viernes, 30 de mayo de 2014

SINATURA DE CONVENIOS CON ASOCIACIÓNS SOCIOCULTURAIS E SANITARIAS DE BURELA

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO Alcalde, José Mª González Barcia, e a Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Diana Durán, asinaron este xoves 29 de maio os convenios coas asociacións socioculturais e sanitarias. 

En total foron 16 colectivos os que asistiron a este acto e os que recibirán 10.500 euros a través das subvencións que lles concede o Concello con cargo aos orzamentos de 2014. Segundo explicaron Durán e González Barcia “a partires de agora xa poden xustificar esas subvencións e despois seranlles abonadas”.

A vindeira semana asinaranse os convenios con entidades deportivas, culturais e vinculadas co mundo do mar.

RECEPCIÓN DAS BATUKADEIRAS NOS HERANÇA E INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE "GALICIA - CABO VERDE: UNHA IRMANDADE"


OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA 











O Alcalde, José Mª González Barcia, e a Concelleirade Servizos Sociais, Diana Durán, ofreceron onte xoves a mediodía unha recepción no Concello ás Batukadeiras Nos Herança. 

Segundo lembrou Diana Durán “trátase dun grupo de música caboverdiano que chegou hai uns días a Burela para celebrar coa comunidade asentada no noso municipio as festas patronais”. Na recepción houbo intercambios de agasallos e Nos HeranÇa batukou e adicóulle unha peza ao Concello burelés e á asociación Batuko Tabanka. 

A continuación na Casa da Cultura tivo lugar a inauguración da exposición titulada Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade, unha mostra que ensina parte dos proxectos de cooperación realizados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade nas illas de Cabo Verde. A exposición está formada por 20 paneis a toda cor, con algunhas das fotografías máis significativas de Rober Amado, gañador da primeira edición do concurso fotográfico Imaxes con Fondo.

NOS HERANÇA PARTICIPOU NO DÍA DE ÁFRICA DAS FESTAS DE BURELA

recepción-batukadeiras

O Alcalde, José Mª González Barcia, e a Concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, recibiron o pasado dominogo 25 de maio ás batukadeiras Nos HeranÇa, que chegaron a Burela procedentes de Cabo Verde para disfrutar destes días de festa cos seus paisanos e paisanas afincados en Burela desde hai anos. 

Nos HeranÇa participou nos actos do Día de África que se desenvolveron na praza de Abastos. O Día do Neno tamén se celebrou este domingo con grande éxito de asistencia.

CLAUSURA DO CURSO DE RISOTERAPIA EN BURELA

230514 Foto clausura curso risoterapia Burela
O Alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, clausuraron o pasado xoves 22 de maio o curso de risoterapia que se celebrou en Burela nos últimos meses.

Durán agradece “á profesora que impartise o curso de forma altruista e ás alumnas a súa asistencia, que foi moi numerosa, aínda que hoxe moitas non poden estar aquí porque están a cortar flores para axudar a confeccionar a alfombra floral na honra da Virxe do Carme. Grazas a todas elas por facernos entender o arte da risa en forma de terapia”. 

A edil de Servizos Sociais subliña que “despois do verán retomarase este curso, tal e como as participantes demandan e outras persoas veciñas que se queren incorporar”.

AS BATUKADEIRAS CABOVERDIANAS NOS HERANÇA PASARÁN AS FESTAS PATRONAIS COAS SÚAS COMPATRIOTRAS

Segundo explica Diana Durán, Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela,  as Batukadeiras Nos Herança“son un grupo de música caboverdiana que vén a Burela para celebrar coa comunidade asentada no noso municipio as festas patronais”. 

Fíxose onte unha recepción ás 12:30 horas na Casa do Concello e posteriormente tivo lugar na Casa da Cultura a inauguración da exposición titulada “Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade”, unha mostra que ensina parte dos proxectos de cooperación realizados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade nas illas de Cabo Verde. A exposición está formada por 20 paneis a toda cor, con algunhas das fotografías máis significativas de Rober Amado, gañador da primeira edición do concurso fotográfico "Imaxes con Fondo".

ASINADOS OS TRES PRIMEIROS CONVENIOS DE SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS POLO CONCELLO A ASOCIACIÓN E COLECTIVOS DE BURELA NO 2014

230514 Foto convenios Burela (2)O Alcalde, José Mª González Barcia, e os concelleiros/as de Cultura, Comercio e Servizos Sociais, Mónica Pedre, José Casas e Diana Durán, asinaron o pasado xoves 22 de maio os tres primeiros convenios das subvencións concedidas a asociacións e colectivos de Burela para o presente exercicio 2014. Agora son esas asociacións as que terán que xustificar ditas subvencións para poder cobralas. A vindeira semana seguirán as sinaturas de máis convenios. 

O rexedor explicou que “no día de hoxe procedemos á firma dos tres primeiros convenios que sustentan as subvencións para asociacións e colectivos de distinta índole, de carácter cultural, social, deportivo, etcétera, concedidas polo Concello de Burela para o presente exercicio 2014. En concreto asináronse os convenios da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela, da comisión de festas do presente ano e da Asociación de Amigos da Romaría do Monte Castelo. En total son 18.000 euros para Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela; 32.500 euros que aporta o Concello para a comisión de festas do presente ano e 4.500 euros para Asociación de Amigos da Romería do Monte Castelo”.

Diana Durán subliña que “como se ve, desta maneira o Equipo de Ggoberno cumpre co feito público no seu día; é dicir nós vamos intentar asinar tódolos convenios durante o primeiro semestre do ano e de feito estes colectivos cos que hoxe firmamos os convenios agora xa depende deles xustificar a subvención para poder cobrar. Deste xeito creo que se demostra, unha vez máis, o compromiso do equipo de goberno do Partido Popular neste Concello de Burela de colaborar cos colectivos sociais, asociacións, clubs deportivos, entidades culturais, etcétera, para o seu sustento”.

O Alcalde cre que “agora mesmo non hai ningún colectivo que poida dicir que dende o Concello de Burela non ten axuda dun xeito ou doutro. Tense demostrado recentemente coa entrega de tres novos locais a outras tantas asociacións recen creadas no concello e nesta liña vamos continuar traballando. Xa sei que a algúns isto non lles gusta nada, pois o que desexarían é que desapareceran colectivos para culparnos a nosoutros exactamente do mesmo que eles provocaron. Tanto PSOE como BNG no seu momento retiraron subvencións a colectivos, soamente quedaban tres ou catro, e iso trouxo consigo problemas serios para algúns colectivos para poder sobrevivir. No noso caso, aínda na difícil situación económica que deixou precisamente o goberno bipartito neste Concello, o actual equipo de goberno está facendo todo o posible para conceder subvencións, de feito recuperounas e agora mesmo practicamente tódolos colectivos teñen subvención económica por parte do Concello. E, aparte diso, ofrece locais para que poidan realizar a súa actividade nas mellores condicións posibles e nesta liña vamos continuar”.

José Mª González Barcia engadiu que “na próxima semana vanse seguir firmando convenios, porque a nosa intención é que antes de que remate o mes de xuño tódolos convenios de tódalas subvencións estean asinados e que os colectivos poidan empezar a xustificar esas subvencións atendendo ao que aparece reflectido nos propios convenios, e recordo que o borrador dos convenios foi aprobado pola xunta de goberno na súa sesión da semana pasada, e poidan así recibir a achega económica do Concello canto antes”.

SATISFACCIÓN DO EQUIPO DE GOBERNO BURELÉS TRAS A CONCESIÓN POR PARTE DA XUNTA DE CINCO CURSOS PARA DESEMPREGADOS

220514 Foto cursos Burela Satisfacción do Equipo de Goberno burelés tras a concesión por parte da Xunta de Galicia de cinco cursos de formación dirixicos a persoas  desempregadas. O Alcalde, José Mª González Barcia, o Concelleiro de Emprego, José Casas e a Concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, destacaron “o compromiso da Xunta con Burela” e sinalaron que “son actividades que poden ter saída no mercado laboral”. 

O rexedor indicou que “concédennos 5 cursos: un é de atención socio sanitaria a persoas dependentes, cun total de 418 horas; outro é de promoción turística local e información ao visitante, con 708 horas; un terceiro é de xestión integrada de recursos humanos, con 808 horas; o cuarto é de dinamización de actividades de tempo libre educativo, con 328 horas; e o quinto é de operacións auxiliares de servizos administrativos, con 448 horas de carga lectiva. O número de persoas que poden asistir a cada curso é de 15, co cal vamos formar a 75 desempregados”.

O Alcalde dixo que “o presuposto total dos cinco cursos é de 247.347 euros. Está subvencionado ao cen por cen pola Xunta de Galicia e os cursos van empezar en breve; de feito xa comezamos cos trámites administrativos, xa se xeraron partidas orzamentarias a raíz da recibir a comunicación da Xunta e ademais dos 75 desempregados que van asistir vainos permitir crear con carácter temporal 9 postos de traballos adicionais, que son de auxiliares administrativos e docentes”.

Diana Durán, Concelleira de Servizos Sociais, subliñou que “estamos satisfeitos porque a Xunta atendeu o cen por cen das peticións que lle formuláramos, porque nos dan os cinco cursos que pedíramos”.

Pola súa banda o concelleiro de Emprego, José Casas, manifestou que “os cursos van comezar en breve, prevemos que empecen na primeira quincena do mes de xuño porque teñen que estar rematados o día 30 de novembro do presente ano. Vanse impartir nas novas instalacións do Centro de Formació0n Ocupacional, que están no parque de Tíjola, locais que visitou hoxe a delegada territorial da Xunta na provincia de Lugo, Raquel Arias”. E engadiu: “alí hai catro aulas, aparte das dependencias administrativas, polo que teñen máis capacidade que as anteriores instalacións do centro, que se cambiou de local para cumprir cos criterios de homologación que se piden actualmente para a concesión e realización destes cursos. Estamos moi satisfeitos dos cursos que se van impartir, porque son sobre actividades que poden ter saída no mercado laboral”.

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, mantivo o pasado xoves 22 de maio unha reunión co persoal do centro de formación de Burela, no que se centra a actividade da programación de Accións Formativas para Desempregados (AFD) do municipio e da súa contorna. Arias estivo acompañada polo rexedor e polos concelleiros/as de Servizos Sociais e de Emprego.

ENTREGADOS TRES LOCAIS A OUTRAS TANTAS ASOCIACIÓNS NAS ANTIGAS VIVENDAS DE MESTRES DO CEIP VIRXE DO CARME DE BURELA


220514 Foto entrega locais Burela A Delegada Territorial da Xunta, Raquel Arias, o Alcalde burelés, José G. Barcia, e a Concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, fixeron entrega o pasado xoves 22 de maio dos locais situados na recen rehabilitada vivenda dos mestres do CEIP Virxe do Carme a tres asociacións burelesas:
Raíces Peruanas, Batukadeiras Rabentola e Clube Ciclista Cerezobikes.



O rexedor dixo que “se trata dun compromiso máis co tecido asociativo de Burela. Nestes tres anos de goberno do PP non desapareceu ningunha asociación, creáronse máis e todas as que se crearon teñen a colaboración, en maior ou menor grao do Concello, como se demostra coa entrega destes locais”.

E engadiu que “nesa vivenda queda un local libre e cando ese local se ocupe volveremos ter un problema de locais para asociacións, porque estamos seguros de que seguirán a nacer asociacións en Burela”. Esa vivenda e outra que se destinará a emerxencia social foron rehabilitadas pola Escola Obradoiro Sendas de Burela, Cervo e Xove.

Diana Durán explicou que “así estas asociacións poderán disfrutar de canda seu local co obxectivo de programar, ensaiar, debater e desenvolver todas aquelas actividades obxecto dos seus estatutos. Con esta aposta o equipo de goberno segue a reforzar o tecido asociativo de Burela, que entendemos é fundamental para o desenvolvemento da nosa vila”.

lunes, 19 de mayo de 2014

O GOBERNO BURELÉS ULTIMA A AMPLIACIÓN DO CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

O Equipo de Goberno levará a unha das vindeiras sesións plenarias a ampliación das instalacións da FUNDACIÓN EU SON, segundo a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán. 
 
A edil popular lembrou que “a petición da propia Fundación Eu Son o Concello está estudando a posibilidade de ampliar as instalacións do centro de día para persoas con discapacidade intelectual. Pero nin a Fundación nin o Concello temos suficientes recursos económicos para proceder a unha ampliación, que nosoutros en principio consideramos positiva e polo tanto propuxémoslle hai uns días no encontro que mantivemos en Compostela coa Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, ver as posibles vías de colaboración entre o seu departamento, o Concello e a Fundación Eu Son para poder levar a cabo esa ampliación”.

Diana Durán subliñou que “seguimos a traballar nesta liña, estudando cómo podemos levar adiante esa ampliación, tanto a do centro de día coma a do centro de formación ocupación da Fundación Eu Son. Trátase dun servizo que se presta a nivel comarcal, que ten moitas persoas usuarias da Mariña e tamén de Burela, e necesitamos seguir mellorándoo. Todo o que consigamos será beneficioso tanto para a calidade do servizo que se presta, coma para as persoas beneficiarias e os/as profesionais que traballan nos dous centros da Fundación Eu Son”. 

Hai que lembrar que hai uns días, o Alcalde, José González Barcia, aludía á intención do Equipo de Goberno de retomar un antigo proxecto para tentar construír en Burela unha residencia para persoas con discapacidade intelectual. A obra será moi custosa, pero “o obxectivo é empezar a mover tamén este asunto”.

lunes, 12 de mayo de 2014

SERVIZOS SOCIAIS BURELA CON PRESENCIA NO SHOWCOOKING "Á BEIRA DO MAR"

Durante a mañá de onte, Diana Durán, Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade asistiu na Plaza do Concello de Burela de once a tres ao showcooking Á BEIRA DO MAR. Trátase dun programa de divulgacion gastronómico con productos do mar, promovido polo GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA A MARIÑA-ORTEGAL (GAC1) e organizado polas ACIAS da Mariña.

O obradoiro busca potenciar os productos das lonxas locais. Expertos cociñeiros encargáronse de mostrar en directo diversas preparacións de peixe.

¡¡SERVIZOS SOCIAIS BURELA COA DINAMIZACIÓN E ASOCIACIONISMO DO POBO!!

 

HOMENAXE A PEPE CREGO, A FIN DE RECOÑECER O SEU APOIO A DIFERENTES CAUSAS, EN ESPECIAL Á POSTA EN MARCHA DO CENTRO OCUPACIONAL PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DA FUNDACIÓN EU SON

Paso a paso faise camiño...

Burela rendeu este sábado unha homenaxe ao veciño José Crego Casas, a fin de recoñecer o seu apoio a diferentes causas, en especial á posta en marcha do centro para discapacitados intelectuais. Aos seus 84 anos segue loitando e a súa meta está agora en acometer unha residencia para o colectivo, que sería a primeira da zona.




Foto: Día do Homenaxe a Pepe Crego, persoa loitadora e exemplar a favor da discapacidade intelectual, xunto ao Alcalde de Burela, José González Barcia, ao seu fillo Miguel e servidora. Gracias por esa calidade humana e por regalarnos un día tan emotivo a todos e todas!

A XUNTA SALIENTA A CAPACIDADE EMPRENDEDORA DAS PALILLEIRAS E A SÚA CONTRIBUCIÓN Á ECONOMÍA GALEGA

burela3A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu este sábado ao VIII Encontro de Palilleiras en Burela onde salientou a capacidade emprendedora destas mulleres e a súa contribución á economía galega.

López Abella participou na inauguración do encontro que organizan a Fundación Expomar e a asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras ‘As Encaixeiras de Burela’, no que participaron máis de 500 palilleiras, onde salientou a relevancia social e económica da arte de palillar na nosa comunidade e fixo fincapé na contribución deste traballo feminino ás economías familiares desde final do século XIX.

A secretaria xeral da Igualdade recoñeceu que a confección do encaixe é un traballo laborioso e vocacional, que esixe de moita paciencia, coordinación e destreza manual e incidiu que as palilleiras son parte da cultura de Galicia e un dos mellores escaparates do sector artesanal de Galicia, emprazando ás palilleiras a manter e transmitir ás futuras xeracións este labor artesán que forma parte do patrimonio de Galicia e que se debe seguir conservando no tempo, como se fixo ata o de agora.

Tanto o Alcalde, José González Barcia, como a Concelleira de Muller e Igualdade, Diana Durán, agradecen a presencia da Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, na inauguración en Burela do encontro de mulleres palilleiras e felicitan a asociación "As Encaixeiras de Burela" tanto pola magnífica organización do evento, como pola labor que desempeñan durante todo o ano, "dinamizando o noso pobo de forma activa e constante.

A CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS, MULLER, IGUALDADE E SANIDADE APOIANDO AS XORNADAS TÉCNICAS DE EXPOMAR 2014

O Secretario Xeral do Mar, Juan Maneiro, foi o encargado de inaugurar as Xornadas Técnicas Expomar 2014 a partir das 17.00 horas o pasado xoves 8 de maio na Confraría de Pescadores de Burela. Estivo acompañado polo Alcalde e presidente da Fundación Expomar, José González Barcia, polo Patrón Maior José Basilio Otero Rodríguez e por Diana Durán, Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, entre outros membros do Equipo de Goberno Burelés e entre outras autoridades, tanto locais como provinciais e autonómicas, relacionadas co sector pesqueiro.

Foto: A Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na presentación das Xornadas Técnicas EXPOMAR 2014, xunto ao Alcalde de Burela e Presidente da Fundación Expomar, José González Barcia, Presidente de ABSA, Abelardo Basanta Fra e o Patrón Maior da Confraría de Burela, José Basilio Otero Rodríguez.

ÉXITO DA PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL MULLER(ES)MULLER EN BURELA

ÉXITO DA PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE 
MULLER(ES)MULLER EN BURELA


O pasado mércores, 7 de maio, ttivo lugar na Casa da Cultura a estrea da longametraxe Muller(es)Muller, da produtora galega SocialDocs. A concelleira de Igualdade, Diana Durán, está satisfeita pola cantidade de público que se deu cita para ver este filme. 

A cinta busca dar luz sobre o papel das mulleres na sociedade e na transmisión de valores e os cambios que se producen dunha xeración a outra. O papel das mulleres na sociedade transformouse, pero máis aló de datos estatísticos que o confirmen, a realidade sempre funciona como un potente indicador. 

Tres xeracións de mulleres, tres mundos, tres vidas coas súas coincidencias e discrepancias, permitíronlles ás persoas asistentes á proxección sumerxerse nesa realidade multiforme e cambiante do que significa ser Muller

O proxecto, que requiriu case dous anos de traballo e a participación dunha vintena de profesionais, recolle a realidade de dezanove mulleres de diferentes xeracións, cunha particularidade: trátase, en cada caso, de tres xeracións da mesma familia. Seis familias de tres mulleres (catro, nun dos casos) que mostran sen tapuxos á cámara as súas visións do que é ser Muller

O documental conta tamén coa participación de diversas escritoras, como Yolanda Castaño, Olga Novo, Marilar Aleixandre, Chus Pato, Carmen Blanco e María Reimondez. 

O proxecto complétase cunha exposición na que as fotógrafas Alba Sotelo, Sue Rainbow, María F. Armero, Mari Vega, María Moldes e Mariola Mourelo, retrataron cada unha a unha das familias. 

Ao acto acudiron o Alcalde, José González Barcia, a Concelleira Diana Durán e o produtor do documental, Domingo Díaz. Tamén asistiron á proxección diversos membros do goberno municipal burelés.

NOVAS TECNOLOXÍAS PARA PERSOAS MAIORES DE 55 ANOS

AS NOVAS TECNOLOXÍAS FORON AS PROTAGONISTAS DOS DOUS CURSOS QUE FORON IMPARTIDOS O PASADO XOVES NO CENTRO DE FORMACIÓN OCUPACIONAL DO CONCELLO BURELÉS. AS PERSOAS DESTINATARIAS FORON PERSOAS MAIORES DE 55 ANOS. 

O pasado xoves 8 de maio, o Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela, ubicado nas inmediacións do Parque de Tíjola, acolleu dous cursos para persoas maiores de 55 anos sobre novas tecnoloxías impartidos pola Deputación de Lugo. 

 Ditos cursos tiveron lugar esa mañá entre as 9 e as 13:30 horas. No centro estiveron o Concelleiro de Emprego, José Casas, a Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Diana Durán, e tamén o Deputado Provincial responsable de Innovación, Alfredo Llano. 

Casas e Durán sinalaron que “ao longo do ano haberá máis cursos organizados en colaboración entre a institución provincial e o Concello de Burela”, e así llo transmitiron ao Deputado Provincial, agradecendo a colaboración entre ambas institucións.



jueves, 8 de mayo de 2014

UNHA DELEGACIÓN DE BATUKADEIRAS DE CABO VERDE VIAXA A BURELA PARA COÑECER A CULTURA GALEGA

Unha delegación de Batukadeiras de Cabo Verde viaxará a Burela a finais deste mes para visitar ás súas familias asentadas na localidade, para coñecer a cultura galega e para promocionar as súas tradicións. Estarán en contacto directo coas Batukadeiras locais de Burela Batuko Tabanka.
 
Segundo explicou esta mañá a Concelleira de Igualdade, Diana Durán, “as Batukadeiras Nos HeranÇa da Cidade Vellia de Cabo Verde estarán na nosa vila do 23 de maio ao 2 de xuño. O obxectivo é visitar ás súas familias durante a celebración das Festas de Burela Patronais para coñecer un pouco da nosa cultura e das nosas tradicións. Ademais participarán no día dedicado a África e a Cabo Verde que se desenvolverá durante os festexos patronais e tamén ser parte activa tanto da elaboración da alfombra floral como participantes das procesións”.

O 25 de maio ás 13 horas o Alcalde, José González Barcia, e a Concelleira Diana Durán acudirán á Praza de Abastos para participar na Xuntanza Intercultural entre Cabo Verde e Burela que se desenvolverá durante esa xornada. E o 29 de maio ás 12:30 horas o rexedor e a edil de Servizos Sociais ofrecerán unha recepción no Concello ás Batukadeiras Nos HeranÇa.

miércoles, 7 de mayo de 2014

ATA O 5 DE XUÑO ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA DE VACACIÓNS DO IMSERSO PARA MAIORES

A Concellería de Servizos Sociais informa que o prazo para solicitar vacacións para maiores do IMSERSO permanece aberto ata o 5 de xuño. 
 
Os requisitos que deben reunir as persoas interesadas en participar neste programa son os seguintes: 

-ter como mínimo 65 anos cumpridos; 
-ser pensionistas de xubilación do sistema público de pensións; 
-ser pensionista de viuvedade con idade igual ou superior a 55 anos; 
-ou ser pensionista de incapacidade, outras pensións ou prexubilados, e ter en todos estes casos 60 anos cumpridos.

A Concellería de Servizos Sociais engade que se a persoa solicitante viaxa co/a seu/súa cónxuxe, non é preciso que este/a reúna os requisitos de idade e pensión. Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%, sempre que realice o viaxe cos seus pais ou nais.

Para máis información e trámite, as persoas interesadas deberán dirixirse aos Servizos Sociais Municipais, sitos na Casa do Concello, en horario de 8 a 15 horas de luns a venres.

martes, 6 de mayo de 2014

BURELA ACOLLE ESTE MÉRCORES A ESTREA DA LONGAMETRAXE "MULLER(ES)MULLER" DA PRODUTORA SOCIAL DOCS


Tras dous anos de traballo, a longametraxe Muller(es)Muller, da produtora galega SocialDocs, e realizado coa colaboración do Instituto da Muller poderá verse en Burela. Será mañá mércores, 7 de maio, ás 20 horas na Casa da Cultura. Á proxección asistirá parte do equipo técnico que explicará detalles da súa produción.

Segundo a concelleira de Muller e Igualdade, Diana Durán, “a cinta busca dar luz sobre o papel das mulleres na sociedade e na transmisión de valores e os cambios que se producen dunha xeración a outra”. 


O papel das mulleres na sociedade transformouse, pero máis aló de datos estatísticos que o confirmen, a realidade sempre funciona como un potente indicador. Tres xeracións de mulleres, tres mundos, tres vidas coas súas coincidencias e discrepancias, permítennos submerxirnos nesa realidade multiforme e cambiante do que significa ser muller. 


OLYMPUS DIGITAL CAMERA
O proxecto, que requiriu case dous anos de traballo e a participación dunha vintena de profesionais, recolle a realidade de dezanove mulleres de diferentes xeracións, cunha particularidade: trátase, en cada caso, de tres xeracións da mesma familia. Seis familias de tres mulleres (catro, nun dos casos) que mostran sen tapuxos á cámara as súas visións do que é ser Muller. 


O documental conta tamén coa participación de diversas escritoras, como Yolanda Castaño, Olga Novo, Marilar Aleixandre, Chus Pato, Carmen Blanco e María Reimondez.O proxecto complétase cunha exposición na que as fotógrafas Alba Sotelo, Sue Rainbow, María F. Armero, Mari Vega, María Moldes e Mariola Mourelo, retrataron cada unha a unha das familias. 


A cinta foi presentada onte polo Alcalde, José González Barcia, pola Concelleira Diana Durán e polo produtor do documental, Domingo Díaz.

lunes, 5 de mayo de 2014

HOXE, NA CASA DO CONCELLO, ROLDA DE PRENSA DO DOCUMENTAL MULLER(ES)MULLER

Rolda de prensa do documental MULLER(ES)MULLER, xunto ó Alcalde de Burela e o productor Domingo Díaz, da productora galega SOCIAL DOCS.







viernes, 2 de mayo de 2014

SERVIZOS SOCIAIS BURELA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: MULLER(ES)MULLER ¡NON O PERDAS! ENTRE TOD@S PODEMOS ERRADICAR ESTA LACRA SOCIAL


O DOCUMENTAL MULLER(ES)MULLER PROXÉCTASE O MÉRCORES 7 NA CASA DA CULTURA ÁS 20 H


XORNADA SOBRE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO EN BURELA

010514 Foto violencia xenero Burela 1 


O Alcalde, José González Barcia, e a Concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, acudiron este mércores a unha xornada sobre prevención de violencia de xénero no salón de conferencias, que rexistrou unha asistencia moi importante para escoitar á responsable da Unidade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno en Lugo, Ana Pacio, e á delegada territorial da Xunta, Raquel Arias. 

Para Diana Durán, concelleira de Muller, “as dúas foron moi concisas nos conceptos vinculados coa violencia de xénero e cos factores determinantes para a súa detección. E incidiron na importancia da colaboración estreita e do traballo conxunto que deben efectuar os entes públicos e privados, tal e como acontece entre o CIM burelés e asociación Bumei”. 

Foi Bumei a encargada de organizar este seminario. A súa presidenta Mary Fraga anunciou que se desenvolverán tres ao longo do presente ano.

ÉXITO DE PÚBLICO NO PRIMEIRO SEMINIARIO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO ORGANIZADO POR MULLERES EN IGUALDADE (BUMEI)

igualdadGran afluencia de público durante a celebración das xornadas contra a violencia de xénero que Mujeres en Igualdad Burela organizou este mércores na localidade.

O alcalde, José González Barcia, foi o responsable da súa presentación na que manifestou o agradecemento ás persoas asistentes e o seu recoñecemento ao traballo que a asociación Mujeres en Igualdad Burela (BUMEI) realiza na prevención da violencia de xénero.

A presidenta do colectivo, Mary Fraga, tamén moderadora da mesa, manifestou a intención de celebrar outros dous seminarios contra a violencia de xénero ó longo do ano para manter informada á poboación sobre as novas campañas de prevención e actuación contra a violencia de xénero, así como da nova normativa que vaia xurdindo. 

Mary Fraga fixo un especial chamamento sobre a necesidade de coordinación por parte tanto das asociacións como das persoas que traballamos contra a violencia de xénero para que, unindo esforzos, se poida conseguir que esta lacra social finalice xa.

Destacou tamén a importancia de denunciar ante o menor indicio de que unha veciña, amiga ou compañeira este sendo vítima de violencia de xénero facendo especial fincapé en que no que vai de ano son 23 as mulleres asasinadas en España vítimas de violencia de xénero e que só 6 denunciaran previamente ó seu agresor, quizás na maioría dos casos por falta de información. Tamén insistiu na necesidade de traballar en colaboración co CIM onde profesionais cualificadas prestaran axuda e información a todas as mulleres que o precisen.

A terceira en intervir foi Raquel Arias, delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, que se encargou de informar ós asistentes, das axudas existentes dende as distintas adminitracións para axudar ás vítimas de violencia de xénero. Facendo especial fincapé na información, educación e prevención dende a idade escolar.

Posteriormente Ana Pacio, xefa de prevención de violencia de xénero da subdelegación de goberno en Lugo, foi a encargada de explicar en que consiste a violencia de xénero, tipos de violencia, datos estatais en canto a cifras escalofriantes de mortes por violencia de xénero, percepción social da violencia, resumen dos servizos de protección dispoñibles, desde o teléfono de información á muller 016 ó Atempro os brazaletes de seguimento das medidas de alexamento. Ana Pacio resaltou a importancia da prevención e afirmou que a única forma é educar no respecto ás persoas e os seus dereitos.
Para finalizar adianto, o seu compromiso de volver a Burela no próximo seminario que organizará Mujeres en Igualdad ó largo do ano, para aportar os seus coñecementos e actualizacións sobre as axudas á prevención da violencia de xénero.

Ó acto asistiu numeroso público entre os que se encontraban, representantes de diversas asociacións, Garda Civil especializada na violencia de xénero, autoridades de diversos Concellos, concelleiros, representantes de varias cofradías de pescadores, así como numeroso público en xeral e, por suposto, a Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade do Concello de Burela e membro da directiva de BUMEI, Diana Durán.

UNHA TRINTENA DE PERSOAS PARTICIPARON EN BURELA NA XORNADA SOBRE O PRESENTE E FUTURO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR


Unha treintena de persoas asistiron este mércores no Salón de Plenos do Concello de Burela á xornada ‘Novas perspectivas no Servizo de Axuda no Fogar: presente e futuro’. 

A xornada foi inaugurada polo Terceiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Economía, Facenda, Emprego e Industria en Burela, José Casas Martínez. Acompañárono o Alcale, José Mª González Barcia, e a Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, Diana Durán.

Tres foron as ponencias que se desenvolveron para achegar o funcionamento do servizo de axuda no fogar ás persoas asistentes. As encargadas de impartilas foron Diana Durán, a Concelleira de Servizos Sociais; a Traballadora Social e responsable do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Burela, Dolores Rodríguez Moreda; e a Traballadora Social Coordinadora do programa do SAF en Burela, da empresa Centro Clínico Ribadeo SL, Yolanda Pérez Rey.

José Casas subliñou que “a xornada resultou de moito interese para as persoas participantes”.