viernes, 26 de diciembre de 2014

DIANA DURÁN CELEBRA O NADAL COA FUNDACIÓN EU SON NA SÚA XORNADA DE PORTAS ABERTAS


FELICES FESTAS DE NADAL A TODAS AS PERSOAS USUARIAS DA FUNDACIÓN EU SON, AOS SEUS FAMILIARES E AO EQUIPO TERAPÉUTICO E DIRECCIÓN DO CENTRO OCUPACIONAL E DO CENTRO DE DÍA DE DISCAPACIDADE INTELECTUAL.

QUE O ANO NOVO VEÑA CARGADO DE 2015 BOAS NOVAS PARA TODOS E TODAS!!!

lunes, 22 de diciembre de 2014

MAIS DE 100 PERSOAS SE PREINSCRIBIRON NA ESCOLA DE COLUMNA DO DR. KNAPP E 80 EN XIMNASIA PREVENTIVA PARA MAIORES


Desde o vindeiro este luns, 22 de decembro, e ata o 5 de xaneiro estará aberto o prazo para formalizar a matrícula na ximnasia preventiva de maiores, na fisioterapia con atención domiciliaria e na escola de columna do Dr.Knapp.

A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, subliña que “só poderán facer esta xestión aquelas persoas que se preinscribiran no prazo aberto entre os pasados días 2 e 16 de decembro". 
A edil popular indicou que “este ano contarase con 6 grupos de ximnasia preventiva e 10 de escola de columna posto que a demanda é tan grande que quedaba mais xente en lista de agarda que beneficiándose do programa. É por iso que este equipo de goberno segue apostando polos servizos sociais de calidade para que, como é neste caso, todos os seus veciños e veciñas gocen dunha vida o mais saudable posible, facilitándolles por unha banda un envellecemento activo coa ximnasia preventiva e, por outra, a través de escola de columna e seguindo o método do Dr. Knapp, conseguir aliviar as dores do noso eixo vertebral co fin de evitar intervencións cirúrxicas naqueles casos mais graves e noutros casos educar a columna para evitar futuras lesións, facendo tanto unha función de prevención como de rehabilitación”.

Durán engadiu que “dende esta Concellería valorouse facer unha previa preinscrición co fin de que ninguén quedara sen o servizo, debido ao gran éxito do programa. De feito, para ximnasia preventiva están preinscritas 80 persoas e para escola de columna supérase a centena. Si alguén non fixo a preinscrición e está interesado/a nestes programas, que non deixe de pasarse polas oficinas de información e tentarase buscar unha solución, xa que hai a posibilidade de entrar nalgún grupo en concreto, pois o resto de quendas xa están sobresaturadas”.

O RESPETO E A IGUALDADE SON OS PILARES PARA ACADAR UN MUNDO MELLOR. Feliz Nadal e Próspero 2015!!

Por todo un ano de colaboración e apoio comprácenos poder achegarvos a nosa felicitación de Nadal.
Felices Festas!

Diana Durán García
Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade 
do Concello de Burela


lunes, 3 de noviembre de 2014

O DÍA DE "TODOS OS SANTOS", SERVIZOS SOCIAIS BURELA ACOMPAÑA AOS FAMILIARES DOS NÁUFRAGOS DO MAR NA OFRENDA FLORAL, PARA RECORDALOS E RENDIRLLES O TRIBUTO QUE SE MERECEN. DEP.


NÁUFRAGO…

¿No has encontrado mis ojos en el reflejo

del danzar de las olas que te mecen?
¿No has sentido mis manos recorrerte
en la caricia del viento allí en tu balsa?

¿En tus noches de vacío y desazón,
no has sentido mi voz en el arrullo
de las olas que traen y se llevan
esos versos que dejaste en el tintero?

¿Es qué acaso tu piel ha endurecido
de tanto vagar en soledad?
¿Es que acaso el corazón se te ha perdido
entre la marea y el viento que te arrastran?

Vuelve náufrago… a nuestras noches
de loca bohemia, locura y fuego,
de cantar de tus versos y estos míos
que se consumen de amor ante tus ojos.



(BITÁCORA DE LAURA DEL MAR)

BURELA INCREMENTOU NUN 35% O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NOS ÚLTIMOS 3 ANOS

O servizo de axuda no fogar de Burela incrementouse paulatinamente ao longo dos tres anos de mandato, do PP á fronte do Concello, tanto na modalidade de libre concorrencia como na de dependencia. A edil popular, Diana Durán, explicou que “no caso de SAF-libre Concorrencia estase a prestar un 20% mais de casos que no ano 2011, pois concretamente pasouse de 38 persoas usuarias a 47 a día de hoxe. No caso de SAF-dependencia as horas que se prestaban co goberno do bipartito eran 992 mensuais, e actualmente préstanse 1.503 horas ao mes, o que supón unha atención directa a persoas valoradas con grao de dependencia e con PIA (Programa Individual de Atención) resolto da Xunta de Galicia nun total de 18.036 horas anuais, diante das 11.904 horas anuais que se prestaban cando este equipo chegou ao goberno. É dicir, ao longo destes últimos tres anos o goberno actual, a través da Concellería de Servizos Sociais, conseguiu incrementar nun 35% o servizo, co aumento de nada mais e nada menos de 6.132 horas ao ano, reforzando así a atención directa a aquelas persoas con mais vulnerabilidade, que neste caso son as persoas con dependencia”. 

A concelleira de Servizos Sociais sinala que “cabe ter en conta que este aspecto do notable incremento de horas do SAF tamén reverte nos propios familiares coidadores, pois son xunto coas persoas dependentes, os que sofren esta delicada situación e, polo tanto, axúdaselles así a aliviar un pouco máis a situación e se axuda a conciliar a vida laboral e familiar, ao mesmo tempo que tampouco debemos esquecernos de que se favorece o aspecto laboral, pois cantas mais persoas poidan ser atendidas maior número de postos de traballo de auxiliares de axuda no fogar se están a crear para poder atender todos estes casos aos que na actualidade da cobertura o Concello de Burela”.

A edil popular indica que “tal e como sempre se demostrou, unha vez mais este equipo de goberno aposta en firme polos servizos sociais, pois a ampliación progresiva do servizo de axuda no fogar (SAF) ás persoas en situación de dependencia, así como ás familias con problemas de integración social ou laboral e outros colectivos con necesidades específicas, son firmemente prioritarias á hora de prever o gasto social, xa que o SAF na modalidade de libre concorrencia está orzamentado para este ano 2014 con 51.628 euros e o orzamento total para afrontar o servizo de SAF na súa modalidade de dependencia ascende a un total de 216.000 euros para o ano 2014.Son casi uns 270.000 euros os cartos asignados ao SAF en total, e é nesta liña na que se seguirán priorizando e reforzando a prestación básica de axuda no fogar, xunto a outros colectivos con necesidades específicas por parte do equipo de goberno de cara ao ano 2015, co fin de que as persoas veciñas de Burela estean atendidas cun servizo eficaz e de calidade”.

viernes, 31 de octubre de 2014

CASTING PARA A XUVENTUDE DE BURELA PARA PARTICIPAR NUNHA CURTAMETRAXE POLA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O CONCELLO DE BURELA RODARÁ UNHA CURTAMETRAXE COA XUVENTUDE DO POBO SOBRE IGUALDADE E PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

O Centro de Información ás Mulleres, dependente da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade convoca para o vindeiro mércores, 5 de novembro, un casting dirixido aos adolescentes que queiran participar na gravación dunha curtametraxe sobre igualdade e prevención de violencia de xénero. A proba levarase a cabo a partir das 17.00 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Burela e nela poderán participar tódolos mozos e mozas que se atopen actualmente cursando estudos nalgún dos IES do municipio. Os/as interesados/as poden recibir máis información acudindo á sede do Centro de Información á Muller, en horario de 8 a 15:15 horas. Para participar na proba de selección será imprescindible que os menores de idade presenten unha autorización de consentimento firmada polos seus titores legais. 
 
A concelleira de Servizos Sociais de Burela, Diana Durán, explicou que “dentro do abano de actividades que o CIM está a levar a cabo nos últimos meses, tales coma o curso de fotografía, o de formación para a creatividade ou a proxección e masterclass do documental Muller(es)Muller, actividades todas elas pertencentes ao programa Burela en Igualdade: Prevención, Sensibilización e Concienciación, seguimos a traballar de cara á promoción da igualdade entre mulleres e homes e da prevención e tratamento integral da violencia de xénero. E é por este motivo que queremos invitar á xuventude do noso pobo a participar nunha curtametraxe, co fin de acercar á mocidade a unha actividade que lles resulte atractiva, dotándoa de ferramentas que lles permitan afrontar a situación de desigualdade que aínda estamos a sufrir, previndo así a violencia de xénero dende idades temperás. Na actividade serán empregados elementos do seu entorno diario que permitan reflexionar sobre igualdade e violencia de xénero”.

A concelleira indicou que “dende o Concello convocamos a tódolos mozos e mozas a acudir o vindeiro 5 de novembro ao Auditorio da Casa de Cultura para participar no casting e optar a formar parte do documental. Unha vez que estea gravado estrearémolo de forma aberta a todo o público. Posteriormente, organizaremos ademais varios obradoiros sobre igualdade e prevención de violencia de xénero con adolescentes, xa que a propia proxección da curtametraxe servirá de motivación para organizar un debate dirixido por profesionais”. E engadiu: “en definitiva queremos ofrecer ferramentas innovadoras e atractivas que axuden a mudar a situación de desigualdade actual. Así coma promover unha actitude loitadora mediante a cal busquemos alternativas á situación de desigualdade que aínda vivimos entre mulleres e homes. Dende o Concello desexamos que todas estas accións divulgativas e de sensibilización sexan de interese para a sociedade en xeral, e neste caso para a mocidade en particular.”

CURSO DE FORMACIÓN PARA MULLERES: CREATIVIDADE


BURELA ACOLLE O 5 DE NOVEMBRO UN OBRADOIRO DE CREATIVIDADE DIRIXIDO A MULLERES

A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, a través do CIM, organiza para o mércores, 5 de novembro, un curso formativo de creatividade para mulleres. Con el, preténdese dotar á poboación feminina das ferramentas necesarias para afrontar a situación actual de crise, permitíndolles promover unha actitude activa na busca de emprego e na posta en marcha de iniciativas profesionais. A actividade está dirixida a mulleres emprendedoras e levarase a cabo en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, na Aula de Familia da Casa da Cultura de Burela. As interesadas poden realizar xa as súas inscricións en horario de 8 a 15 horas de luns a venres no Centro de Información ás Mulleres, situado na Casa do Concello. Para anotarse é imprescindible presentar o DNI e non se admitirán inscricións telefónicas como ven sendo habitual noutros cursos.

Diana Durán García, concelleira de Servizos Sociais de Burela, explicou que “dende a nosa Concellería é un motivo de satisfacción presentar unha nova actividade formativa, ademais das que temos xa programadas ata o momento coma poden ser o taller de risoterapia, o curso de memoria do Programa Axilmente ou os cursos de bordado, bolillos, manualidades e bailes de salón. Seguimos a traballar para poder ofertar máis actividades e neste caso facémolo cun obradoiro de creatividade que está organizado a través do Centro de Información á Muller e que se levará a cabo o próximo 5 de novembro. Este curso está enmarcado dentro do programa Burela en Igualdade: Prevención, Sensibilización e Concienciación e ten como obxectivo promover a igualdade entre homes e mulleres, así coma previr o tratamento integral da violencia de xénero”.
A edil popular dixo que “a través deste curso preténdese o desenvolvemento persoal e a empregabilidade das mulleres para alcanzar a igualdade. Esta formación ten unha duración de 6 horas e impartirase por persoal especializado o 5 de novembro. Dende o Concello creemos que a creatividade é unha magnífica ferramenta para conseguir obxectivos e para ser capaces de desenvolver novas estratexias de aprendizaxe que conecten argumentos cognitivos e intelixencia emocional”. E engadiu que “desta maneira, entre os obxectivos deste obradoiro destacan o de descubrir a creatividade de cada persoa para resolver retos e problemas e o de fomentar a independencia e autonomía de mulleres e homes”.

SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE ORGANIZA UN CURSO DE FOTOGRAFÍA PARA MULLERES


SERVIZOS SOCIAIS DE BURELA ORGANIZA UN OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA PARA MULLERES MAIORES DE 18 ANOS DURANTE NOVEMBRO

A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade organiza para o vindeiro mes un taller de fotografía dirixido a mulleres maiores de 18 anos. O curso terá unha duración de 20 horas e levarase a cabo os luns 3, 10, 17 e 24 de novembro e o 1 de decembro, en horario de 16.30 a 20.30 horas. As interesadas poden recibir máis información acudindo ás dependencias municipais dos Servizos Sociais, situadas na casa consistorial. 


A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán García, explicou que “a través desta acción formativa ofrecemos ás interesadas a posibilidade de poder aprender novas técnicas fotográficas que mostran a realidade que nos envolve, dende unha perspectiva non sexista. Para iso, o obxectivo da cámara converterase no filtro que nos axude a recoñecer no noso entorno roles de xénero que asumimos e repetimos sen reflexionar sobre eles”. 
Durán mostrou ademais o seu desexo de que “esta proposta sexa recollida con interese e sexa usada como un medio máis para acadar a igualdade de oportunidades reais e efectivas entre mulleres e homes na nosa sociedade”.

ALCALDE E EDIL, NA FESTA DA VIRXE NOSA SEÑORA DOS NAVEGANTES DA COMUNIDADE CABOVERDIANA DE BURELA

201014 Foto actividades Cabo Verde
A comunidade caboverdiana de Burela celebrou este outubro a festa da "Virxe Nosa Señora dos Navegantes" cunha misa, seguida de procesión, e cun xantar de confraternidade na Praza de Zbastos. 

Na xornada participaron membros da comunidade caboverdiana de Zaragoza, Portugal e Francia coa que a de Burela mantén un estreita relación. 

Aos actos relixiosos acudiron a Concelleira de Igualdade, Diana Durán, e o Alcalde, José Mª González Barcia. Por certo, a imaxe da Virxe dos Navegantes que hai na igreza de Burela fíxose en Cabo Verde, encargada polas batukadeiras "Rabentola".

O CONCELLO DE BURELA COA ASOCIACIÓN ESPERANZA, DE LOITA CONTRA O CANCRO

201014 Foto cancer BurelaO Alcalde, José Mª González Barcia, e a Concelleira de Servizos Sociais e Sanidade, Diana Durán, acudiron o "Día Mundial do Cancro de Mama" á Casa da Cultura para participar no acto organizado pola Asociación Esperanza de loita contra o cancro. 

Alí tamén se situou unha mesa informativa sobre esta enfermidade e houbo un concerto de Cánere Son. 

O Concello colabora con esta asociación na organización das súas actividades, “e recoñecemos o enorme esforzo que están a facer na programación de actos formativos e lúdicos nesta materia, co fin de sensibilizar a toda a poboación neste tema e tamén para recaudar fondos para a investigación”, apostillou Diana Durán, Delegada de Servizos Sociais e Sanidade.

PROXECCIÓN DE Muller(es)Muller PARA O ALUMNADO BURELÉS

proxeccion-muller-burela

Alumnos e alumnas dos IES Monte Castelo e Perdouro, de Burela, asistiron en outubro á proxección do documental “Muller (es) Muller”, e a unha masterclass, actividades coas que o CIM pretende “promover a igualdade de oportunidades entre mozos e mozas, así coma a prevención da violencia de xénero”. 

A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Diana Durán, acudiu ás aulas para presentarlles aos rapaces e rapazas o contido do programa no que ían participar. O alumnado do IES Monte Castelo acudiu á proxección á Casa da Cultura e a masterclass foi impartida no propio centro. E no IES Perdouro as dúas actividades tiveron lugar nas súas instalación.

A cinta busca dar luz sobre o papel das mulleres na sociedade e na transmisión de valores e os cambios que se producen dunha xeración a outra. O papel das mulleres na sociedade transformouse, pero máis aló de datos estatísticos que o confirmen, a realidade sempre funciona como un potente indicador. O que se pretende neste caso é facerlle reflexionar á xuventude sobre o cambio de roles na muller que sufriu de xeración en xeración, así como os valores que tamén foron mudando.

jueves, 30 de octubre de 2014

BEATRIZ MATO SUPERVISIOU AS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DA NOVA ESCOLA INFANTIL DE BURELA

221014 Foto obras garderia Burela 1 O Alcalde, José Mª González Barcia, e a Concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, agradecen a colaboración da Consellería de Traballo e Benestar na construción da nova escola infantil de Burela así coma as achegas realizadas para a formación de desempregados. 

O rexedor burelés explicou que “acompañamos á conselleira de Traballo e Benestar da Xunta, Beatriz Mato, na visita que fixo ás obras da que vai a ser a nova escola infantil do noso Concello. As obras van francamente a moi bo ritmo, tendo en conta que comezaron hai aproximadamente un mes e está practicamente toda a cimentación xa feita. A partir de agora comezarase a levantar a estrutura do propio edificio que, coma xa se sabe, vai a contar con 41 prazas e 3 unidades”. José Mª González Barcia insistiu en que “a intención é que as obras estean rematadas a finais de marzo ou comezos de abril do próximo ano e que poidan empezar a funcionar no curso 2015/2016. Eu sempre dixen que esta era unha aposta decidida deste goberno pola conciliación laboral e familiar, e aínda que nos supón un esforzo económico importante que eu nunca neguei, senón que sempre dixen que efectivamente iso era así. Pero tamén é certo que vai permitir que 41 familias poidan deixar aos seus fillos e as súas fillas nun centro público coma o que vai ser este”.

A edil popular, Diana Durán, engadiu que “son 41 familias que van vivir en Burela, polo tanto tamén asentamos poboación. E por outra parte, na propia escola infantil van ter que traballar profesionais do sector, co cal tamén estamos xerando emprego. Polo tanto vale a pena o esforzo económico que se está a facer dende o Concello, porque ademais é a única vía existente que había para poder facer unha instalación de este tipo. Temos que estar contentos e temos que agradecerlle á Xunta de Galicia que a través da Consellería de Traballo e de Benestar, colabore co Concello en varias cuestións. Non soamente na gardería, senón tamén nas importantes achegas que se fan en materia de formación de persoas que están en situación de desemprego”.

Acompañaron á Conselleira na súa visita ás obras da nova escola infantil varios concelleiros e concelleiras do equipo de goberno e a Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA DOS DOUS CEIPS DE BURELA PARTICIPARÁN NUNHA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A COOPERACIÓN E A SOLIDARIEDADE

A finais de outubro os rapaces e as rapazas de 4º de primaria dos CEIPs Vista Alegre e Virxe do Carme participarán nunha campaña de sensibilización sobre a cooperación. A actividade está organizada pola Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. 
Segundo explica Diana Durán “o que imos realizar eses días cos monitores da Ong Ecos do Sur – Mestura é unha actividade de sensibilización cos máis pequenos”. A edil popular sinalou que “nestes momentos estase realizando un proxecto de cooperación en Mozambique e este vai vinculado a unha tarefa de sensibilización en Galicia co fin de achegar temas relacionados coa cooperación e o desenvolvemento”.

A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade indicou que “as sesións do obradoiro son sobre a aproximación doutras culturas e sobre a desigualdade na distribución entre os diferentes países e as causas da pobreza, tratando ademais valores medio ambientais, de reciclaxe e de educación para o desenvolvemento”.

ATA O 15 DE NOVEMBRO ESTÁ ABERTA O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA "XUNTOS POLO NADAL" DA XUNTA DE GALICIA

A Concellería de Servizos Sociais informa que ata o 15 de novembro está aberto o prazo de inscrición no programa Xuntos polo Nadal, que organiza un ano máis a Consellería de Traballo e Benestar. 

Diana Durán lembra que “este programa permite que as persoas maiores que se atopen soas durante estas festas, poidan gozar dunha estancia na residencia de tempo libre de O Carballiño, dende o 23 de decembro ata o 2 de xaneiro. En total, ofértanse 120 prazas para toda a provincia de Lugo. Os interesados deberán ter máis de 60 anos, estar empadroados en Galicia e pagar unha cota diaria de 50 euros se superan o límite dos 532,51euros no seu Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). Os que cobren menos desa cantidade poderán gozar desa estancia de xeito gratuíto”.

Os interesados en realizar este trámite deben dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Burela, en horario de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres.

A concelleira de Servizos Sociais dixo que “este programa está dirixido ás persoas maiores de 60 anos, que estean empadroadas nalgún concello galego e poidan valerse por si mesmas, sen sufrir ningunha enfermidade infecto-contaxiosa ou trastorno mental ou conductual”.

A EXPOSICIÓN "A ESCOLA, CAMIÑO DE FUTURO" NOS CENTROS EDUCATIVOS BURELESES

A Concellería de Servizos Sociais de Burela estrea a exposición A escola, Camiño de futuro. Na mostra poderase contemplar un conxunto de 32 cubos, elaborados a partir de materiais coma o cartón pluma, que plasman diferentes proxectos educativos que se están a levar a cabo en países de África, América do Sur, América Central e Asia. A exposición poderá visitarse de maneira itinerante polos colexios e institutos de Burela.

A concelleira Diana Durán, recordou que “debido a temática desta exposición quixemos implicar aos centros educativos do municipio, para que lle sirva a todo o seu alumnado para aproveitar os recursos educativos e fomentar vías de participación solidaria. Por tanto, dende o Concello queremos agradecerlles a tódolos centros interesados nesta iniciativa a súa implicación e colaboración con nós.”

A edil engadiu que “dende o Programa de Atención a inmigrantes da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade do Concello de Burela, como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e en colaboración coa ONG Educo, queremos apoiar a iniciativa do Fondo Galego de divulgar e sensibilizar á poboación sobre a realidade social do mundo que nos rodea. No mes de outubro celébrase en moitos países europeos a Semana Contra a Pobreza, e aquí en Galicia, grazas á axuda das ONG´s, podemos dar a coñecer distintas visións sobre o desenvolvemento socioeconómico e a grande diversidade de situacións que se dan no mundo actual. De aí, que hoxe poñamos en marcha esta exposición que esperamos sexa un éxito nos centros educativos”.

BOA ACOLLIDA NO CURSO FORMATIVO PARA IMNIGRANTES CELEBRADO DURANTE O MES DE OUTUBRO

A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade do Concello de Burela, organiza a través do seu Programa de Inmigrantes, un curso formativo para axudar a alcanzar un bo grado de integración entre toda a poboación inmigrante residente no municipio. 
 
O curso ofertado, que leva por nome Acreditación do Esforzo de Iintegración, consta de distintos módulos formativos coma: valores constitucionais de España, valores estatutarios de Galicia, valores da Unión Europea, dereitos humanos, liberdades públicas, a democracia, a tolerancia e a igualdade entre homes e mulleres. A actividade formativa terá unha duración de 24 horas e foi impartida, entre o 20 e o 30 de outubro, no propio Concello de Burela. 

Diana Durán, concelleira de Servizos Sociais de Burela, recordou que “este curso complementa unha novidade introducida no novo regulamento de estranxeiría. Trátase dos informes previstos na Lei orgánica, a través dos cales as administracións locais e autonómicas poden participar. Estes informes de integración poden ser válidos para realizar as renovacións das autorizacións dos inmigrantes,así coma para formular reagrupacións familiares e arraigos sociais”.