lunes, 20 de enero de 2014

EN MARCHA O NOVO PROGRAMA DE APOIO A PACIENTES CON NECESIDADES PALIATIVAS

BURELA CONTA CON NOVA PRESTACIÓN SOCIAL

O Concello crea un servizo para pacientes con necesidades paliativas, que é gratuito para as persoas usuarias e emprega a catro auxiliares



19/01/2014 - Lupe F. Bouza / El Progreso (A Mariña)

Reunión celebrada el viernes en Burela. (Foto: AMA)O novo SERVIZO DE APOIO A PACIENTES CON NECESIDADES PALIATIVAS do Concello de Burela xa está en marcha. Así o confirmou a Concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, despois do encontro que mantiveron no consistorio persoal municipal e do Hospital da Costa para perfilar unha prestación que xa admite casos. «O protocolo de actuación empeza no Hospital, desde onde o Equipo de Soporte de Coidados Paliativos derivará os pacientes que considere oportunos, e no Concello será a traballadora social a que xestione o programa e a que asigne a cada caso a auxiliar correspondente», explicou Durán.

O novo servizo, novidoso na comarca, é totalmente gratuito para as persoas usuarias e busca prestar unha serie de atencións ás persoas con enfermidades crónicas avanzadas e con necesidades paliativas nos seus domicilios para facilitar que a persoa enferma poida permanecer no seu entorno e manter a súa calidade de vida. Ademais, persigue ser un soporte de axuda para os familiares que atenden a estes pacientes, polo que de algunha maneira pode entenderse como un programa tamén de respiro familiar.

Á prestación poderán optar todas aquelas persoas que estean empadroadas no concello, "sen necesidade de ter ningunha característica especial", recalca a concelleira popular, ainda que todos os casos serán derivados do Hospital.

A posta en marcha do servzo darase en menos de 24 horas dende a derivación do centro sanitaro, porque según indicou Durán "cando estás en contacto coa realidade diaria como eu estiven cando exercía de traballadora social, daste conta da necesidade que teñen estes pacientes de acceder a un recurso de maneira inmediata, porque senón pode chegar tarde; ademais nesas circunstancias o que menos necesitan o doente e os seus familiares son trámites burocráticos".

Para a posta en marcha do servizo, o Concello burelés contratou a catro auxiliares de axuda no fogar con coñecementos en cuidados paliativos. "Todas elas traballaron con aterioridade no hospital ou no servizo de axuda a domicilio", asegurou Durán, "son profesionais con experiencia, porque van traballar con enfermos con características especiais".

A financiación deste servizo corre a conta da partida do presuposto municipal dedicada á administración xeral dos servizos sociais e que está dotada con 408.498 euros.

Durán mostrouse satisfeita de poder crear este novo servizo e de poñelo en marcha tal e como ela tiña pensado, sobre todo, coa inmediatez que supón a súa entrada en funcionamento, que pode ser ata inmediata.

Asimesmo, a concelleira recordou a importancia dos Servizos Sociais para o Equipo de Goberno e recoñeceu que esta sensibilidade lle permite ir aumentando prestacións cada ano e tamén mellorar, sobre todo con máis horas de prestación, algúns servizos dos xa activos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario