jueves, 30 de octubre de 2014

A EXPOSICIÓN "A ESCOLA, CAMIÑO DE FUTURO" NOS CENTROS EDUCATIVOS BURELESES

A Concellería de Servizos Sociais de Burela estrea a exposición A escola, Camiño de futuro. Na mostra poderase contemplar un conxunto de 32 cubos, elaborados a partir de materiais coma o cartón pluma, que plasman diferentes proxectos educativos que se están a levar a cabo en países de África, América do Sur, América Central e Asia. A exposición poderá visitarse de maneira itinerante polos colexios e institutos de Burela.

A concelleira Diana Durán, recordou que “debido a temática desta exposición quixemos implicar aos centros educativos do municipio, para que lle sirva a todo o seu alumnado para aproveitar os recursos educativos e fomentar vías de participación solidaria. Por tanto, dende o Concello queremos agradecerlles a tódolos centros interesados nesta iniciativa a súa implicación e colaboración con nós.”

A edil engadiu que “dende o Programa de Atención a inmigrantes da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade do Concello de Burela, como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e en colaboración coa ONG Educo, queremos apoiar a iniciativa do Fondo Galego de divulgar e sensibilizar á poboación sobre a realidade social do mundo que nos rodea. No mes de outubro celébrase en moitos países europeos a Semana Contra a Pobreza, e aquí en Galicia, grazas á axuda das ONG´s, podemos dar a coñecer distintas visións sobre o desenvolvemento socioeconómico e a grande diversidade de situacións que se dan no mundo actual. De aí, que hoxe poñamos en marcha esta exposición que esperamos sexa un éxito nos centros educativos”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario