jueves, 13 de septiembre de 2012

O ALCALDE DE BURELA AGRADECE A VISITA DA REPRESENTANTE DA XUNTA DE IGUALDADE

GONZÁLEZ BARCIA ASEGURA QUE A VISITA DA SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE É UN RECOÑECEMENTO DA XUNTA Á IMPORTANCIA QUE TEÑEN EN BURELA OS SERVIZOS SOCIAIS. O EQUIPO DE GOBERNO SEGUIRÁ A TRABALLAR NA MESMA LIÑA QUE ATA O DE AGORA.

O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, valorou de xeito moi positivo a visita cursada durante o martes 11 de setembro ao Concello e a varios centros privados pola Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella. Para Barcia trátase dun recoñecemento da Xunta á importancia que os servizos sociais teñen en Burela.

O rexedor dixo que a visita de López Abella “significa un recoñecemento explícito por parte da Xunta da importancia que os servizos sociais están a ter en Burela. Tamén o respaldo do propio goberno galego ás políticas que en materia de igualdade se están a levar a cabo desde este Concello e desde institucións privadas coma o centro San Aníbal”.

González Barcia lembrou que “desde a Secretaría Xeral de Igualdade se concederon prácticamente 45.000 euros de subvención para o CIM de Burela. Trátase da cifra máis importante concedida en toda Galicia a este tipo de centros e é a cifra máis alta á que se podía optar”. O alcalde burelés dixo que “o CIM foi posto en marcha por un equipo de goberno do PP, cando era concelleira de Servizos Sociais, Raquel Río, e agora ten continuidade con toda a forza que podemos ter neste momento con outro goberno do PP, pero antes e agora contamos co apoio decidido da Xunta de Galicia”.

José Mª González Barcia subliñou o recoñecemento que con esta visita de Susana López Abella “se está a facer ao traballo que en materia de igualdade e servizos sociais se realiza non só desde o Concello senón tamén ao que se fai desde a congregación relixiosa das Hijas del Divino Celo. Nós desde o Concello somos conscientes que si un día houbese que pechar as instalacións desta congregación relixiosa teríamos un problema moi serio en materia de prestación de servizos sociais aquí en Burela porque nin nós nin a Xunta temos agora mesmo capacidade suficiente para xestionar servizos sociais como o están a facer elas”. 

O alcalde de Burela amosóuse satisfeito pola visita da secretaria xeral de Igualdade e indicou que “seguiremos a traballar exactamente igual que o fixemos na etapa anterior, exactamente igual que o estamos a facer este ano sin mermar ningún tipo de servizo. Estamos facendo prácticamente o mesmo que hai un ano, poñendo incluso en marcha outros servizos coma o centro de traducción para persoas maltratadas e a nosa aposta é clara e nítida. Seguiremos a facer o mesmo, pero con menos presuposto que antes. A aportación da Xunta é enormemente importante, pero os nosos ingresos baixan, eso sí, seguiremos a traballar na liña que viñemos mantendo ata o de agora”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario