O salón de
plenos do Concello acolleu este mes a presentación da escola
de columna e do curso de ximnasia preventiva.
A concelleira de Servizos Sociais e Sanidade, Diana Durán, amosouse moi satisfeita pola acollida que tiveron ambas actividades, que se reanudarán a vindeira semana.
A concelleira de Servizos Sociais e Sanidade, Diana Durán, amosouse moi satisfeita pola acollida que tiveron ambas actividades, que se reanudarán a vindeira semana.
Os horarios nos que se levarán a
cabo as clases da escola de columna serán os luns ás 15.30 e ás 16.30 horas; os
martes ás 09.00, ás 10.00 e ás 11.00; os mércores ás 19.00 e ás 20.00 horas e
os venres ás 09.00, ás 10.00 e ás 11.00 da mañá. No caso da ximnasia preventiva, as clases impartiranse os luns e xoves ás
09.00, ás 10.00 e ás 11.00 horas. A escola de columna impartirase na aula de familia da Casa da Cultura e a ximnasia preventiva na
praza de abastos.
En total 180 persoas se beneficiarán destas
actividades organizadas pola Concellería de Servizos Sociais e Sanidade de
Burela.
¡¡ANÍMATE E PARTICIPA NESTES OBRADOIROS!! :))
¡¡ANÍMATE E PARTICIPA NESTES OBRADOIROS!! :))
No hay comentarios:
Publicar un comentario