Banco do Tempo

O BANCO MUNICIPAL DO TEMPO do Concello de Burela ten como FINALIDADE a conciliación da vida persoal, familiar e laboral da poboación do noso concello, así como fomentar valores de cooperación e comunicación activando a rede de solidariedade da propia comunidade e a contrucción de redes de apoio, para lograr promover a participación e solidariedade dos/as nosos/as veciños/as.

Os OBXECTIVOS a acadar son:
  • Fomentar na comunidade a cooperación entre mulleres e homes, entre persoas maiores e xóvenes.
  • Favorecer a intergración de grupos, minorías e colectivos con dificultades de inserción na vida social.
HORARIO E LUGAR DE ATENCIÓN:

O horario de atención é de 8:30 a 14:00 h, de luns a venres na Casa do Concello, onde se pode resolver calquera dúbida ou aportar suxerencias, tanto aos/ás socios/as como a calquera persoa que desexe asociarse, quen será debidamente informada de ofertas e demandas coas que conta o Banco do Tempo e dos requisitos para formar parte dos/as socios/as.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

Celebráronse encontros con varios/as axentes sociais representativos de: Servizos Sociais Municipais (Traballadoras Sociais, Educadora Familiar, Atención a Inmigrantes e CIM), Hospital da Costa, Casa do Mar, Residencia da Terceira Idade, Centro de Saude; Centro de Menores San Anibal, Fundación Eu Son, Cruz Vermella. Tamén se mantiveron encontros con responsables de varias asociacións do termo municipal: Amas de Casa, Asociación de Veciños O Vencello, etc. así como con varias persoas veciñas que participan de forma altruista e individual. O obxetivo consistiu en explicarlles o traballo que ofrece e realiza o banco do tempo e coñecer si algunha persoa pode necesitar dos nosos servizos. 

ACTIVIDADES REALIZADAS: 

* CURSO DE GALEGO
** CURSO DE INFORMÁTICA BÁSICA
*** TALLER DE PAPIROFLEXIA NO CENTRO SAN ANIBAL
**** CONVIVENCIA INTERXERACIONAL ENTRE XÓVENES DO CENTRO SAN ANIBAL E AS PERSOAS MAIORES DA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE


  


 Curso de informática básica




 Taller de papiroflexia








ACTIVIDADES PROGRAMADAS: (durante febreiro e marzo)


           ·  Obradoiro de costura    
   
           ·  Curso de elaboración de mermeladas e conservas
 

REUNIONS SOCIOS/AS BANCO DO TEMPO