O Concello organiza este venres,
30 de xaneiro, un acto para celebrar o aniversario do nacemento da
escritora galega Rosalía de Castro. Está organizado polas Concellerías
de Cultura e Muller e dará comezo ás 20.30 horas. A Casa da Cultura acollerá o venres o acto Que bela te deu deus!, co
que o Concello quere renderlle homenaxe a Rosalía de Castro, “que
aglutina na súa persoa tres características salientables: muller,
poetisa e novelista, que escribiu tanto en galgo coma en castelá nunha
época, no século XIX, na que non resultaba nada fácil ser muller e moito
menos escribir en galego. Por iso, consideramos que esta muller,
loitadora e valente, merece a nosa lembranza”, explicaron Mónica Pedre e
Diana Durán.
A soprano Esperanza Iglesias Méndez e Aurelio Chao Fernández ao piano
interpretarán Oito cancións sobre poemas de Rosalía de Juan A. Moreno
Fuentes, e Seis baladas galegas de Xoán Montes.
As edís populares anunciaron que “ao longo do mes de febreiro, que é
cando se celebra o aniversario do seu nacemento, haberá outras
actividades en Burela co fin de promover o coñecemento da obra de
Rosalía de Castro e o fomento do uso do galego entre os nosos veciños e
veciñas, así como da cultura popular”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario