lunes, 12 de mayo de 2014

A XUNTA SALIENTA A CAPACIDADE EMPRENDEDORA DAS PALILLEIRAS E A SÚA CONTRIBUCIÓN Á ECONOMÍA GALEGA

burela3A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu este sábado ao VIII Encontro de Palilleiras en Burela onde salientou a capacidade emprendedora destas mulleres e a súa contribución á economía galega.

López Abella participou na inauguración do encontro que organizan a Fundación Expomar e a asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras ‘As Encaixeiras de Burela’, no que participaron máis de 500 palilleiras, onde salientou a relevancia social e económica da arte de palillar na nosa comunidade e fixo fincapé na contribución deste traballo feminino ás economías familiares desde final do século XIX.

A secretaria xeral da Igualdade recoñeceu que a confección do encaixe é un traballo laborioso e vocacional, que esixe de moita paciencia, coordinación e destreza manual e incidiu que as palilleiras son parte da cultura de Galicia e un dos mellores escaparates do sector artesanal de Galicia, emprazando ás palilleiras a manter e transmitir ás futuras xeracións este labor artesán que forma parte do patrimonio de Galicia e que se debe seguir conservando no tempo, como se fixo ata o de agora.

Tanto o Alcalde, José González Barcia, como a Concelleira de Muller e Igualdade, Diana Durán, agradecen a presencia da Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, na inauguración en Burela do encontro de mulleres palilleiras e felicitan a asociación "As Encaixeiras de Burela" tanto pola magnífica organización do evento, como pola labor que desempeñan durante todo o ano, "dinamizando o noso pobo de forma activa e constante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario