viernes, 2 de mayo de 2014

XORNADA SOBRE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO EN BURELA

010514 Foto violencia xenero Burela 1 


O Alcalde, José González Barcia, e a Concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, acudiron este mércores a unha xornada sobre prevención de violencia de xénero no salón de conferencias, que rexistrou unha asistencia moi importante para escoitar á responsable da Unidade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno en Lugo, Ana Pacio, e á delegada territorial da Xunta, Raquel Arias. 

Para Diana Durán, concelleira de Muller, “as dúas foron moi concisas nos conceptos vinculados coa violencia de xénero e cos factores determinantes para a súa detección. E incidiron na importancia da colaboración estreita e do traballo conxunto que deben efectuar os entes públicos e privados, tal e como acontece entre o CIM burelés e asociación Bumei”. 

Foi Bumei a encargada de organizar este seminario. A súa presidenta Mary Fraga anunciou que se desenvolverán tres ao longo do presente ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario