jueves, 13 de septiembre de 2012

O EQUIPO DE GOBERNO DESTINA 4.000 EUROS ÁS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2012/13. ATA O VINDEIRO 10 DE OUTUBRO PODERÁN SOLICITARSE NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS.


O Concello de Burela a través da delegación de Servizos Sociais convoca as axudas para adquisición de material escolar para o curso 2012/13. Están destinadas ós/ás alumnos/as empadroados/as e escolarizados/as en Burela nos seguintes cursos: Infantil (3, 4 e 5 anos), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

Segundo informa a Concellería de Servizos Sociais poderán solicitar ditas axudas:
1.- Todas aquelas persoas que non dispoñan de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados para este concepto; é decir, que os ingresos non sexan superiores ao importe do subsidio básico máis o complemento familiar de RISGA (Renta de Integración Social de Galicia) que lle correspondería a cada caso en función do número de persoas que conforman cada unidade familiar, entendendo por esta a composta por nais, pais, titores/as ou acolledores/as e os/as menores.
2.- Estar empadroados en Burela.
3.- Estar matriculados/as en centros de ensinanza ubicados no termo municipal de Burela.
4.- Presentar a solicitude dentro do plazo sinalado, xunto á documentación esixida.

Diana Durán subliña que “o Concello de Burela destina para este curso escolar 4.000 euros para facer frente ás axudas de material escolar. Dende a Concellería de Servizos Sociais priorizamos esta partida á hora de facer os presupostos. No curso anterior 2011/12 destináronse 1.700 euros a este fin, xa que os presupostos estaban feitos polo anterior goberno bipartito, e nós agora incrementámola ata os catro mil euros”.

O importe máximo de cada unha das axudas non superará:
- 75 euros para Educación Infantil.
- 60 euros para Educación Primaria e Educación Secundaria Obligatoria.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 10 de outubro. As solicitudes realizaranse no departamento municipal de Servizos Sociais do Concello de Burela, a onde as persoas interesadas se dirixirán para que se lles facilite a solicitude xunto coa documentación que deben achegar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario