lunes, 30 de junio de 2014

INAUGURACIÓN DOS TRABALLOS DOS OBRADOIROS DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES (CIM) DE BURELA

100614 Foto exposicion traballos CIM Burela

O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, inauguraron na Casa da Cultura a exposición cos traballos realizados nos obradoiros de manualidades, bordado e bolillos, que organizou o CIM (Centro de Información ás Mulleres) e que se desenvolveron ao longos dos últimos meses. Nos obradoiros do CIM participaron 300 mulleres. Segundo Diana Durán “foron un éxito estes meses e despois do verán volveremos con todas estas actividades”.

MESA INFORMATIVA SOBRE O TABACO EN BURELA

OLYMPUS DIGITAL CAMERACon motivo da conmemoración do Día Mundial Sen Tabaco, que se celebrou o 31 de maio, a Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, da que depende a UAD do Concello de Burela (Unidade Asistencial de Drogodependencias), instalou unha mesa informativa nas inmediacións do Centro de Saúde, que estivo atendida pola psicóloga clínica Susana Fernández Pernas, quen informou sobre os efectos nocivos do tabaco e as estratexias terapéuticas para o abandono do consumo desta substancia tóxica. Tamén se realizaron a todas aquelas persoas interesadas, medicións do monóxido de carbono (CO) en aire expirado, ademais de facerse entrega de diverso material informativo. Na mesa informativa estivo Diana Durán, a concelleira de Sanidade, acompañando á psicóloga.

PRESENTADO O VII FESTIVAL DE JAZZ E MÚSICA MODERNA DE BURELA, A CELEBRAR DO 13 AO 17 DE XULLO


Cartel sin logos

Este venres presentouse no Hotel Nordés o VII Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela, que se celebrará nesta vila os vindeiros días 13, 14, 15, 16 e 17 de Xullo de 2014. Este Seminario está organizado pola Asociación Mariña Jazz – AMAJAZZ .

No acto estiveron presentes o Pte. de Amajazz Jesús Arranz González, Nieves Medina García, Catalina Sánchez Luengo e Mario Arranz Carreño, parte da equipa de organización do Seminario acompañados polo Alcalde de Burela D. José González Barcia e a Segunda Teniente de Alcalde e Delegada de Servicios Sociais, Muller , Igualdade e Sanidade Dona Diana Durán Garcia.

Unha nova iniciativa incorporase a este VII Seminario este ano, o Obradoiro de improvisación Burela Impro, a cargo de Roberto Pacheco Plaza, un obradoiro práctico de iniciación á improvisación como ferramenta para a mellora das nosas capacidades personais e a súa posta en práctica, tantono ámbito profesional como no persoal. Vai dirixido e está aberto a todas as persos que desexen desenrolar as súas capacidades dun xeito práctico mediante o xogo e a improvisación. 

Con respecto as actuiacións, salientar a actuación o mércores 16 de Xullo de SUMRRÁ, que nestes momentos é o grupo galego con máis proxección internacional, tamen o martes 15 contaremos cun grupo da escola de Jazz de San Sebastian Musikene, Dani Juarez Quintet.

Programa do Seminario:


Todas as actuacións terán lugar ás 22.00 horas excepto a do xoves 17 que comezará ás 20.00h. na Casa da Cultura de Burela.

SÁBADO 12 de Xullo ás 22.00 h.
CONCERTO APERTURA da AMAJAZZ BIG BAND
Na Terraza do Hotel Nordés

DOMINGO 13 de Xullo ás 22.00h. :
CONCERTO dos “PROFES” + JAM SESSION
Na Praza de Abastos de Burela

LÚNS 14 de Xullo ás 22.00 h. :
CONCERTO “CHAVALES” + JAM SESSIÓN
Na Praza de Abastos de Burela

MARTES 15 DE Xullo ás 22.00h.:
Concerto de DANI JUAREZ QUINTET
Na Praza de Abastos de Burela

MÉRCORES 16 de Xullo ás 22.00h.:
CONCERTO de SUMRRÁ
Na Praza de Abastos de Burela

XOVES 17 de Xullo
CONCERTO de CLAUSURA “ SONS DE AFRICA”
Coa colaboración dos grupos de Cabo Verde residentes en Burela: BATUKO TABANKA-RABENTOLA
Na CASA da CULTURA de BURELA ás 20.00 horas


DIANA DURÁN PARTICIPOU NA III XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE A FUNDACIÓN EU SON E A ASOCIACIÓN DE AXUDA AO ENFERMO MENTAL A MARIÑA QUE TIVO LUGAR O PASADO 25 DE XUÑO NO PAVILLÓN VISTA ALEGER DE BURELA


_MG_4444 

A III Xornada de Convivencia entre a Fundación Eu Son e a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña tivo lugar o pasado 25 de xuño no pavillón Vista Alegre de Burela en xornada matinal e vespertina, dende ás 12:00 h ata ás 17:00 h, onde a Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade participou activamente e acompañou a estes dous colectivos durante toda a xornada lúdica e de convivencia.

O evento comezou cun bonito partido entre os/as deportistas de ambas asociacións, que se tivo que resolver na tanda de penalties despois dun enfrentamento moi reñido e que contou coa colaboración especial de Juanma Marrube, Iago Miguez e Paula Cortiñas, xogadores do C.D. Burela F.S.

Despois do tempo destinado para o picnic, no que os participantes aproveitaron para repoñer forzas, tiveron lugar uns atractivos xogos lúdico-recreativos nos que os integrantes de ambos colectivos puideron practicar actividades como o beisbol, fútbol sala, baloncesto, balonmán, bolos, fresbee, voleibol, malabares, e demais xogos populares.

Xa para finalizar procedeuse a entrega de diplomas para todas as persoas participantes, a cargo do presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna, do presidente do C.D. Burela F.S., Manuel Blanco, da directora dos servicios da Fundación Eu Son, Noelia Eijo, e da presidenta da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, María Iris Castro e de Diana Durán García, Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade e membro do Patronato da Fundación EU SON.


AS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DA NOVA ESCOLA INFANTIL DE BURELA DARÁN COMEZO EN SETEMBRO

O proxecto básico de construción da nova escola infantil de Burela podería estar no Concello na segunda quincena de xullo e as obras iniciaranse en setembro. Tanto os técnicos coma o alcalde, José Mª González Barcia, consideran que estes prazos poderán cumprirse. 
O rexedor contou que “na reunión mantida o pasado 25 de xuño, en Santiago de Compostela, na sede do Consorcio Galego de Benestar e Servizos Sociais co seu xerente, Roberto Rodríguez, e cos técnicos que están a redactar o proxecto da nova escola infantil para o noso concello quedou ultimado, en liñas xerais, o calendario que se seguirá a partires de agora en canto a prazos”.

González Barcia lembrou que “nosoutros no último pleno extraordinario procedemos á aprobación da adquisición por expropiación por xustiprezo do solar de 2.200 metros cadrados, con fachada á avenida da Mariña, por importe total incluídos impostos de 99.000 euros. Tal e como marca a normativa vixente houbo que publicar o acordo no Diario Oficial de Galicia. O prazo para a súa exposición pública é de 20 días hábiles, e se non me falla a memoria, remata o vindeiro 13 ou 14 de xullo”.

O alcalde burelés dixo que “a partires de aí procederemos a levantar a acta de ocupación do indicado solar, xunto cos actuais propietarios. Proceder á inscrición rexistral da mesma e logo proceder ao pago do seu custe”.

Neste sentido a edil popula, Diana Durán, conta que “o proxecto básico desa obra estea no Concello aproximadamente, como moi tarde, na segunda quincena do mes de xullo. Despois se lle podería dar licenza de obra en base a ese proxecto básico para proceder á redacción do proxecto de execución e a obra podería empezar nas primeiras semanas do mes de setembro”.

Segundo a Concelleira de Servizos Sociais “o persoal técnico entende que estes prazos non teñen demasiada complexidade para seren cumpridos. Por parte da administración local entendemos que non ten porque haber ningún tipo de atranco para cumprir estes prazos porque o trámite máis importante, que era a adopción do acordo relativo á adquisición do solar, está feito e os outros trámites son os que marca a normativa vixente”.

Para González Barcia “a xuntanza foi positiva para poñernos de acordo cos prazos e co procedemento a seguir, a pesar de que ese procedemento xa ven claro. É un paso máis de cara á consecución dun servizo que nós entendemos fundamental para o noso concello. A actual escola infantil ten lista de espera, somos conscientes de que hai familias que non inscriben aos seus fillos e fillas porque saben que non van ter sitio e polo tanto esta nova dotación socio educativa é pertinente e moi necesaria para Burela e nese sentido o que está claro é que, aínda que supón un esforzo económico importante para o Concello de Burela, non é menos certo que as familias que o precisan o van agradecer”.

OS NENOS E NENAS PARTICIPANTES DO CURSO "EDUCANDO EN FAMILIA" VISITARON A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BURELA E ASISTIRON A UN CONTACONTOS


A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade organizou o pasado martes, 24 de xuño, unha visita á biblioteca municipal, coma remate final do curso "Educando en Familia".


240614 Foto contacontos BurelaDiana Durán explica que “o que se pretende é que as familias se decaten da importancia de inculcar un hábito lector dende ben pequenos/as aos seus fill@s, así coma a súa implicación na educación das súas crianzas no tempo de lecer destas e a proporcionar un maior coñecemento e valoración do noso contorno. Alí explicáronnos as normas de utilización da sala infantil (acompañamento por persoas adultos/as, non comer nin beber, silencios, teléfonos móbiles, como gardar os contos,…), así coma do funcionamento xeral da biblioteca, como facerse socio/a, que facer para poder levar material para a casa e como punto final para esta visita contamos cun contacontos a cargo de "Caxoto Cativo" que deixou abraiados a país/nais e nenos/as”.


Ao final da xornada, fíxoxe entre dun peqeuno agasallo ás familias participantes do Programa "Educando en Familia".


CHARLA INFORMATIVA SOBRE O EMPADROAMENTO DIRIXIDA A PERSOAS ESTRANXEIRAS RESIDENTES EN BURELA

Dende o Programa de Atención a Inmigrantes da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela realizouse unha charla informativa sobre o empadroamento. Segundo explica a edil Diana Durán “neste caso estivo dirixida ás persoas estranxeiras residentes no noso municipio e na mesma informarase da normativa básica do padrón de habitantes (inscricións, cambios de domicilio, caducidade e renovación, autorizacións…). Este tema é fundamental, posto que este procedemento é imprescindible para poder optar a outros recursos como a sanidade, a escolarización, as axudas sociais ou o arraigo social”. 

A charla foi impartida o pasado 19 de xuño, ás 12:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello, onde asistiron presidentes e presidentas de varias asociacións de colectivos inmigrantes, así como veciños/as con esta condición.
OLYMPUS DIGITAL CAMERA