viernes, 24 de agosto de 2012

COMEZA A CONTA ATRAIS PARA A APERTURA DO CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DA FUNDACIÓN EU SON DE BURELA


Diana Durán, concelleira popular burelense que dirixe Servizos Sociais, amósase moi satisfeita da próxima apertura do Centro de Día para persoas con discapacidade intelectual, pertencente á FUNDACIÓN EU SON, e da que é vocal do Padroado xunto ao Alcalde de Burela, José González Barcia,  presidente do mesmo.

Días atrás, Durán rendeu conta sobre as xestións que afectan ao centro de día ante o Padroado da Fundación, contando coa aprobación unánime por parte de todos os membros integrantes sobre as características do seu funcionamento (horario, programas, atencións básicas, servizos complementarios, perfís profesionais, etc) e onde se fixo fincapé no copagamento que deberán aportar as persoas usuarias, resaltando que “se pode acceder ao centro de día a través de praza subvencionada mediante o sistema de dependencia, caso no que o copago será o mínimo e logrouse igualar a mesma cantidade que aportan as persoas que xa están sendo beneficiarias do centro ocupacional co que conta a Fundación Eu Son, co fin de non haber desigualdades entre ningún dos centros”. Tamén se contempla o acceso de forma privada.

Estas informacións tamén foron trasladadas aos familiares das que serán as primeiras persoas usuarias do citado equipamento, coa finalidade de ultimar e consensuar as datas de posta en funcionamento do centro: “En setembro será o período de adaptación entre familias, persoas usuarias e profesionais, para que en outubro sexa efectiva a apertura do centro de día para persoas con discapacidade intelectual”.   

Durán subraia “que esta reunión foi en conxunto cos familiares, xa que durante os meses anteriores as entrevistas coas familias foron de forma individual, convocadas no propio centro de día para que coñeceran de primeira man as instalacións e esclarecer cantas dúbidas mostraron, que realmente son quenes teñen que dispoñer de toda a información”.

A delegada burelesa de servicios sociais recorda que ela mesma e o alcalde Xosé González  Barcia trataron este tema -de absoluta priporidade para o Equipo de Goberno Popular- coa Secretaria Autonómica de Política Social (Coro Piñeiro) e coa Conselleira de Benestar (Beatriz Matro). Añade a edila, que xunto á dirección do centro tamén se mantiveron varias reunións coa Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en materia de dependencia. 

 
A edil popular indica que non foi unha labor fácil, mais ben todo o contrario, pero non por iso se deixou de traballar: “Fácil é abrir centros con cartos contantes e sonantes e que che poñan o cheque enriba da mesa; o difícil é facer enxeñería social e para eso estamos nós, o partido popular, que con actuacións como esta seguimos demostrando que os servizos sociais son totalmente prioritarios para o actual equipo de goberno”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario