permitiría que 41 nenos e nenas de 0 a 3 anos puidesen ser matriculados/as nesta escola infantil de Burela no curso 2015/2016.
O responsable municipal recoñeceu que “se trata do acto administrativo oficial de inicio das obras, que fisicamente comezarán nos próximos días. Nós sempre dixemos que Burela precisaba unha nova escola infantil, xa que a actual ten lista de espera e hai nenos e nenas que sabemos que seus pais non os inscriben porque son conscientes de que se van a quedar fóra por falta de prazas. Por iso, xestionando coa Xunta de Galicia, conseguimos que nos introduciran nun plan para construír unha nova escola infantil aquí en Burela. Esta escola vai a contar con tres unidades e vai a permitir que 41 nenos e nenas de entre 0 e 3 anos poidan ter unha praza nunha escola infantil pública”.
Diana Durán, Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, afirmou que “para este equipo de goberno é un motivo de satisfacción porque no seu día comprometémonos a facer unha nova escola infantil e como agora se ve, cumprimos coa nosa palabra. Cumprimos cos veciños e veciñas do noso concello, e cumprimos poñendo en marcha esta actuación, que consideramos que é moi importante para Burela por varios motivos. Primeiro, porque na actual escola infantil hai lista de espera e hai nenos e nenas que se quedan fóra. Segundo, porque con esta actuación imos conseguir consolidar poboación, porque evidentemente haberá 41 familias que poidan vivir en Burela contando cunha praza na escola infantil pública para deixar aos seus fillos e fillas. Terceiro, porque se crean postos de traballo xa que neste recurso social haberá profesionais que se dediquen ao coidado dos nenos e nenas e case con toda seguridade, estes profesionais acabarán vivindo tamén en Burela. E cuarto, porque conseguimos un obxectivo importante que é conciliar a vida laboral e a vida familiar. Por todo isto, estamos enormemente satisfeitos de que esta obra vai a ser por fin unha realidade”.
O Alcalde aclarou que “a obra ten un custo de 380.000 euros e leva 3 unidades para un total de 41 alumnos e alumnas. Nós somos conscientes de que o Concello vai facer un esforzo económico importante, pero tamén o somos de que Burela precisa dese esforzo para contar con este servizo. Por iso cando fixemos o anuncio dixemos o que había con total transparencia. E agora, temos motivos máis que suficientes para estar satisfeitos con esta actuación, que vai estar acabada aproximadamente nos meses de marzo ou abril do vindeiro ano. Esperamos que se non hai ningunha novidade entre en funcionamento no curso 2015/2016”.

INSCRITO NO REXISTRO DA PROPIEDADE O SOLAR DA NOVA GARDERÍA DE BURELA

O solar no que se construirá a nova gardería de Burela xa foi inscrito no rexistro da propiedade en Viveiro a nome do Concello. Proximamente formalizarase oficialmente a súa cesión á Axencia Galega de Servizos Sociais, “estará á súa disposición e libre de cargas”, dixo o alcalde, José Mª González Barcia.

Este mécores 17 de setembro, ás 12.30 horas, tivo lugar a sinatura da acta de replanteo dese solar. Ao acto asistiron o rexedor burelés, Diana Durán, Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, outros membros do equipo de goberno burelés, así coma técnicos e representantes da Axencia Galega de Servizos Sociais.

O CONCELLO DE BURELA SÚMASE AOS ACTOS DE CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO ALZHEIMER ORGANIZANDO UNHA XORNADA INFORMATIVA


O domingo, 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzheimer e a Concellaría de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela organiza unha xornada informativa sobre esta patoloxía que afecta a persoas enfermas e coidadores/as. Os actos terán lugar o luns, 22 de setembro, a partir das 11:30 da mañá no Salón de Plenos da Casa do Concello e estarán divididos en dúas partes. Haberá unha conferencia sobre Alzheimer e persoas coidadoras, a cargo da terapeuta ocupacional e maestrada en Dependencia e Xestión de Servizos Sociais Mª Reyes Quelle Fra. E posteriormente farase a presentación oficial da Asociación AFAN (Asociación de Familiares de persoas Enfermas de Alzheimer e Outras Enfermidades Neurodexenerativas de Burela).

Paralelamente, durante toda a mañá membros de AFAN estarán na Praza do Concello nunha mesa informativa coa que pretenden difundir información sobre a enfermidade do alzheimer e solicitar o apoio e a solidariedade de toda a poboación. 

Dende o Concello, Diana Durán, responsable dos Servizos Sociais municipais, recordou que “en setembro de 2012 tivo lugar a primeira xuntanza coas familias de enfermos de alzheimer e outras patoloxías neurodexenerativas. Este encontro foi o que propiciou a creación da asociación AFAN Burela, onde se realizaron tarefas de orientación e de tramitación de toda a documentación coa finalidade de conseguir liñas de financiamento e subvencións para levar a cabo programas específicos cos que apoiar a estas familias e ás persoas que sofren estas patoloxías”.

A concelleira engadiu que “xa no pleno celebrado o 31 de xaneiro de 2013 en Burela, quedou declarado o municipio como Localidade Solidaria co Alzheimer. Este feito supón unha aposta decidida do Concello a prol dos servizos sociais para persoas maiores, que ven avalado polos programas que estamos a realizar e que temos e tivemos en activo durante toda a lexislatura: ximnasia preventiva para maiores, fisioterapia a domicilio, apoio á dependencia, o programa Axilmente, a Aula Sénior, a Escola de Columna, o apoio a pacientes con necesidades paliativas, etc…”.

Diana Durán defendeu a necesidade de celebrar unha xornada informativa sobre o alzheimer en Burela afirmando que “é prioritario non só coñecer, senón tamén analizar en profundidade cales son as principais necesidades da persoa afectada, saber qué necesita, coñecer as dificultades que afronta e satisfacer as súas carencias. Só desta maneira poderemos definir un marco de apoio adecuado, efectivo e eficaz que sexa o piar fundamental de apoio tanto para as persoas enfermas, coma para os seus familiares e coidadores”.

A edil popular subliñou que “a persoa afectada polo alzheimer debe ser o centro de atención e o eixo en torno ao cal xiren absolutamente todos os esforzos e os pasos que teñan que darse para mellorar a súa calidade de vida e da todos os que lles atenden e coidan cada día”.