jueves, 23 de enero de 2014

BURELA ESTREA A ESCOLA DE COLUMNA


O Equipo de Goberno burelés segue apostando polo benestar dos veciños e veciñas e cumprindo co seu compromiso social, polo que dende o Concello de Burela, a través da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade queremos ofrecer este novo servizo baseado no Método do Dr. Knapp, a ESCOLA DE COLUMNA, consistente na selección moi especial de exercicios que procuran rehabilitar as estructuras que mais sufriron a falta de movemento. Trátase de devolver o mais rapidamente posible a forza ás estructuras que perderon a capacidade de garantir a mobilidade intervertebral.

A Delegada de Servizos Sociais, Diana Durán explica que "fai anos o Dr.Knapp desenvolveu técnicas que aumentaron a eficacia de algúns tratamentos xa empregados con éxito por escolas alemanas. Os exercicios da ESCUELA DE COLUMNA® completaron a difícil tarefa de eliminar o dolor na espalda dolorosa. Co conxunto do Método Knapp obtéñense hoxe os resultados tan positivos no tratamento - non cirúrxico - dos dolores de espalda".

Durán puntualiza que os diagnósticos precisos e a combinación de tratamentos médicos e fisioterapéuticos personalizados, resolven "hernias discais", lumbalxias, canal raquídeo estreito, ciáticas, fibromialxias e o síndrome da "espalda dolorosa".

Na nosa Escola de Columna os grupos de rehabilitación serán reducidos cun máximo de 10 persoas en cada un e unha monitora especialmente adestrada atenderá ao detalle o traballo de cada persoa.

Con esta nova iniciativa socia igualámonos a dúas das grandes cidades galegas, pois soamente Coruña e Santiago de Compostela ofrecen este programa de carácter terapéutico e preventivo e no que se educa para tonificar a musculatura da espalda, co fin de conseguir unha espalda e columna vertebral sen dolor, forte e preparada para as necesidades da vida diaria mediante sesións de exercicios físicos específicos.

Poderán asistir todas aquelas persoas empadroadas en Burela que así o desexen e que non presenten contraindicacións, maiores de 18 anos e sen límite de idade, os martes de 10:15 a 11:15 h ou os mércores de 19 a 20 h e de 20 a 21 h, na Aula de Familia da Casa de Cultura.

O prazo de inscrición será dende o día 27 de xaneiro ata o 6 de febreiro, nas Oficinas de Información do Concello. 

O día 10 de febreiro ás 13 horas terá lugar unha reunión informativa no Salón de Plenos do Concello para aquelas persoas que desexen participar na Escola de Columna de Burela. Recórdase que as clases comezarán o martes 11 ou mércores 12, dependendo do turno que elixa cada persoa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario