lunes, 21 de mayo de 2012

RS... simplemente MOITÍSIMAS GRACIAS!!!

RS... simplemente MOITÍSIMAS GRACIAS!!!

A finais de abril levei unha grata sorpresa ao ler no xornal dixital da Mariña Lucense Cronica3, na súa sección de "opinión", o artigo dunha persoa anónima onde expón o seu parecer sobre o centro de día para persoas con discapacidade intelectual e a súa polémica apertura. E digo polémica porque si houbese respeto a estas familias este equipamento non debería ser motivo de debate político, e é mais, atrévome a dicir de "debate antipolítico", porque a miña humilde opinión é que as persoas adicadas á política estamos para servir a todos os veciños, independentemente da cor política que defendan ou de si son apolíticos, do Betis ou do Real Valladolid, en definitiva, estamos para servir á comunidade en xeral e ás persoas en particular. Esto é o que veño defendendo xunto ao equipo de goberno ao que eu pertenzo, pero parece ser que a oposición actualmente existente non entende que o centro de día está para atender a unhas persoas con necesidades específicas e ás súas familias e é mais importante desvirtuar a realidade con tal de botar o traballo de compañeiros (se así nos podemos chamar) por terra, ao prezo que sexa, prezo que neste caso non se traduce en euros senón en malestar de persoas. O que mais me indigna é que ninguén da oposición se dignou a preguntarme nunca nada sobre o centro (nin sobre outro tema da miña delegación). Élles mais fácil intentar cargarse o traballo dunha persoa que pon todo da súa parte e para colmo xogar cos intereses das familias e persoas afectadas. É por todo isto RS QUE CHE DOU AS GRACIAS MIL VECES, porque as túas palabras resumen o porqué da miña presencia neste Concello, no noso Concello de Burela: ganas, coñecemento e moito traballo.

RS: seguramente que te coñeza, ainda que non sei quen eres. Gustaríame darche as gracias en persoa, e é por iso que che adico estas palabras de agradecemento. O que ti relatas dalle sentido ao traballo do meu día a día. Que alguén poida ver que nestes tempos difíciles non se tira a toalla tan facilmente, que os baches atopados no camiño (que son moitísimos) se poden saltar e que turrar contra as paredes fan que estas se abranden, como ti ben dis, é o que me fai seguir traballando por e para o noso pobo, cos poucos recursos que a día de hoxe manexamos, pero que lonxe de amedrentarme me inxectan mais gañas de poñer da miña parte.

A continuación, aparece a opinión de RS publicada en Crónica3.

Sobre o centro de día de Burela

26-04-12

Levo unhas semanas un pouco desconcertada co centro de día de Burela e enfadada tamén! Uns din que abren, outros din que non, uns din que menten os outros e os outros din que menten estes!

Miren, por sorte ou por desgraza, logo de superalo eu considéroo unha sorte, comparto a miña familia cunha persoa con D.I grave, cunha parálises total do hemisferio esquerdo. Levamos anos, moitos anos pelexando para que se abra en Burela un centro como este e teño que dicir, considerándome antipolítica, que a concelleira de Asuntos Sociais que agora mesmo rexenta o concello é unha profesional dos pés á cabeza! non é de estrañar partindo de que en Ferreira falasen e falen marabillas dela, profesionalmente falando.

Recordo señora Neves, teño que dirixirme a vostede, que estando daquela naquel despacho fun ben perdida pedindo información sobre o servizo e a súa resposta deume a entender que non tiña “nin pajolera idea” do que lle estaba a preguntar, un pouco vergonzoso, sendo este parte do seu traballo, simplemente soubo dicirme que “non é aínda pa esta”.
Na actualidade, requirín a mesma información e podo dicir que esta foi clara e concisa e en ningún momento me sentín enganada nin creo que o pobo, como di vostede se sinta así. Gozo de datos coma que o centro se vai abrir aproximadamente a finais de verán, si con custos moi altos para as familias pero a día de hoxe sería de ilusos crer que os de arriba van soltar cartos a barrer para que o servizo funcione. Con máis axuda da Xunta ou con menos, con moitos cartos ou con poucos, as inquedanzas desta concelleira, a forza por acadar as cousas e a enteireza que ten para loitar pola apertura deste centro non ten prezo así que aprendan, polo menos aprendan a que non se pode tirar a toalla, que os baches atopados no camiño pódense saltar e que “turrar contra as paredes” fan que estas se abranden. Polo menos hai ganas, hai moito traballo por parte desta concellería, entendo disto e dígovos que moito é moito.
Agora sí, algo que podo e debo de dicir: deixen de criticar un servizo polo que eu sei que non loitaron e o pobo de Burela tamén o debe de saber. Se este servizo funciona, será gracias á dirección da Fundación Eu Son e ó traballo de Diana Durán. Nada máis que iso. Non esquezan que vostedes tiveron catro anos para intentalo, e non o fixeron, claro, na súa lexislatura era de suma importancia xestionar cartos para o Fútbol Sala… os discapacitados aínda podían aguantar un pouco máis nas súas casas.
Pénseno porque eu sentiría vergoña.
RS

domingo, 6 de mayo de 2012

A VERDADE SOBRE O CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL


"Listo para utilizar dende fai 2 anos, o centro de día construido en Burela para atender a persoas con discapacidade intelectual segue cerrado". Esto foi o que nunha iniciativa parlamentaria, o diputado nacionalista Manuel Parga denunciou, ao que dende o goberno municipal popular de Burela lle recordamos que estamos a facer todo o posible para abrir dito equipamento no menor prazo posible. É mais, SE FAI 2 ANOS ESTIVERA O PARTIDO POPULAR MUNICIPAL NO GOBERNO ASEGURÁMOSLLE QUE NON SE DESPERDICIARÍA A OPORTUNIDADE DE TRAMITAR O CONCERTO DAS PRAZAS. PERO CLARO, ACÓRDANSE AGORA E PIDEN EXPLICACIÓNS MEDIANTE PROPOSTAS SEN SENTIDO NO PARLAMENTO, SEN PREGUNTAR NIN UNHA SOA VEZ AO SEÑOR ALCALDE, Á CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS, AO PADROADO DA FUNDACIÓN, AOS PROPIOS SERVIZOS SOCIAIS OU Á DIRECCIÓN DO CENTRO POLAS XESTIÓNS ACTUAIS ¿COMO QUEREN INFORMAR ÁS FAMILIAS SE NEN SEQUERA ESTÁN VOSTEDES INFORMADOS? ¿QUE CLASE DE INCIATIVAS PROPOÑEN? 

Dende o Equipo de Goberno Municipal avergonzámonos desta actitude dun diputado a nivel autonómico, que lonxe de aportar alternativas confunde ás familias que son as realmente perxudicadas pola súa falta de sensibilización. E da señora do Grupo Mixto... millor non dicir nada, porque nada positivo hai que dicir. Non se dignou nin unha soa vez en manter unha conversa coa Concelleira de Servizos Sociais, quen lle recorda que no Consistorio estamos sempre coas portas abertas para informar de todas cantas cuestións sexan da nosa competencia, tanto a persoas veciñas como a membros da oposición. Pero claro, debe ser que a esta señora lle gustan mais os "chismes" que vir beber da fonte limpa, ou ¿será que para ela "informarse" é sinónimo de "rebaixarse"? Miren, señores/as do BNG ou do que queda do mesmo: O CENTRO DE DÍA CONTA CON TODOS OS REQUISITOS PARA ABRIR, PERO SOAMENTE ABRIRÁ SE SE CONTA CUN NÚMERO MÍNIMO DE PERSOAS USUARIAS PARA POÑELO EN FUNCIONAMENTO, PORQUE TAL E COMO ESTÁ IDEADO O FUNCIONAMENTO DO CENTRO MAÑÁ MESMO PODERÍAMOS ANUNCIAR A SÚA INAUGURACIÓN, PERO PARA O EQUIPO DE GOBERNO MUNICIPAL É INFINITAMENTE MAIS IMPORTANTE O BENESTAR E UN FUTURO SEGURO E ESTABLE DAS FAMILIAS NESTE CENTRO, QUE SAIR NUNHA FOTO. NA FOTO SAIRASE SE EXISTE UN NÚMERO MÍNIMO DE FAMILIAS QUE GARANTAN A APERTURA E A SÚA CONTINUIDADE.
 
Así mesmo, según o parlamentario Parga, o centro está inutilizado porque a Xunta no aporta fondos para que funcione. ESTE É O PROBLEMA DO SEÑOR PARGA E DA XENTE DO SEU GRUPO POLÍTICO (OU DO QUE QUEDA DEL): SE NON HAI CARTOS CONTANTES E SONANTES NON TEÑEN LUCECIÑAS PARA LEVAR A CABO NENGÚN PROXECTO. O FÁCIL É QUE CHE POÑAN O CHEQUE ENRIBA DA MESA, O DIFÍCIL É FACER ENXENERÍA SOCIAL, E PARA ESO ESTAMOS NÓS: O PARTIDO POPULAR.
 
Diana Durán, concelleira popular burelense que dirixe Servizos Sociais, explica que ela mesma e o alcalde Xosé González  Barcia trataron este tema -de absoluta priporidade para o Equipo de Goberno Popular- coa Secretaria Autonómica de Política Social (Coro Piñeiro) e coa Conselleira de Benestar (Beatriz Matro). Añade a edila que moito antes de facerse pública a iniciativa parlamentaria do BNG, explicouse polo miudo no Padroado da Fundación Eu Son as súas xestións «para abrir o centro de día á maior brevidade posible», estando os membros do mesmo totalmente de acordo e con apoio unánime ante as xestións da concelleira popular e por parte mesmo da dirección do centro, quenes se reuniron en varias ocasións coa Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en materia de dependencia. 

Durán indica que xa comezaron as entrevistas coas familias, convocadas no propio centro de día para que coñezan de primeira man as instalacións, así como para informalas e asesoralas das características do seu funcionamento (horario, atencións básicas, servizos complementarios), así como para esclarecer cantas dúbidas mostren, que realmente son quenes teñen que dispoñer de toda a información.

A edila Durán reprocha ao anterior goberno bipartito de Burela porque, sostén, «non foron capaces de tramitar ningunha praza concertada» para aproveitar o centro de día cando aínda existían os concertos destas características. Según os datos que aporta, no mes de marzo de 2010 a Xunta de Galicia autorizou o inicio de actividades nese servicio asistencial. Fai un ano, agrega a concelleira burelesa, como nunca funcionou, a Xunta permiteulle á Fundación Eu Son deixar en suspenso o permiso para poñelo en marcha, estando o cese prorrogado ata o próximo 26 de outubro. 

Durán conclúe indicando "que non lle quede a ninguén dúbida de que se está a traballar de xeito exemplar a prol do centro dende o Equipo de Goberno Municipal e dende a dirección do mesmo, pese a quen lle pese. Esperamos atopar un número mínimo de familias para a apertura deste servizo tan interesante para a poboación, non só de Burela, senón de toda a comarca; eso sí, non a calqueira prezo".

BURELA PREVÉ MEDRAR A UN RITMO DE 125 VIVENDAS CADA ANO


PREVISIÓN PARA O 2050: 18.004 habitantes  
Crecemento poboacional: o Plan Xeral inclúe a proxección demográfica 
e a do parque de vivendas no Concello de Burela.                      

O PXOM ESTÁ A EXPOSICIÓN ATA O 8 DE MAIO. O Goberno popular explica o plan polos barrios, co obxectivo de informar en profundidade o amplo traballo desenvolvido polo equipo de técnicos que se resume no PXOM. Esta tarefa é complementaria ao asesoramento que xa prestan os técnicos no edicificio de Capitania Marítima, de luns a venres, de de 9.00 a 14.00 horas. O PXOM, aprobado inicialmente a principios de marzo, seguirá a exposición pública ata o 8 de maio, día en que conclua a exposición e a recollida de alegacións, que deben presentarse no rexistro municipal.


O Plan Xeral de Ordenación Municipal é a ferramenta que diseña o desenrolo urbanísticode Burela para as próximas décadas. O documento analiza a evolución do parque de vivendas, hoxe de 6.161, e fi xa en 9.911 as que haberá no horizonte do 2040. Tendo en conta a dinámica dos últimos dez anos, a previsión de crecemento é de 125 viviendas anuais. O PXOM establece unha capacidade residencial de 10.443. Os técnicos non pasan por alto a proxección demográfica.Si nol 2010 se contabilizaban 6.161 viviendas e 9.536 habitantes, o plan xeral contempla unha evolución progresiva e continua que levaría a contabilizar no 2030 8.661 viviendas e 13.103 habitantes, e 11.161 casas e 18.004 veciños/as vinte aos máis tarde.

En liñas moi xerais, o documento establece que a rede de servizos deberá mellorarse, atendendo así ao crecemento poboacional. A rede de saneamento está diseñada para tartar unha carga diaria de 14.700 habitantes, pero non será suficiente para atender a demanda futura, polo que será necesario ampliar a EDAR. Atendendo ao PXOM non será necesario ampliar a rede de abastecemento; os depósitos e a planta de tratamento de auga contan cunha capacidade suficiente para facer frente ao desarrollo.

O plan contempla a dotación de chan para a ampliación do Hospital da Costa, identifica a carencia de zonas verdes e a necesidade de integrar os núcleos de Burela de Cabo, Vilar e Vila do Medio na malla urbana, conformando áreas históricas dentro de chan urbano. Os técnicos aconsellan priorizar a compactación da vila mediante operacións de reforma interior frente a novos desarrollo, proxectando no PXOM o futuro desenvolvemento dun cinturón de zonas verdes a carón do mar "tratando de ocultar as medianeiras e as traseiras das plantas baixas". Inclúese a mellora da fachada marítima e a reserva do chan industrial en zonas claramente diferenciadas: unha ligada ao chan urbano e as actividades locais e a outra na zona oeste do Concello, nas proximidades da futura autovía, asociada a actividades económicas de rango comarcal.