lunes, 12 de agosto de 2013

DIANA DURÁN ORGANIZA DÚAS ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE A TRAVÉS DO CIM: BAILES DE ROMERÍA E RISOTERAPIA, AMBAS DE CARÁCTER GRATUÍTO




A DELEGACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS, MULLER, IGUALDADE E SANIDADE DO CONCELLO DE BURELA a través do Centro de Información ás Mulleres

INFORMA QUE:

 Van a ter lugar dúas actividades de tempo libre, organizadas coa colaboración da Asociación “Mujeres en Igualdad” de Burela, para os meses de outono e inverno:

1ª – BAILES DE ROMERÍA.

Aquelas persoas interesadas deberán achegarse ao Centro de Información ás Mulleres, sito na Casa do Concello, en horario de 7:45 a 14:00 h do 19 ao 30 de agosto, para inscribirse.

O curso dará inicio o venres 6 de setembro e terá lugar todos os venres ata o mes de maio de 2014, en horario de 21:30 a 22:30 h. na Aula de Familia da Casa da Cultura.



 2ª – Taller de RISOTERAPIA.

Aquelas persoas interesadas deberán achegarse ao Centro de Información ás Mulleres, sito na Casa do Concello, en horario de 7:45 a 15:15 h do 16 ao 27 de setembro, para inscribirse.

O curso dará inicio o xoves 3 de outubro e terá lugar todos os xoves dos meses de outubro, novembro e decembro de 2013, en horario de 20:30 a 22:00 h. na Aula de Familia da Casa da Cultura.