lunes, 30 de junio de 2014

DIANA DURÁN PARTICIPOU NA III XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE A FUNDACIÓN EU SON E A ASOCIACIÓN DE AXUDA AO ENFERMO MENTAL A MARIÑA QUE TIVO LUGAR O PASADO 25 DE XUÑO NO PAVILLÓN VISTA ALEGER DE BURELA


_MG_4444 

A III Xornada de Convivencia entre a Fundación Eu Son e a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña tivo lugar o pasado 25 de xuño no pavillón Vista Alegre de Burela en xornada matinal e vespertina, dende ás 12:00 h ata ás 17:00 h, onde a Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade participou activamente e acompañou a estes dous colectivos durante toda a xornada lúdica e de convivencia.

O evento comezou cun bonito partido entre os/as deportistas de ambas asociacións, que se tivo que resolver na tanda de penalties despois dun enfrentamento moi reñido e que contou coa colaboración especial de Juanma Marrube, Iago Miguez e Paula Cortiñas, xogadores do C.D. Burela F.S.

Despois do tempo destinado para o picnic, no que os participantes aproveitaron para repoñer forzas, tiveron lugar uns atractivos xogos lúdico-recreativos nos que os integrantes de ambos colectivos puideron practicar actividades como o beisbol, fútbol sala, baloncesto, balonmán, bolos, fresbee, voleibol, malabares, e demais xogos populares.

Xa para finalizar procedeuse a entrega de diplomas para todas as persoas participantes, a cargo do presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna, do presidente do C.D. Burela F.S., Manuel Blanco, da directora dos servicios da Fundación Eu Son, Noelia Eijo, e da presidenta da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, María Iris Castro e de Diana Durán García, Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade e membro do Patronato da Fundación EU SON.


No hay comentarios:

Publicar un comentario