jueves, 8 de mayo de 2014

UNHA DELEGACIÓN DE BATUKADEIRAS DE CABO VERDE VIAXA A BURELA PARA COÑECER A CULTURA GALEGA

Unha delegación de Batukadeiras de Cabo Verde viaxará a Burela a finais deste mes para visitar ás súas familias asentadas na localidade, para coñecer a cultura galega e para promocionar as súas tradicións. Estarán en contacto directo coas Batukadeiras locais de Burela Batuko Tabanka.
 
Segundo explicou esta mañá a Concelleira de Igualdade, Diana Durán, “as Batukadeiras Nos HeranÇa da Cidade Vellia de Cabo Verde estarán na nosa vila do 23 de maio ao 2 de xuño. O obxectivo é visitar ás súas familias durante a celebración das Festas de Burela Patronais para coñecer un pouco da nosa cultura e das nosas tradicións. Ademais participarán no día dedicado a África e a Cabo Verde que se desenvolverá durante os festexos patronais e tamén ser parte activa tanto da elaboración da alfombra floral como participantes das procesións”.

O 25 de maio ás 13 horas o Alcalde, José González Barcia, e a Concelleira Diana Durán acudirán á Praza de Abastos para participar na Xuntanza Intercultural entre Cabo Verde e Burela que se desenvolverá durante esa xornada. E o 29 de maio ás 12:30 horas o rexedor e a edil de Servizos Sociais ofrecerán unha recepción no Concello ás Batukadeiras Nos HeranÇa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario