viernes, 24 de agosto de 2012

O CONCELLO DESTINA NESTE EXERCIZO PRETO DE 200.000 EUROS MÁIS QUE O ANO PASADO AOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS. DIANA DURÁN ASEGURA QUE “APOSTAMOS DECIDIDAMENTE POLOS NOSOS MAIORES E POLA XENTE QUE NOS NECESITA”.


Burela, 25 de maio de 2012. O Concello destina neste 2012 preto de 200.000 euros máis que o ano pasado ao servizos sociais comunitarios. Neste apartado están incluídos o concerto de mantemento e a axuda no fogar, tanto a atención básica coma a dependencia.
O presuposto dos servizos sociais comunitarios para este ano ascende a 601.101,18 euros, arredor de 186.000 euros máis que no 2011, segundo os datos facilitados pola concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán. Ese departamento conta con dúas traballadoras sociais e unha educadora familiar “e inclúe o concerto de mantemento dos servizos sociais comunitarios e a axuda no fogar, tanto a atención básica coma a dependencia”. A edil popular indica que “aí está implícita a xestión dos programas de atención temperá, emerxencia social, prevención da dependencia, ximnasia preventiva e fisioterapia, educación e sensibilización sociocomunitaria e tamén diagnóstico social participativo”.
Ao ano o servizo de atención temperá, que ten carácter comarcal e no que traballan dúas persoas, supón un desembolso de 63.867,90 euros. A emerxencia social destínanse 6.000 euros. Prevención da dependencia, que inclúe os programas Dalle vida aos teus anos e Apoio á dependencia, conta cun orzamento de 23.200 euros. Á ximnasia preventiva e fisioterapia destínanse 24.700 euros. Educación e sensibilización sociocomunitaria, é decir a educación maternal e as actividades do CIM contan cun presuposto de 36.811,23 euros. E o diagnóstico social participativo (colectivos con necesidades específicas) supón un gasto de 30.000 euros anuais.
Diana Durán explica que “dos 601.101,18 euros do orzamento total dos servizos sociais comunitarios, solicítanse á Xunta un total de 428.301,29 euros, e a outras fontes de financiamento, como por exemplo á Deputación Provincial de Lugo, demandámoslle 74.394,64 euros para axuda no fogar, ximnasita preventiva e fisioterapia. E pedimos outros 11.464 euros con cargo á subvención de abandono escolar. E o Concello destina de fondos propios aos servizos sociais comunitarios 86.940,75 euros”. A concelleira que dirixe este departamento asegura que “nestes tempos difíciles nos que a todos nos toca apretar o cinto non podemos baixar a garda nos servizos sociais e apostamos decididamente pola atención aos nosos maiores, á xente con necesidades específicas, á xente nunha situación de emerxencia social… de aí que neste 2012 ampliásemos o noso presuposto”.
Durán adiantou que “o Concello de Burela xa recibiu da Xunta o anticipo das axudas para servizos sociais, cinco meses antes que no ano anterior. Recibimos xa o 50% do custe das dúas traballadoras sociais e o primeiro trimestre da axuda no fogar. Estamos a falar dunha cantidade que supera os 40.000 euros”. A concelleira popular lembrou que “en anos anteriores os concellos comezaban a cobrar estar axudas no mes de outubro, máis ou menos, polo que esta axilización permite ás entidades locais mellorar a súa situación financieira con respecto á prestación dos servizos sociais. Esto prodúcese grazas ao novo decreto de servizos sociais comunitarios posto en marcha pola Xunta, no que se establecía o pago nos primeiros meses do ano por ditos conceptos, algo que alivia a situación actual dos concellos”.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario