lunes, 21 de mayo de 2012

RS... simplemente MOITÍSIMAS GRACIAS!!!

RS... simplemente MOITÍSIMAS GRACIAS!!!

A finais de abril levei unha grata sorpresa ao ler no xornal dixital da Mariña Lucense Cronica3, na súa sección de "opinión", o artigo dunha persoa anónima onde expón o seu parecer sobre o centro de día para persoas con discapacidade intelectual e a súa polémica apertura. E digo polémica porque si houbese respeto a estas familias este equipamento non debería ser motivo de debate político, e é mais, atrévome a dicir de "debate antipolítico", porque a miña humilde opinión é que as persoas adicadas á política estamos para servir a todos os veciños, independentemente da cor política que defendan ou de si son apolíticos, do Betis ou do Real Valladolid, en definitiva, estamos para servir á comunidade en xeral e ás persoas en particular. Esto é o que veño defendendo xunto ao equipo de goberno ao que eu pertenzo, pero parece ser que a oposición actualmente existente non entende que o centro de día está para atender a unhas persoas con necesidades específicas e ás súas familias e é mais importante desvirtuar a realidade con tal de botar o traballo de compañeiros (se así nos podemos chamar) por terra, ao prezo que sexa, prezo que neste caso non se traduce en euros senón en malestar de persoas. O que mais me indigna é que ninguén da oposición se dignou a preguntarme nunca nada sobre o centro (nin sobre outro tema da miña delegación). Élles mais fácil intentar cargarse o traballo dunha persoa que pon todo da súa parte e para colmo xogar cos intereses das familias e persoas afectadas. É por todo isto RS QUE CHE DOU AS GRACIAS MIL VECES, porque as túas palabras resumen o porqué da miña presencia neste Concello, no noso Concello de Burela: ganas, coñecemento e moito traballo.

RS: seguramente que te coñeza, ainda que non sei quen eres. Gustaríame darche as gracias en persoa, e é por iso que che adico estas palabras de agradecemento. O que ti relatas dalle sentido ao traballo do meu día a día. Que alguén poida ver que nestes tempos difíciles non se tira a toalla tan facilmente, que os baches atopados no camiño (que son moitísimos) se poden saltar e que turrar contra as paredes fan que estas se abranden, como ti ben dis, é o que me fai seguir traballando por e para o noso pobo, cos poucos recursos que a día de hoxe manexamos, pero que lonxe de amedrentarme me inxectan mais gañas de poñer da miña parte.

A continuación, aparece a opinión de RS publicada en Crónica3.

Sobre o centro de día de Burela

26-04-12

Levo unhas semanas un pouco desconcertada co centro de día de Burela e enfadada tamén! Uns din que abren, outros din que non, uns din que menten os outros e os outros din que menten estes!

Miren, por sorte ou por desgraza, logo de superalo eu considéroo unha sorte, comparto a miña familia cunha persoa con D.I grave, cunha parálises total do hemisferio esquerdo. Levamos anos, moitos anos pelexando para que se abra en Burela un centro como este e teño que dicir, considerándome antipolítica, que a concelleira de Asuntos Sociais que agora mesmo rexenta o concello é unha profesional dos pés á cabeza! non é de estrañar partindo de que en Ferreira falasen e falen marabillas dela, profesionalmente falando.

Recordo señora Neves, teño que dirixirme a vostede, que estando daquela naquel despacho fun ben perdida pedindo información sobre o servizo e a súa resposta deume a entender que non tiña “nin pajolera idea” do que lle estaba a preguntar, un pouco vergonzoso, sendo este parte do seu traballo, simplemente soubo dicirme que “non é aínda pa esta”.
Na actualidade, requirín a mesma información e podo dicir que esta foi clara e concisa e en ningún momento me sentín enganada nin creo que o pobo, como di vostede se sinta así. Gozo de datos coma que o centro se vai abrir aproximadamente a finais de verán, si con custos moi altos para as familias pero a día de hoxe sería de ilusos crer que os de arriba van soltar cartos a barrer para que o servizo funcione. Con máis axuda da Xunta ou con menos, con moitos cartos ou con poucos, as inquedanzas desta concelleira, a forza por acadar as cousas e a enteireza que ten para loitar pola apertura deste centro non ten prezo así que aprendan, polo menos aprendan a que non se pode tirar a toalla, que os baches atopados no camiño pódense saltar e que “turrar contra as paredes” fan que estas se abranden. Polo menos hai ganas, hai moito traballo por parte desta concellería, entendo disto e dígovos que moito é moito.
Agora sí, algo que podo e debo de dicir: deixen de criticar un servizo polo que eu sei que non loitaron e o pobo de Burela tamén o debe de saber. Se este servizo funciona, será gracias á dirección da Fundación Eu Son e ó traballo de Diana Durán. Nada máis que iso. Non esquezan que vostedes tiveron catro anos para intentalo, e non o fixeron, claro, na súa lexislatura era de suma importancia xestionar cartos para o Fútbol Sala… os discapacitados aínda podían aguantar un pouco máis nas súas casas.
Pénseno porque eu sentiría vergoña.
RS

No hay comentarios:

Publicar un comentario