jueves, 27 de septiembre de 2012

BURELA ADHERIRÁSE AO PROTOCOLO PARA A PROTECCIÓN DAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DOMÉSTICA E DE XÉNERO E CONVERTIRÁSE NUN DOS PRIMEIROS CONCELLOS DA COMARCA NA SÚA IMPLANTACIÓN.



Burela adherirase ao Protocolo de colaboración e coordinación entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e os corpos de Policía Local para a protección das vítimas de violencia doméstica e de xénero, atendendo así á proposta realizada desde a Subdelegación do Goberno en Lugo e converténdose nun dos primeiros concellos da comarca na súa implantación.   

A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, sinala que “a Administración Local como a instancia máis próxima ao cidadán, configúrase coma un espazo privilexiado para a intervención coas vítimas de violencia de xénero do termo municipal. É por iso, polo que tanto dende a Concellería de  Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade como dende a de Concellería de Obras, Urbanismo, Trafico e Protección Civil, valoramos positivamente a iniciativa proposta pola Subdelegación do Goberno en Lugo de adhesión ao devandito protocolo asinado no ano 2006 polo presidente da FEMP e polo anterior Ministro de Interior”.

O equipo de goberno entende que “a adhesión ao referido protocolo por parte do Concello de Burela será moi positiva tanto para as vítimas de violencia de xénero xa que incrementaría a súa percepción de seguridade, como tamén polo feito de que as autoridades locais, os distintos partidos políticos e a sociedade en xeral, se impliquen en combater a inaceptable situación de permanente inseguridade que sofren moitas mulleres”. 

Diana Durán subliñou que “o obxectivo fundamental do presente protocolo é establecer os criterios básicos de colaboración e de coordinación que permitan optimizar os recursos humanos e materiais das Forzas e Corpos de Seguridade existentes no temo municipal de Burela, para garantir o cumprimento eficaz das medidas xudiciais do protección ás víctimas de violencia de xénero, de conformidade co disposto no artigo  31.2 da L.O. 1/2004”. 

A responsable dos Servizos Sociais en Burela dixo que “a colaboración entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado y os Corpos de Policía Local nesta materia guiarase, en todo caso, polos seguintes criterios:
1.Proporcionar ás vítimas unha resposta policial da maior rapidez e eficacia nas situacións de risco.
2.Proporcionar unha resposta policial da máxima sensibilidade, calidade e eficiencia na atención e protección ás vítimas e evitar ás actuacións que supoñen un incremento da vitimización, especialmente a duplicidade de intervencións.
3.Proporcionar á vítima información clara e accesible sobre os dereitos recoñecidos na Lei Orgánica 1/2004 e dos recursos existentes para a efectividade de tales dereitos no ámbito territorial correspondente.
4.Facilitar a transmisión entre as Forzas e Corpos de Seguridade e os órganos xudiciais de toda a información relevante para a protección da vítima”.
Desde o equipo de goberno cren firmemente que a iniciativa proposta pola Subdelegación do Goberno en Lugo de adhesión ao citado protocolo “é necesaria no noso termo municipal”. Éste será un dos asuntos que se debatan no pleno que se celebrará no Concello de Burela o día de hoxe, xoves 27 de setembro, ás 20 horas.

O ALCALDE E A CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS MANTIVERON UN ENCONTRO CON FAMILIAS DE ENFERMOS DE ALZHEIMER PARA VER AS POSIBLES AXUDAS A PRESTAR A ESTES COIDADORES DESDE O CONCELLO. A XUNTANZA CELEBROUSE O DÍA MUNDIAL DESTA ENFERMIDADE.



O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, mantiveron un encontro con 15 familiares de enfermos de alzheimer para ver as posibles axudas que desde o Concello de Burela se lles poidan prestar a estes coidadores. 

O rexedor explicou que “en principio a nosa intención, e así se lles expuxo, é a de colaborar na medida das nosas posibilidades con estes coidadores de enfermos de alzheimer. É unha situación moi complexa, que ás veces incluso carrexa mesmo problemas de saúde para os propios coidadores. Nós somos conscientes desde o Concello de que dalgunha forma hai que botarlles unha man”.

González Barcia lembrou que “agora mesmo aquí, en Burela, hai un centro de día, na residencia da terceira idade, onde se acolle a persoas que padecen alzheimer ademais doutras enfermidades neurodexenerativas. E desde o Concello nos brindamos fundamentalmente a colaborar con eles na organización dunha asociación que aglutine aos coidadores, ás familias dos enfermos de alzheimer, para axudarlles na tramitación de toda a documentación e conseguir así liñas de axuda, subvencións, etcétera para paliar esa situación que os coidadores moitas veces teñen. Neste sentido a intención nosa é poñelos en contacto con colectivos semellantes que están xa traballando e operando noutros puntos da nosa comunidade autónoma”.
Alcalde, concelleira de Servizos Sociais e familiares manterán un novo encontro o día 8 de outubro, luns, “para acabar de concretar e definir a constitución da asociación e ver qué pasos comezamos a dar”, sinalou Diana Durán.

O rexedor dixo ser consciente “dos efectos positivos que pode e debe ter a constitución desta asociación. A consecución de axudas, subvencións, etcétera non se van plasmar nin tan sequera a medio prazo, os efectos vanse a ver a longo prazo, pero eu creo que desde a administración municipal temos que abrir unha porta á colaboración con esas persoas nas medida das nosas posibilidades. Somos plenamente conscientes de que os recursos agora mesmo son limitados, pero eu creo que si colaboramos con eles e si nos organizamos os logros poden e deber vir, sempre en beneficio precisamente desas persoas que viven día a día e de forma moi directa as implicacións e a consecuencias das enfermidades neurodexenerativas”.

E engadiu que “a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, vai comezar xa a dar pasos nese sentido, coñece ao persoal de Servizos Sociais, e nesa reunión do luns día 8 de outubro seguramente que acabaremos xa por concretar e por definir cales van ser os primeiros pasos que imos dar para intentar axudar na medida das nosas posiblidades a esas persoas”. 

O encontro producíase na xornada na que se celebra o día mundial do alzheimer, o pasado venres 21 de setembro.

jueves, 13 de septiembre de 2012

O EQUIPO DE GOBERNO DESTINA 4.000 EUROS ÁS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2012/13. ATA O VINDEIRO 10 DE OUTUBRO PODERÁN SOLICITARSE NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS.


O Concello de Burela a través da delegación de Servizos Sociais convoca as axudas para adquisición de material escolar para o curso 2012/13. Están destinadas ós/ás alumnos/as empadroados/as e escolarizados/as en Burela nos seguintes cursos: Infantil (3, 4 e 5 anos), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

Segundo informa a Concellería de Servizos Sociais poderán solicitar ditas axudas:
1.- Todas aquelas persoas que non dispoñan de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados para este concepto; é decir, que os ingresos non sexan superiores ao importe do subsidio básico máis o complemento familiar de RISGA (Renta de Integración Social de Galicia) que lle correspondería a cada caso en función do número de persoas que conforman cada unidade familiar, entendendo por esta a composta por nais, pais, titores/as ou acolledores/as e os/as menores.
2.- Estar empadroados en Burela.
3.- Estar matriculados/as en centros de ensinanza ubicados no termo municipal de Burela.
4.- Presentar a solicitude dentro do plazo sinalado, xunto á documentación esixida.

Diana Durán subliña que “o Concello de Burela destina para este curso escolar 4.000 euros para facer frente ás axudas de material escolar. Dende a Concellería de Servizos Sociais priorizamos esta partida á hora de facer os presupostos. No curso anterior 2011/12 destináronse 1.700 euros a este fin, xa que os presupostos estaban feitos polo anterior goberno bipartito, e nós agora incrementámola ata os catro mil euros”.

O importe máximo de cada unha das axudas non superará:
- 75 euros para Educación Infantil.
- 60 euros para Educación Primaria e Educación Secundaria Obligatoria.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 10 de outubro. As solicitudes realizaranse no departamento municipal de Servizos Sociais do Concello de Burela, a onde as persoas interesadas se dirixirán para que se lles facilite a solicitude xunto coa documentación que deben achegar.

O ALCALDE DE BURELA AGRADECE A VISITA DA REPRESENTANTE DA XUNTA DE IGUALDADE

GONZÁLEZ BARCIA ASEGURA QUE A VISITA DA SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE É UN RECOÑECEMENTO DA XUNTA Á IMPORTANCIA QUE TEÑEN EN BURELA OS SERVIZOS SOCIAIS. O EQUIPO DE GOBERNO SEGUIRÁ A TRABALLAR NA MESMA LIÑA QUE ATA O DE AGORA.

O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, valorou de xeito moi positivo a visita cursada durante o martes 11 de setembro ao Concello e a varios centros privados pola Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella. Para Barcia trátase dun recoñecemento da Xunta á importancia que os servizos sociais teñen en Burela.

O rexedor dixo que a visita de López Abella “significa un recoñecemento explícito por parte da Xunta da importancia que os servizos sociais están a ter en Burela. Tamén o respaldo do propio goberno galego ás políticas que en materia de igualdade se están a levar a cabo desde este Concello e desde institucións privadas coma o centro San Aníbal”.

González Barcia lembrou que “desde a Secretaría Xeral de Igualdade se concederon prácticamente 45.000 euros de subvención para o CIM de Burela. Trátase da cifra máis importante concedida en toda Galicia a este tipo de centros e é a cifra máis alta á que se podía optar”. O alcalde burelés dixo que “o CIM foi posto en marcha por un equipo de goberno do PP, cando era concelleira de Servizos Sociais, Raquel Río, e agora ten continuidade con toda a forza que podemos ter neste momento con outro goberno do PP, pero antes e agora contamos co apoio decidido da Xunta de Galicia”.

José Mª González Barcia subliñou o recoñecemento que con esta visita de Susana López Abella “se está a facer ao traballo que en materia de igualdade e servizos sociais se realiza non só desde o Concello senón tamén ao que se fai desde a congregación relixiosa das Hijas del Divino Celo. Nós desde o Concello somos conscientes que si un día houbese que pechar as instalacións desta congregación relixiosa teríamos un problema moi serio en materia de prestación de servizos sociais aquí en Burela porque nin nós nin a Xunta temos agora mesmo capacidade suficiente para xestionar servizos sociais como o están a facer elas”. 

O alcalde de Burela amosóuse satisfeito pola visita da secretaria xeral de Igualdade e indicou que “seguiremos a traballar exactamente igual que o fixemos na etapa anterior, exactamente igual que o estamos a facer este ano sin mermar ningún tipo de servizo. Estamos facendo prácticamente o mesmo que hai un ano, poñendo incluso en marcha outros servizos coma o centro de traducción para persoas maltratadas e a nosa aposta é clara e nítida. Seguiremos a facer o mesmo, pero con menos presuposto que antes. A aportación da Xunta é enormemente importante, pero os nosos ingresos baixan, eso sí, seguiremos a traballar na liña que viñemos mantendo ata o de agora”.

RAPACES E RAPAZAS DE EU SON DE BURELA ACUDIRON Á CASA DA CULTURA A DISFRUTAR DO XOGO XIGANTE DOS RESIDUOS DE SOGAMA

O martes 11 de setembro, rapaces e rapazas da FUNDACIÓN Eu Son de Burela acudiron á Casa da Cultura a disfrutar do xogo xigante dos residuos de Sogama.


Segundo explica a Concelleira de Medio Ambiente Patricia López Eijo “dito xogo está orientado para mozos e mozas co fin de inculcarlles boas prácticas na aplicación do principio das 3 erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe). Neste xogo préstase especial atención á axeitada separación dos refugallos en orixe e o posterior depósito dos mesmos nos distintos contedores de recollida selectiva".


A Concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, agradece á Delegación de Medio Ambiente a acollida e participación nesta actividade á FUNDACIÓN EU SON, e sinala que "un total de 120 preguntas identificadas por cores poñen a proba os coñecementos do alumnado na materia, permitíndolles aprender, ao tempo que se divirten e entreteñen”. O xoves será a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental, a que acuda á Casa da Cultura a participar nesta actividade coa axuda das monitoras de Gaia, tal e como fixeron este martes os rapaces e rapazas de Eu Son.


O EQUIPO DE GOBERNO AGARDA AMPLIAR O NÚMERO DE PERSOAS BENEFICIARIAS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA. NA ACTUALIDADE CONTA CON 30 USUARIOS/AS A QUENES LLES PRESTA 17.220 HORAS DE ATENCIÓN ANUAIS.


O equipo de goberno agarda ampliar o número de beneficiarios/as do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia, segundo ven de confirmar a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán. Na actualidade son 30 as persoas usuarias. O luns 10 de setembro abordóuse en pleno extraordinario a proposta da mesa de contratación da xestión do servizo.

Cos votos a favor do PP e do PSOE e a abstención do BNG aprobóuse a proposta da mesa de contratación sobre a clasificación das proposicións presentadas polos licitadores no procedemento de adxudicación do contrato de xestión do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia. A adxudicación realizouse por procedemento aberto, multiplicidade de criterios de valoración e tramitación urxente mediante a modalidade de concesión. O servizo será prestado pola mesma empresa que o está a realizar na actualidade, porque a súa oferta foi a mellor das presentadas.

A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, explicou que “agora o procedemento seguirá o seu curso normal. O obxectivo é estabilizar o servizo de axuda no fogar e mellorar a súa calidade”. A edil popular engadiu que “usuarios a traballadoras beneficiaránse das repercusións positivas que terá dita xestión”.

Durán subliñou que “o que agardamos desde o equipo de goberno é ampliar o número de persoas beneficiarias”. Na actualidade o servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia conta con 30 usuarios/as e presta un total de 17.220 horas de atención ao ano”.

lunes, 10 de septiembre de 2012

HOXE LUNS, 10 DE SETEMBRO, TRATARASE EN SESIÓN PLENARIA EXTRAORDINARIA A PROPOSTA DA MESA DE CONTRATACIÓN DA XESTIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DE MODALIDADE DE DEPENDENCIA. DIANA DURÁN DIXO QUE A MELLOR OFERTA FOI A PRESENTADA POLA EMPRESA QUE XA SE ENCARGA DESTAS LABORES.



Hoxe luns, 10 de setembro, ás 12 da mañá celebrarase unha sesión plenaria extraordinaria no Concello de Burela onde a orde do día será a proposta da mesa de contratación sobre a clasificación das proposicións presentadas polos licitadores no procedemento de adxudicación do contrato de xestión do servizo de axuda  no fogar na modalidade de dependencia. A adxudicación realizouse por procedemento aberto, multiplicidade de criterios de valoración e tramitación urxente mediante a modalidade de concesión. 

En total presentáronse 4 empresas, 3 fixérono en tempo e forma e 1 fora de prazo, segundo os datos que deu a coñecer a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán. A edil popular explicou que “das tres firmas que concorreron, dúas presentaron toda a documentación esixida correctamente e unha non acreditou a solvencia técnica. Ésta contou cun prazo legal de tres días para arranxar este problema, pero finalmente quedou excluída do concurso porque non presentou tampouco o certificado de ter prestado servizos públicos ou privados coma os que tería que realizar en Burela”.

Durán subliñou que “a mesa de contratación, por unanimidade dos seus membros, adheríuse ao informe técnico elaborado pola traballadora social do Concello. E despois de analizar e puntuar as dúas ofertas que presentaron toda a documentación correctamente será a empresa que xa estaba a prestar o servizo de axuda no fogar no Concello a que continúe a facelo. A súa foi a mellor oferta presentada e tamén a organización e planificación do traballo a realizar”. 

Da mesa de contratación formaron parte o alcalde, a concelleira de Servizos Sociais, a secretaria municipal, a interventora do Concello e a traballadora social, e como secretario actuou un técnico administrativo.