lunes, 27 de enero de 2014

PRÓXIMA ACCIÓN FORMATIVA EN SERVIZOS SOCIAIS E SANIDADE: QUE É O ALZHEIMER E COMO DETECTALO


BURELA OFERTA GRATIS A TÉCNICA DO DOUTOR KNAPP CONTRA A DOR DE COLUMNA

Burela oferta gratis a técnica do doutor Knapp contra a dor de columna

As clases terapéuticas, que se imparten en Santiago e A Coruña, tamén chegarán ao municipio en febreiro

 
 
Os exercicios da chamada Escola de Columna, patentada polo doutor Knapp e en cuxo método, segundo explícase na páxina web oficial, «obtéñense hoxe resultados tan positivos no tratamento -non cirúrxico- das dores de costas», poderán practicarse en Burela de forma totalmente gratuíta para os seus veciños xa que a delegación municipal de Servizos Sociais que leva a edila Diana Durán conseguiu que as mesmas clases que na actualidade se están impartindo en cidades galegas como Santiago ou A Coruña tamén poidan beneficiar aos burelenses.

De feito, este tipo de curso con fins terapéuticos e preventivos, a Escola de Columna, «unha selección moi especial de exercicios que procuran rehabilitar as estruturas que máis sufriron a falta de movemento» e unha vez que se conseguiu eliminar a dor, levarán a cabo na Aula de Familia da Casa da Cultura de Burela.

A concelleira burelense sinalou que o vindeiro luns, día 27, abrirá o prazo de inscrición nesta iniciativa e pechará o 6 de febreiro. A Escola de Columna comezará a nivel local, gratuíta e para empadroados no municipio, o día 10 de febreiro cunha reunión informativa á que convocarán aos inscritos, ás 13.00 horas.

Haberá tres grupos en funcionamento, martes de 10.15 a 11.15, mércores de 19.00 a 20.00 e mércores de 20.00 a 21.00. Impartirá as clases unha profesional discípula do doutor Knapp.

jueves, 23 de enero de 2014

BURELA ESTREA A ESCOLA DE COLUMNA


O Equipo de Goberno burelés segue apostando polo benestar dos veciños e veciñas e cumprindo co seu compromiso social, polo que dende o Concello de Burela, a través da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade queremos ofrecer este novo servizo baseado no Método do Dr. Knapp, a ESCOLA DE COLUMNA, consistente na selección moi especial de exercicios que procuran rehabilitar as estructuras que mais sufriron a falta de movemento. Trátase de devolver o mais rapidamente posible a forza ás estructuras que perderon a capacidade de garantir a mobilidade intervertebral.

A Delegada de Servizos Sociais, Diana Durán explica que "fai anos o Dr.Knapp desenvolveu técnicas que aumentaron a eficacia de algúns tratamentos xa empregados con éxito por escolas alemanas. Os exercicios da ESCUELA DE COLUMNA® completaron a difícil tarefa de eliminar o dolor na espalda dolorosa. Co conxunto do Método Knapp obtéñense hoxe os resultados tan positivos no tratamento - non cirúrxico - dos dolores de espalda".

Durán puntualiza que os diagnósticos precisos e a combinación de tratamentos médicos e fisioterapéuticos personalizados, resolven "hernias discais", lumbalxias, canal raquídeo estreito, ciáticas, fibromialxias e o síndrome da "espalda dolorosa".

Na nosa Escola de Columna os grupos de rehabilitación serán reducidos cun máximo de 10 persoas en cada un e unha monitora especialmente adestrada atenderá ao detalle o traballo de cada persoa.

Con esta nova iniciativa socia igualámonos a dúas das grandes cidades galegas, pois soamente Coruña e Santiago de Compostela ofrecen este programa de carácter terapéutico e preventivo e no que se educa para tonificar a musculatura da espalda, co fin de conseguir unha espalda e columna vertebral sen dolor, forte e preparada para as necesidades da vida diaria mediante sesións de exercicios físicos específicos.

Poderán asistir todas aquelas persoas empadroadas en Burela que así o desexen e que non presenten contraindicacións, maiores de 18 anos e sen límite de idade, os martes de 10:15 a 11:15 h ou os mércores de 19 a 20 h e de 20 a 21 h, na Aula de Familia da Casa de Cultura.

O prazo de inscrición será dende o día 27 de xaneiro ata o 6 de febreiro, nas Oficinas de Información do Concello. 

O día 10 de febreiro ás 13 horas terá lugar unha reunión informativa no Salón de Plenos do Concello para aquelas persoas que desexen participar na Escola de Columna de Burela. Recórdase que as clases comezarán o martes 11 ou mércores 12, dependendo do turno que elixa cada persoa.

lunes, 20 de enero de 2014

EN MARCHA O NOVO PROGRAMA DE APOIO A PACIENTES CON NECESIDADES PALIATIVAS

BURELA CONTA CON NOVA PRESTACIÓN SOCIAL

O Concello crea un servizo para pacientes con necesidades paliativas, que é gratuito para as persoas usuarias e emprega a catro auxiliares



19/01/2014 - Lupe F. Bouza / El Progreso (A Mariña)

Reunión celebrada el viernes en Burela. (Foto: AMA)O novo SERVIZO DE APOIO A PACIENTES CON NECESIDADES PALIATIVAS do Concello de Burela xa está en marcha. Así o confirmou a Concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, despois do encontro que mantiveron no consistorio persoal municipal e do Hospital da Costa para perfilar unha prestación que xa admite casos. «O protocolo de actuación empeza no Hospital, desde onde o Equipo de Soporte de Coidados Paliativos derivará os pacientes que considere oportunos, e no Concello será a traballadora social a que xestione o programa e a que asigne a cada caso a auxiliar correspondente», explicou Durán.

O novo servizo, novidoso na comarca, é totalmente gratuito para as persoas usuarias e busca prestar unha serie de atencións ás persoas con enfermidades crónicas avanzadas e con necesidades paliativas nos seus domicilios para facilitar que a persoa enferma poida permanecer no seu entorno e manter a súa calidade de vida. Ademais, persigue ser un soporte de axuda para os familiares que atenden a estes pacientes, polo que de algunha maneira pode entenderse como un programa tamén de respiro familiar.

Á prestación poderán optar todas aquelas persoas que estean empadroadas no concello, "sen necesidade de ter ningunha característica especial", recalca a concelleira popular, ainda que todos os casos serán derivados do Hospital.

A posta en marcha do servzo darase en menos de 24 horas dende a derivación do centro sanitaro, porque según indicou Durán "cando estás en contacto coa realidade diaria como eu estiven cando exercía de traballadora social, daste conta da necesidade que teñen estes pacientes de acceder a un recurso de maneira inmediata, porque senón pode chegar tarde; ademais nesas circunstancias o que menos necesitan o doente e os seus familiares son trámites burocráticos".

Para a posta en marcha do servizo, o Concello burelés contratou a catro auxiliares de axuda no fogar con coñecementos en cuidados paliativos. "Todas elas traballaron con aterioridade no hospital ou no servizo de axuda a domicilio", asegurou Durán, "son profesionais con experiencia, porque van traballar con enfermos con características especiais".

A financiación deste servizo corre a conta da partida do presuposto municipal dedicada á administración xeral dos servizos sociais e que está dotada con 408.498 euros.

Durán mostrouse satisfeita de poder crear este novo servizo e de poñelo en marcha tal e como ela tiña pensado, sobre todo, coa inmediatez que supón a súa entrada en funcionamento, que pode ser ata inmediata.

Asimesmo, a concelleira recordou a importancia dos Servizos Sociais para o Equipo de Goberno e recoñeceu que esta sensibilidade lle permite ir aumentando prestacións cada ano e tamén mellorar, sobre todo con máis horas de prestación, algúns servizos dos xa activos.


lunes, 13 de enero de 2014

ESTA SEMANA BOTA A ANDAR EN BURELA O PROXECTO "EDUCANDO EN FAMILIA" PARA NENAS E NENOS DE ENTRE 0 E 6 ANOS

Esta semana comeza a súa andaina o proxecto educativo Educando en Familia, segundo ven de anunciar a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán. 
A edil popular subliña que “Educando en Familia dalle continuidade á Aula Junior. Os espazos educativos desenvoltos por Estefanía Eijo, antiga mestra-orientadora de Preescolar Na Casa, están dirixidos ás familias que teñan nenos e nenas de idades entre 0 e 6 anos. Estas xuntanzas levaranse a cabo ao longo do ano na Casa da Cultura, concretamente na Aula de Familia, e haberá diferentes grupos en horario de mañá e tarde, atendendo ás idades e necesidades dos nenos e nenas”.

Diana Durán indica que “Educando en Familia é un programa de coeducación e igualdade e de formación de familias, onde a súa presenza é vital para educar a nenas e nenos de cero a seis anos do Concello de Burela, desenvolvendo as súas aptitudes, a súa aprendizaxe e a confianza en si mesmas/os, realizando actividades adaptadas a cada idade na que o obxectivo é difundir unha cultura da infancia e acompañar á familia na aventura de medrar e no desafío de educar”.

Educando en Familia inicia a súa andaina esta semana, dándolle continuidade a Aula Junior, tras o descanso das vacacións de nadal. 

Os pais e nais poden dirixirse ao Centro de Información á Muller (CIM) en horario de 8 a 15 horas.

UN ANO MÁIS DURÁN OPTOU POR SUPRIMIR FESTAS E INCLUIR NOVOS SERVIZOS: "O MEU OBXECTIVO NON SÓ É O DE MANTER SERVIZOS SOCIAIS, SENÓN IR AMPLIANDO"


DIANA DURÁN
EDILA DE SERVIZOS SOCIAIS DE BURELA
«O meu obxectivo non só é o de manter servizos sociais, senón ir ampliando»
Un ano máis, Durán optou por suprimir festas e incluir 
novos servizos
M. CUADRADO
BURELA / LA VOZ   
Domingo, 12 de xaneiro de 2014

O 1 de maio do 2012 non se celebrou en Burela a tradicional comida-festa do Día do Xubliado. A pesares de que daquela se cumpriría o 18 aniversario da celebración, que acostumbraba a reunir a uns 700 comensais, a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán (PP), botou contas, sopesou a situación económica e decidiu que destinaría os case 30.000 euros que custaba a celebración a pagar cursos e oferecer unha ampla carteira de servizos sociais.
-Este ano tampouco haberá comida da terceira idade...
-Decidimos tamén este ano dedicar os cartos a financiar servizos e actividades para todos os públicos. O meu obxectivo como concelleira é non só o de manter os servizos, senón ir ampliando pouco a pouco cada ano.
-Coma o programa de apoio domiciliario a pacientes con necesidades de coidados paliativos que porán en marcha en breve...
-Será un servizo social para emfernos derivados da unidade hospitalaria de coidados paliativos. Queremos prestar axuda á familia e evitar papeleo e burocracia que sí hai que afrontar para pedir, por exemplo, o servizo de axuda no fogar.
-¿Farán cambios noutros programas?
-Estamos deseñando novas actividades para o plan de integración municipal e imos ampliar os meses das actividades de ocio, de novembro ata maio. Esta semana comezará o programa Educando en Familia, que lle da continuidade a Aula Junior e está dirixido ás familias que teñen nenos con idades entre os 0 e os 6 anos.


BURELA DARÁ APOIO DOMICILIARIO A PACIENTES CON NECESIDADES PALIATIVAS

Burela dará apoyo domiciliario a pacientes de cuidados paliativos

Completará la atención médica, lo prestará el Concello y será gratis

Diana Durán y el regidor burelense, González Barcia, ofrecen 
este nuevo servicio y quitan la comida de jubilados al no ser prioritaria


Frente a los recortes, el Concello de Burela hace ajustes y continúa ampliando programas de servicios sociales. Un año más, la delegación que coordina la concejala Diana Durán no contempla la fiesta-comida de jubilados entre sus prioridades. La edila cree que es preferente destinar el dinero que se invertía en esa celebración en financiar servicios sociales dirigidos a vecinos de todas las edades. Entre los nuevos programas que el Ayuntamiento pondrá en marcha en breve destaca el de apoyo a pacientes que requieren cuidados paliativos. Es un servicio social que prestará personal cualificado en los domicilios de los enfermos y que servirá para complementar los cuidados de los profesionales sanitarios. Pendiente de una reunión, Durán aseguró que este programa está dirigido a pacientes que serán derivados del hospital de la unidad de cuidados paliativos y tendrá coste cero para el usuario. El Concello quiere evitarle a enfermos y a sus familias pasar por la engorrosa burocracia de los trámites y el papeleo. Una vez cerrados los últimos detalles, el Concello concretará cómo y en qué fecha se pondrá en marcha.

Otro servicio novedoso será el de la escuela de la columna, dirigido a crear buenos hábitos y evitar enfermedades. Estos programas se suman a los de gimnasia preventiva para mayores, fisioterapia a domicilio, al de ayudas para la compra de material escolar (4.000 euros), emergencia social, xantar na casa, teleasistencia, programa de atención a inmigrantes, prevención del absentismo escolar, ayuda en el hogar (libre concurrencia o dependencia), atención temprana, educando en familia (se ampliará más meses), a una amplia variedad de actividades de ocio y a campañas de sensibilización, entre otros.

jueves, 9 de enero de 2014

BURELA REFORZA OS SERVIZOS SOCIAIS CON MÁIS HORAS EN VARIAS PRESTACIÓNS

Burela refuerza los servicios sociales con más horas en varias prestaciones

La concejalía que dirije Diana Durán cuenta este año con más de un millón de euros de presupuesto y trabaja en una nueva asistencia para pacientes con necesidades paliativas



08/01/2014 - Lupe F. Bouza / El Progreso (Burela)

La concejala de servicios sociales de Burela, Diana Durán, se mostró ayer más que satisfecha de la consignación que los presupuestos municipales para este año dejan a súa área: 1.040.649 euros. «Esta cantidade permíteme manter todos os programas que xa temos en marcha, ademáis de reforzar algúns con máis horas para atender mellor ós seus usuarios e ademáis poñer en marcha una nova proposta, que é o apoio a pacientes con necesidades paliativas, no que estamos a traballar nestes momentos», reconoció.

La programación que maneja Durán está dividida en cuatro grandes áreas de actuación con partidas concretas. Así, para la administración general de los servicios sociales hay consignados 408.498 euros. En este apartado se encuentran la mayor parte de los programas que lleva a cabo el Concello, como los servicios sociales comunitarios -que cuentan con dos trabajadoras-, educación familiar, la ayuda en el hogar de libre concurrencia, atención temprana, los programas para colectivos con necesidades específicas, el apoyo a la dependencia, el aula senior, el programa Xantar na Casa o la teleasistencia domiciliara, entre otros. También aquí se encuentra el Aula Junior, un plan que ayuda a los padres en la educación de sus hijos y que este curso se prestará durante diez meses, uno más que el pasado. Esta partida también financiará el nuevo programa previsto para necesidades paliativas.

Junto a esta partida, la segunda más importante es la asistencia a personas dependientes, que está dotada con 496.894 euros. Esta cantidad se reparte entre la Unidad Asistencial de Drogodependencias (UAD) y el servicio de ayuda en el hogar para personas dependientes. "Este ano tamén se van aumentar as horas de axuda no fogar para dependentes para atender un maior número de persoas", matizó Durán. 

La promoción social, en la que se incluye la actividaded del Centro de Información á Muller (CIM) se lleva 98.213 euros y también aquí habrá un refuerzo de las prestaciones que se llevaron a cabo hasta el momento. "As actividades de ocio e tempo libre contarán con un mes máis e pasarán a durar sete", explicó la concejala.

Finalmente, la partida más reducida es la dedicada a la atención a inmigrantes para favorecer su integración. Este área, en al que trabajan un técnico y una profesora, recibe este año 37.043 euros.

APUESTA. Durán tiene claro que su área es la "concellería mimada" del gobierno, "porque se priorizan os servicios sociais e tanto o alcalde como o resto do equipo de goberno apoian as inversións neste eido tal e como se demostra no presuposto que manexamos este ano".

La edil popular recalca que los servicios sociales siempre fueron una prioridad para el equipo de gobierno y que lo seguirán siendo en el futuro y, de esta forma, espera poder ir consiguiendo mejoras año a año.

miércoles, 8 de enero de 2014

O LUNS ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN DO CURSO DE XIMNASIA PREVENTIVA PARA MAIORES DE 60 ANOS EN BURELA

Do 13 ao 24 de xaneiro estará aberto o prazo de inscrición para participar no curso de ximnasia preventiva para maiores que organiza un ano máis a Concellería de Servizos Sociais. Está dirixido a persoas maiores de 60 anos, con preferencia para as empadroadas en Burela. 
 
Os requisitos que deben reunir as persoas interesadas para inscribirse son: ser maior de 60 anos, estar empadroado/a en Burela e ter pagado a taxa de matrícula. Desde a Concellería de Servizos Sociais sinalan que “non se admitirán inscricións por teléfono. E como máximo soamente se poderá facer a inscrición doutra persoa (aparte dun mesmo/a) cada vez”.

Para novas inscricións as persoas interesadas terán que dirixirse á Casa do Concello en horario de 8 a 15 horas, de luns a venres. E no caso de renovacións de matrícula os interesados/as deberán dirixirse á profesora encargada de impartir o curso. 

Diana Durán sinala que “co desenvolvemento deste programa de ximnasia preventiva para maiores preténdese incrementar e/ou manter a calidade de vida das persoas beneficiarias, tratando de estimular, orientar, promover o apoio psicoafectivo, a saúde, o apoio familiar, etc. Trátase de acadar a recuperación física das persoas usuarias, intentando conseguir a máxima funcionalidade e autonomía posible. Para a consecución dos obxectivos marcados empréganse distintas técnicas nas clases coma: respiratorias, de mobilización, etc., xa que a rehabilitación física supón o logro dun maior grao de autonomía persoal no entorno cotiá, familiar, relacións sociais, etc. mediante un tratamento global”.

A edil popular indica que “dado que o envellecemento activo é un proceso que require da optimización de oportunidades para loitar pola saúde, pola participación activa da vida e pola seguridade de alcanzar calidade de vida cando se envellece, dende esta delegación considérase que estes obxectivos deben incluírse nun marco municipal de traballo que propicie accións orientadas a preservar a saúde e potenciar a participación das persoas maiores, incluíndo aquelas que contan con algún tipo de discapacidade e/ou precisa doutro tipo de atención, que son precisamente os obxectivos que persegue a ximnasia preventiva para maiores”.

Durán engade que “ademais de servir como medida preventiva, o exercicio físico é fundamental no control de distintas patoloxías, primeira causa de enfermidade e morte na poboación maior de 60 anos. De aí que a actividade física terapéutica constitúa unha ferramenta preventiva de primeira orde”.

O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS BURELÉS OFRECE INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA DE TERMALISMO DO IMSERSO

A Concellería de Servizos Sociais de Burela informa que está aberto o prazo de solicitudes de prazas para as quendas do programa de termalismo de IMSERSO. 

As datas para presentar ditas solicitudes rematan o 16 de xaneiro para as quendas dos meses comprendidos entre febreiro e agosto e o 16 de maio para as quendas de setembro a decembro.

Desde a Concellería de Servizos Sociais explican que “poderán beneficiarse deste programa as persoas pensionistas do Sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación e invalidez, en todo caso, e polo concepto de viuvez ou doutras pensións unicamente cando a persoa solicitante cumprira 60 anos de idade”. 

Diana Durán, Concelleira de Servizos Sociais, sinala que as quendas constan dunha duración de 12 ou de 10 días cada unha, comprendendo os seguintes servizos:
  • Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
  • Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o/a médico/a do balneario; o seguimento médico do tratamento con informe final.
  • Póliza colectiva de seguro.
  • De ser o caso, transporte por conta do balneario, dende a localidade máis achegada ao balneario ata a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao rematar mesmo.
  • En todo caso, as persoas beneficiarias das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios.
 
Para máis información e trámite aquelas persoas interesadas deberán dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Burela en horario de 8 a 15 horas.