lunes, 13 de enero de 2014

UN ANO MÁIS DURÁN OPTOU POR SUPRIMIR FESTAS E INCLUIR NOVOS SERVIZOS: "O MEU OBXECTIVO NON SÓ É O DE MANTER SERVIZOS SOCIAIS, SENÓN IR AMPLIANDO"


DIANA DURÁN
EDILA DE SERVIZOS SOCIAIS DE BURELA
«O meu obxectivo non só é o de manter servizos sociais, senón ir ampliando»
Un ano máis, Durán optou por suprimir festas e incluir 
novos servizos
M. CUADRADO
BURELA / LA VOZ   
Domingo, 12 de xaneiro de 2014

O 1 de maio do 2012 non se celebrou en Burela a tradicional comida-festa do Día do Xubliado. A pesares de que daquela se cumpriría o 18 aniversario da celebración, que acostumbraba a reunir a uns 700 comensais, a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán (PP), botou contas, sopesou a situación económica e decidiu que destinaría os case 30.000 euros que custaba a celebración a pagar cursos e oferecer unha ampla carteira de servizos sociais.
-Este ano tampouco haberá comida da terceira idade...
-Decidimos tamén este ano dedicar os cartos a financiar servizos e actividades para todos os públicos. O meu obxectivo como concelleira é non só o de manter os servizos, senón ir ampliando pouco a pouco cada ano.
-Coma o programa de apoio domiciliario a pacientes con necesidades de coidados paliativos que porán en marcha en breve...
-Será un servizo social para emfernos derivados da unidade hospitalaria de coidados paliativos. Queremos prestar axuda á familia e evitar papeleo e burocracia que sí hai que afrontar para pedir, por exemplo, o servizo de axuda no fogar.
-¿Farán cambios noutros programas?
-Estamos deseñando novas actividades para o plan de integración municipal e imos ampliar os meses das actividades de ocio, de novembro ata maio. Esta semana comezará o programa Educando en Familia, que lle da continuidade a Aula Junior e está dirixido ás familias que teñen nenos con idades entre os 0 e os 6 anos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario