miércoles, 7 de mayo de 2014

ATA O 5 DE XUÑO ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA DE VACACIÓNS DO IMSERSO PARA MAIORES

A Concellería de Servizos Sociais informa que o prazo para solicitar vacacións para maiores do IMSERSO permanece aberto ata o 5 de xuño. 
 
Os requisitos que deben reunir as persoas interesadas en participar neste programa son os seguintes: 

-ter como mínimo 65 anos cumpridos; 
-ser pensionistas de xubilación do sistema público de pensións; 
-ser pensionista de viuvedade con idade igual ou superior a 55 anos; 
-ou ser pensionista de incapacidade, outras pensións ou prexubilados, e ter en todos estes casos 60 anos cumpridos.

A Concellería de Servizos Sociais engade que se a persoa solicitante viaxa co/a seu/súa cónxuxe, non é preciso que este/a reúna os requisitos de idade e pensión. Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%, sempre que realice o viaxe cos seus pais ou nais.

Para máis información e trámite, as persoas interesadas deberán dirixirse aos Servizos Sociais Municipais, sitos na Casa do Concello, en horario de 8 a 15 horas de luns a venres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario