lunes, 24 de marzo de 2014

CONTRA A ELIMINACIÓN DA DISCRIMINACIÓN RACIAL EN BURELA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
O pasado venres, 21 de marzo, foi o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial. “Por ese motivo á entrada da Casa da Cultura de Burela de 10:30 a 13:00 horas instalouse unha mesa informativa dirixida a toda a poboación, na que se poideron recoller folletos informativos sobre a área de integración de inmigrantes e tamén información e asesoramento, así como deixar unha mensaxe ilustrativa sobre o fenómeno da inmigración e a discriminación nun Libro de Firmas”, explicou Diana Durán, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade de Burela. A actividade, que ía levarse adiante no mercado municipal cambiou de ubicación debido á chuvia que estivo a caer sobre Burela. Está enmarcada dentro do Programa de Atención a Inmigrantes da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade que ao longo das vindeiras semanas e meses realizará unha serie de actividades para traballar no fomento da igualdade e da non discriminación racial.

GRAN EXPECTACIÓN NA CHARLA DE PREVENCIÓN DE ATROPELOS EN BURELA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA 

Máis de 100 persoas asistiron no Salón de Plenos do Concello de Burela á charla sobre prevención de atropelos, celebrada o pasado mércores “e coa que pretendemos que as persoas teñan claras as normas básicas de circulación e as accións a realizar, tanto ao volante dun coche como sendo peón, para poder evitar accidentes. É moi importante coñecer como peón, os nosos dereitos para garantir a nosa integridade física, así como cales son as nosa obrigacións”, sinalou Diana Durán, concelleira de Servizos Sociais.
Agrademento especial ao ponente Xefe da Policía Local do Concello de Burela, á asociación A Mariña, á Fundación EU SON, á asociación Xuntaza e a todas as persoas veciñas asistentes que nos acompañaron.

miércoles, 19 de marzo de 2014

SERVIZOS SOCIAIS DE BURELA INFORMA SOBRE AS AXUDAS DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILL@S MENORES DE 3 ANOS

A Concellería de Servizos Sociais informa que ata o 26 de abril está aberto o prazo para solicitar axudas da prestación económica de pagamento único por fillas/os menores de 3 anos para o ano 2014 (Orde do 11 de marzo do 2014, DOGA nº 52 de 17 de Marzo de 2014 da Consellería de Traballo e Benestar).
 
Segundo explica Diana Durán “poderán ser beneficiarias as persoas que teñan fillos/as menores de tres anos na data 1 de xaneiro do 2014 (nacidos entre o 02-01-2011 e o 01-01-2014, inclusive) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2012, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso. 

No caso de fillos/as adoptados/as ou acollidos entre o 31 de decembro do 2012 e o 31 de decembro do 2013, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare”.

A documentación a presentar para optar a estas axudas é a seguinte:

- Solicitude e anexos/ sede electrónica.
- Autorización do/a cónxuxe ou parella para obter da AEAT e da Consellería de Facenda os seus datos de carácter tributario (anexo II).
- Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.
-Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar (convivencia).
-Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
- Nos supostos de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución da tutela.
- Fotocopia da folla da cartilla de aforros na que figure o nº de conta ou, no seu defecto, certificación bancaria que indique expresamente que a persoa solicitante é titular da conta á que se refire. 

Para máis información e trámite, as persoas interesadas deberán dirixirse aos Servizos Sociais Municipais, sitos na Casa do Concello, en horario de 8 a 15 horas, de luns a venres.

lunes, 17 de marzo de 2014

O PROGRAMA DE ATENCIÓN A INMIGRANTES DO CONCELLO BURELÉS ULTIMA AS ACTIVIDADES DE IGUALDADE DAS VINDEIRAS SEMANAS

O PROGRAMA DE ATENCIÓN A INMIGRANTES da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade realizará unha serie de actividades para traballar no fomento da igualdade e da non discriminación racial. 
O vindeiro venres, 21 de marzo, é o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial, “por ese motivo á entrada do mercado municipal instalarase unha mesa informativa dirixida a toda a poboación, na cal se poderán recoller folletos informativos sobre a área de integración de inmigrantes e tamén información e asesoramento, así como deixar unha mensaxe ilustrativa sobre o fenómeno da inmigración e a discriminación nun Libro de Firmas”, explicou Diana Durán, Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade. 

Tamén se convocan dous concursos: I Concurso de Lemas e I Certame de Debuxo-Pintura. A edil popular sinalou que “no I Concurso de Lemas poderán participar todas as persoas empadroadas no Concello de Burela e /ou escolarizadas en calquera dos centros educativos do municipio, debendo ser un lema significativo e relacionado co tema proposto e a persoa gañadora será a que distinga a celebración deste día para o próximo ano. E o I Certame de Debuxo-Pintura está dirixido ás mesmas persoas participantes e haberá dúas categorías, por grupos de idade, e unha categoría especial para membros da Asociación A Mariña e Eu Son. Ambos concursos están abertos ata o día 21 de abril e pódense consultar as bases nas dependencias do Programa de Atención a Inmigrantes na Casa do Concello ou na páxina web municipal”.

O Programa de Atención a Inmigrantes de Burela quere levar adiante un ciclo de cine infantil para traballar os valores da igualdade e da non discriminación, “intentando dun xeito máis lúdico sensibilizar aos máis pequenos da importancia e necesidade de manter boas relacións cos iguais e fomentar a tolerancia e convivencia intercultural, dotando ás nenas e nenos de coñecementos que lles permitan promover eses valores e xerar cambios nas propias vidas e no seu entorno. As datas están por concretar”, dixo Diana Durán.

A concelleira de Servizos Sociais engadiu que “tamén se realizará unha charla informativa sobre o empadroamento, neste caso, dirixida ás persoas estranxeiras residentes no noso municipio, na que se informará da normativa básica do Padrón de Habitantes (inscricións no Padrón, caducidade e renovación, autorizacións…), tema fundamental, posto que este procedemento é imprescindible para poder optar a outros recursos como sanidade, escolarización, axudas sociais…”.

CHARLA INFORMATIVA SOBRE NORMAS E CONDUCTAS DOS/AS PEATÓNS: "PREVENCIÓN DE ATROPELOS ÁS PERSOAS"


A Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade do Concello de Burela anuncia que o vindeiro mércores, 19 de marzo do 2014, ás 11:30 horas, no Salón de Plenos, organízase a través da Xefatura Provincial de Trafico, unha charla informativa sobre normas e conductas dos/as peatóns: “Prevención de atropelos ás persoas”.  

Profesionais da Policía Local son os encargados de impartir dita charlas, dirixidas a toda a poboación, onde se tratarán, entre outras cousas, temas como seguridade, atropelos, etc. No Concello de Burela será o encargado de impartir a charla informativa o Xefe da Policía Local Municipal.

Durán indica que "desta maneira, o que se pretende é que as persoas teñan claras as normas básicas de circulación e as accións a realizar, tanto ao volante dun coche como sendo peatón, para poder evitar accidentes. É moi importante coñecer como peatón, os nosos dereitos para garantir a nosa integridade física, así como cales son as nosa obrigacións".

Neste sentido, a concelleira recorda que nos atropelos o/a peatón e o/a conductor/a teñen "responsabilidades compartidas", aínda que hai moitas veces nas que "o/a conductor/a ve cómo o/a peatón se lle bota ao paso de peatóns sen mirar, e aí o chasis máis débil é o corpo da persoa".

A Concelleira recorda que ao finalizar a charla repartiranse chalecos reflectantes entre as persoas asistentes.

miércoles, 12 de marzo de 2014

BURELA RECORDOU ÁS PRIMEIRAS AUTÓNOMAS DO MUNICIPIO

Burela recordou ás primeiras autónomas do municipio

Falaron en primeira persoa da súa experiencia á hora de conciliar

Moi feminina. Así foi a xornada de onte, 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras, con toda unha explosión de mensaxes prol-igualdade nas redes sociais. 

A pé de rúa tamén houbo celebracións institucionais como a do Concello de Burela, que quixo reunir a tres das súas primeiras autonómas (Piedade Picallo, Ana Mª López e Elena Fraga) para que contasen como organizaban traballo, fogar e familia outrora, e homenaxeou á veterana Asociación Praia da Marosa, que xa suma máis de 30 anos de existencia aglutinando ás amas de casa e ás mulleres burelenses. 

O salón de actos da Casa do Concello encheuse para celebrar este día tan sinalado.

ACTOS DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES EN BURELA


8marzo2014-3 

O Salón de Plenos do Concello de Burela encheuse o pasado sábado, 8 de marzo, para asistir aos actos organizados para celebrar a Día Internacional da Muller, que presidiron o Alcalde, José María González Barcia, e a Concelleira de Igualdade e Muller, Diana Durán. 

Tres mulleres, das primeiras autónomas que houbo en Burela, relataron as súas experiencias daquela época. 

Rendeuse homenaxe á Asociación de Amas de Casa "Praia da Marosa", e a todas as mulleres do Concello. O rexedor deu lectura ao manifesto conmemorativo e despois desenvolveuse un xantar para celebrar esta data, organizado pola asociación.

PROFESIONAIS DE EDUCANDO EN FAMILIA, A UNIDADE DE ATENCIÓN TEMPERÁ E A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS OFRECERON UNHA CHARLA EN BURELA


060314 Foto familia (2) 

O Salón de Conferencias de Burela foi escenario o pasado xoves, 6 de marzo, dunha charla informativa sobre "A Familia como Axente Educativo".

A charla foi organizada pola Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade e na mesma participaron profesionais do Programa Municipal Educando en Familia, da Unidade de Atención Temperá e da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD). 

As ponentes fixeron fincapé no papel que xoga a familia desde os primeiros anos de vida na educación dos nenos e nenas e engadiron que o resto das institucións actúan de xeito complementario. Desde a UAD resaltaron o papel que ten a familia fronte ao consumo de substancias ilegais por parte dos rapaces e rapazas. A Unidade de Atención Temperá resaltou o seu traballo nas necesidades especiais que teñen os nenos e nenas que sofren de sordeira, autismo, hiperactividade, etc… e os problemas que poden presentar no seu desenvolvemento. E desde o programa Educando en Familia centraron a súa intervención na importancia que ten a familia, sobre todo, nos primeiros anos de vida dos nenos e nenas. 

Diana Durán sinalou que con actividades coma esta o que se persegue desde o equipo de goberno é potenciar os recursos municipais para que todas as familias que teñan algún problema deste tipo saiban onde acudir.

lunes, 3 de marzo de 2014

A CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS ORGANIZA UNHA CHARLA NA QUE SE ANALIZARÁ A FAMILIA COMO AXENTE EDUCATIVO

O salón de conferencias acollerá o vindeiro xoves, 6 de marzo, ás 11:30 horas unha charla informativa sobre A familia, como axente educativo. Está organizada pola Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade e na mesma participarán profesionais do programa municipal Educando en Familia, da Unidade de Atención Temperá e da Unidade Asistencial de Drogodependencias. 

Segundo explica a edil Diana Durán “trátase de servizos que traballan coordinados entre si, xa que hai casos que necesitan dos tres programas”.

Desde o programa municipal Educando en Familia falarán da importancia que ten a familia nos primeiros anos de vida d@s nen@s, onde se constrúen as primeiras aprendizaxes que se desenvolverán ao longo da vida das persoas. O persoal da Unidade de Atención Temperá centrará a súa intervención nos seus obxectivos, nos recursos humanos e materiais cos que conta e a quen vai dirixida a atención que prestan. E no caso da UAD falarán dos itinerarios terapéuticos que deben seguir aquelas persoas que consumen algún tipo de droga, as formas de acceso a esta unidade, os tratamentos e os obxectivos, entre outras cousas. 

A concelleira de Servizos Sociais subliñou que “o que queremos é dar a coñecer os recursos municipais dos que dispoñen as familias por si nalgún momento se ten que dar resposta ás súas necesidades nestes ámbitos. Centrarémonos na familia e na infancia”.

Diana Durán e o alcalde, José Mª González Barcia, acudirán a esta charla informativa do vindeiro xoves. A concelleira popular anuncia que estes programas achegarémolos a outros concellos da comarca da Mariña”. 

CONCLÚEN NO IES PERDOURO OS OBRADOIROS DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

Finalizaron este pasado venres os obradoiros de prevención de drogodependencias no IES O Perdouro, que estivo a impartir a traballadora social de UAD de Burela, segundo informa a concelleira de Servizos Sociais e Sanidade, Diana Durán. 
 
Ditos obradoiros iniciáronse o 17 de febreiro e fixéronse intervencións con alumnos de 1, 2º, 3º e 4º da ESO. Maite Lanza, a traballadora social da unidade explica que “os alumnos responderon de xeito participativo e mostraron moito interese pola información que se lles facilitou dende a Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela”.

Estes obradoiros concluiron este venres, en horario de 13:10 a 14:00 horas na aula de 2º de ESO C. A partires do 10 de marzo desenvolveranse no IES Monte Castelo.

PROGRAMA ACTOS "DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES"


XANTAR DE CONFRATERNIDADE E CHARLA CON TRES AUTÓNOMAS DE BURELA PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Muller e Sanidade organizou diversos actos para conmemorar o vindeiro 8 de marzo o Día Internacional das Mulleres. Haberá unha charla, un acto de recoñecemento, a lectura dun manifesto institucional e un xantar de confraternidade.

O salón de plenos do Concello acollerá a partires das 12:30 da mañá a charla titulada "MULLERES DE BURELA: UN EXEMPLO DE CONCILIACIÓN". Diana Durán explicou que “tres mulleres de Burela, que foron das primeiras autónomas que tiveron negocios propios, contarannos a súa experiencia. Cremos que elas poden ser un exemplo de conciliación para as mulleres novas porque foron nais, amas de casa, coidaron da xente maior que tiñan ao seu carón e atenderon os seus negocios”. Trátase de Piedad Picallo González, que tivo un lavado e engraxe e un hostal; Ana Mª López Oca, que rexentou unha zapataría; e Elena Fraga Armada, propietaria dunha pastelería. A edil popular sinalou que “elas rexentaron os seus negocios e ocupáronse da casa, porque daquela non había apoios da administración para conciliar a vida familiar e laboral. Dúas das participantes nesta charla coincidiron tamén traballando en Gres Burela. Con este acto queremos renderlles homenaxe a elas, pero facémolo extensivo ao resto das mulleres de Burela”.

Os actos do Día Internacional das Mulleres seguirán ás 13 horas cun recoñecemento á Asociación de Amas de Casa Praia da Marosa, “xa que levan 33 anos en activo e sempre foron un colectivo moi dinámico para o tecido social de Burela. Estarán con nós Ana Mª Pita Rey, que é a actual vicepresidenta, e Carmen Rodríguez Rey, que foi a primeira secretaria da asociación. Elas van relatar os motivos que as levaron a constituír a asociación e a seren tan activas e tamén nos falarán do antes e do agora da asociación de amas de casa Praia da Marosa”. 

A partires das 13:15 horas haberá unha representación videográfica da temática do día feita por Antonia Fernández Rivas. “Trátase dunha colaboración desinteresada coa que nos deleita esta muller traballadora. As protagonistas serán as tres relatoras da charla e a Asociación de Amas de Casa Praia da Marosa. Poderemos ver fotos daquelas épocas e coñecer as experiencias vividas por elas”, engadiu a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Muller e Sanidade. 

O broche final do acto será ás 13:30 horas. A esa hora o alcalde, José Mª González Barcia, lerá o manifesto institucional, que dará paso ao xantar conmemorativo deste día, que está organizado pola Asociación de Amas de Casa Praia da Marosa. Calquera persoa que queira participar nesta comida deberá dirixirse á propia asociación para retirar o tícket correspondente. Non é preciso ser socia para poder acudir a esta cita. Diana Durán quixo agradecer “a súa vontade por aunar esforzos na procura da igualdade entre mulleres e homes”. 

A concelleira de Servizos Sociais fixo unha reflexión: “camiñando todos e todas cara o mesmo obxectivo poderemos chegar máis lonxe e conseguir mellores resultados de cara a unha igualdade efectiva e real”.

O CONCELLO DE BURELA PARTICIPARÁ NUNHA REUNIÓN DA REDE MUNICIPALISTA SOLIDARIA DO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE

O Concello participará en marzo nunha reunión da Rede Municipalista Solidaria do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para afondar no traballo nas áreas de sensibilización e comunicación, segundo ven de anunciar a concelleira de Servizos Sociais. 

Diana Durán contou que “o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade doou 10.000 euros ao Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (Acnur) co obxectivo de axudar á poboación afectada polo tifón Haiyán en Filipinas. A axencia das Nacións Unidas está prestando asistencia humanitaria en terreo ás e aos superviventes do devastador ciclón que o 9 de novembro arrasou a rexión central do país”.

A edil popular explicou que “a asemblea de socios do Fondo Galego, integrado por 90 concellos e dúas deputacións e do que forma parte de xeito moi activo o Concello de Burela, resolveu ademais poñer a disposición a súa conta de emerxencia para esta causa. Cos fondos recadados financiaranse proxectos de reconstrución na zona unha vez superada a situación de emerxencia e cando, previsiblemente, a desatención informativa agrave a vulnerabilidade das vítimas”.

Dende a Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade do Concello de Burela “queremos recordarlles e agradecerlles de antemán ás persoas e entidades que desexen realizar a súa achega que poden facelo no número de conta 2091 0209 10 3040019000 de Novagalicia Banco, indicando Emerxencia Filipinas e así axudar á cooperación humanitaria”.

Durán engadiu que “como parte fundamental do traballo co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, o Concello de Burela participará no mes de marzo nunha reunión da Rede Municipalista Solidaria xunto co resto dos Concellos socios da provincia para traballar sobre todo nas áreas de sensibilización e comunicación”.

ENTROIDO NA AULA SÉNIOR DE BURELA

280214 Foto entroido aula senior BurelaO entroido chegou tamén á AULA SENIOR do Concello de Burela. 

O grupo do centro de día da residencia de maiores disfrazouse e disfrutou dunha tarde diferente este xoves pasado. 

A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, lembra “a importante labor que se está a facer cos nosos maiores desde a aula senior”.