viernes, 24 de agosto de 2012

DURÁN INFORMA DA NECESIDADE DE LICITACIÓN DO SERVIZO COMPLEMENTARIO DE SAF DO CONCELLO DE BURELA


Na sesión ordinaria do Pleno Corporativo do Concello de Burela, celebrada o pasado día 26 de xullo, resolveuse entre outros asuntos incluídos na orde do día, a aprobación do expediente de contratación e pregos de cláusulas administrativas e técnicas do servizo de axuda no fogar de modalidade dependencia.

A Concelleira Delegada informou da necesidade da licitación do servizo complementario de SAF do Concello de Burela, tal e como así tamén o indicaban os informes de Secretaría e de Intervención.

Diana Durán apunta “Este contrato ten por obxecto a xestión do Servizo Público de Axuda no Fogar do Concello de Burela, cuxa descrición, características e especificacións establécense no prego de prescricións técnicas, sendo as necesidades administrativas a satisfacer mediante o contrato a prestación do Servizo de Axuda no Fogar a persoas en situación de dependencia recoñecidas pola Xunta de Galicia, e que no Programa Individualizado de Atención de recursos teñan o SAF como recurso asignado, ou como respiro complementario de outro recurso e/ou prestación”.

A edil popular recorda que “A duración do contrato será de dous anos, contados dende a data da súa formalización, prorrogable anualmente ate un máximo, prórrogas incluídas, de catro anualidades. A súa tramitación será urxente e a forma de adxudicación será a da oferta economicamente máis vantaxosa, atendendo a varios criterios de adxudicación”.

Esta proposta do equipo de goberno popular defendida por Durán foi aprobada en Pleno por unanimidade, contando co apoio de todos os membros da oposición formada por PSOE e BNG. 

A Concelleira delegada de Servizos Sociais explica que “Tras a aprobación en Pleno, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no Perfil do Contratante o anuncio de licitación, para que durante o prazo legal de 8 días naturais os interesados puidesen presentar as proposicións que estimasen pertinentes. O pasado día 21 de agosto foi celebrada a reunión da mesa de contratación para valoración da documentación administrativa contida no ‘sobre A’, presentada por cada empresa para a contratación. Dado que a unha das empresas presentadas lle foi requirida documentación tendo como prazo 3 días hábiles para a correspondente subsanación, a seguinte mesa será convocada para o vindeiro luns, 27 de agosto, co fin de valorar o proxecto de organización do servizo contido no ‘sobre B’. Unha vez estea o informe técnico realizado fundamentando a puntuación de cada proxecto, a mesa de contratación reunirase de novo, co fin de valorar as ofertas económicas  e as melloras presentadas polas empresas e incluídas no ‘sobre C’ ”.

 
Durán recalca “Estes trámites non afectan ás persoas usuarias do SAF nin ás traballadoras do servizo, xa que unha das condicións que aparece reflexada nos pregos é precisamente a subrogación do persoal que está a prestar o servizo. Se a mesa de contratación non se atopa con ningunha anomalía, o proceso estará resolto a finais da vindeira semana, para poder elevar ao Pleno Corporativo a correspondente proposta de contratación efectuada pola Mesa”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario