viernes, 24 de agosto de 2012

DIANA DURÁN AMÓSASE SATISFEITA DO APOIO QUE A XUNTA DE GALICIA LLE ESTÁ A BRINDAR AO PROPIO CONCELLO E ÁS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO NA VILA


 
Burela, 3 de agosto de 2012. A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, amósase satisfeita do apoio que a Xunta de Galicia lle está a brindar ao propio Concello e ás entidades sen ánimo de lucro da vila. De feito Burela ven de recibir unha subvención de 11.464 euros para o desenvolvemento de programas dirixidos á reducción do abandono escolar, “trátase do 100% do solicitado”.
 
Durán subliña que “además o centro San Aníbal dispón de uns 40.000 € a través das partidas destinadas pola Secretaría Xeral de Igualdade a entidades de iniciativa social”. A concelleira de Servizos Sociais lembra que “cando o bipartito estivo na Xunta este centro non recibiu subvención algunha e tampouco están a recibir nada da Deputación Provincial de Lugo, na que tamén gobernan PSOE e BNG. Eles deberán explicar o por qué desa falla de apoio ao traballo que desenvolve o centro San Aníbal de Burela”.

A edil popular indica que “mentras uns adoptan esa actitude desde a Xunta séguese a prestar apoio ás iniciativas de carácter social, tanto ás que realizamos desde o Concello como ás que levan adiante entidades sen ánimo de lucro. Para mostra aí temos os 44.000 euros que recibiu o CIM de Burela hai uns días, e a nova subvención de 11.464 euros que nos acaban de conceder para desenvolver programas dirixidos á reducción do abandono escolar. Os datos falan por sí mesmos e a cidadanía debe coñecelos e valoralos”.

Durán recorda que nos meses de verán se reforzou a educación a través do PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE ABSENTISMO ESCOLAR, xa que supón un dos principias instrumentos de socialización e integración social, sendo ademais un elemento de prevención de determinadas problemáticas ou comportamentos disociais, como poden ser as drogodependencias, delincuencia, desemprego, etc.

Os obxectivos deste programa son informar ás familias sobre os seus dereitos e obrigacións parentais, previr situacións de absentismo e actitudes familiares que o favorezan, apoiar ás familias e darlles instrumentos cos que motivar aos menores cara os estudios e mellorar o seu interese polas aprendizaxes escolares, promover a colaboración e a participación das familias na escola, mellorar as habilidades sociais dos rapaces e a súa integración no sistema educativo, potenciar a reflexión dos rapaces acerca da súa actitude negativa cara a escola, promover e facilitar técnicas de estudio e repaso co fin de evitar situacións de fracaso académico, potenciar o regreso ao sistema educativo dos rapaces que o abandonaron de forma prematura, etc.

Para acadar estes obxectivos estanse a levar a cabo actividades dirixidas ás familias e actividades dirixidas aos rapaces e rapazas.

Actividades para as familias:

-          Información e Asesoramento individualizado: durante todo o ano a través do Programa de Educación Familiar.
-          Obradoiros Formativos: 12, 14, 19 e 21 de xuño ás 12:30 na Casa do Concello. A temática a tratar será o dereito á educación (lexislación), os deberes e responsabilidades parentais, habilidades e estratexias motivacionais, a importancia da implicación da familia na escola, causas e consecuencias do absentismo escolar, o fracaso escolar.


Actividades para os/as adolescentes (entre 16 e 24 anos):

-          Información e asesoramento individualizado: durante todo o ano a través do Programa de Educación Familiar.
-          Obradoiro de Habilidades Sociais: 3, 10, 17, 24 e 31 de xullo ás 12:30 na Casa do Concello.
-          Ciclo de Cine Educativo: 5, 12, 19 e 26 de xullo ás 12:00 na Casa do Concello.
-          Reforzo Educativo: 7, 14, 21 e 28 de agosto, ás 12:30 na Casa do Concello.
-          Obradoiro de Técnicas de Estudio: 2, 9, 16, 23 e 30 de agosto ás 12:30 na Casa do Concello.


Para mais información, poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais Municipais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario