O Alcalde, José Mª González Barcia, e os
concelleiros/as de Cultura, Comercio e Servizos Sociais, Mónica Pedre, José
Casas e Diana Durán, asinaron o pasado xoves 22 de maio os tres primeiros convenios das
subvencións concedidas a asociacións e colectivos de Burela para o
presente exercicio 2014. Agora son esas asociacións as que terán que
xustificar ditas subvencións para poder cobralas. A vindeira semana
seguirán as sinaturas de máis convenios.
O rexedor explicou que “no día de hoxe procedemos á firma dos tres
primeiros convenios que sustentan as subvencións para asociacións e
colectivos de distinta índole, de carácter cultural, social, deportivo,
etcétera, concedidas polo Concello de Burela para o presente exercicio
2014. En concreto asináronse os convenios da Asociación de Comerciantes,
Industriais e Autónomos de Burela, da comisión de festas do presente
ano e da Asociación de Amigos da Romaría do Monte Castelo. En total son
18.000 euros para Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de
Burela; 32.500 euros que aporta o Concello para a comisión de festas do
presente ano e 4.500 euros para Asociación de Amigos da Romería do
Monte Castelo”.
Diana Durán subliña que “como se ve, desta maneira o Equipo de Ggoberno cumpre co feito público no seu día; é dicir nós vamos intentar
asinar tódolos convenios durante o primeiro semestre do ano e de feito
estes colectivos cos que hoxe firmamos os convenios agora xa depende
deles xustificar a subvención para poder cobrar. Deste xeito creo que se
demostra, unha vez máis, o compromiso do equipo de goberno do Partido
Popular neste Concello de Burela de colaborar cos colectivos sociais,
asociacións, clubs deportivos, entidades culturais, etcétera, para o seu
sustento”.
O Alcalde cre que “agora mesmo non hai ningún colectivo que poida
dicir que dende o Concello de Burela non ten axuda dun xeito ou doutro.
Tense demostrado recentemente coa entrega de tres novos locais a
outras tantas asociacións recen creadas no concello e nesta liña vamos
continuar traballando. Xa sei que a algúns isto non lles gusta nada,
pois o que desexarían é que desapareceran colectivos para culparnos a
nosoutros exactamente do mesmo que eles provocaron. Tanto PSOE como BNG
no seu momento retiraron subvencións a colectivos, soamente quedaban
tres ou catro, e iso trouxo consigo problemas serios para algúns
colectivos para poder sobrevivir. No noso caso, aínda na difícil
situación económica que deixou precisamente o goberno bipartito neste
Concello, o actual equipo de goberno está facendo todo o posible para
conceder subvencións, de feito recuperounas e agora mesmo practicamente
tódolos colectivos teñen subvención económica por parte do Concello. E,
aparte diso, ofrece locais para que poidan realizar a súa actividade nas
mellores condicións posibles e nesta liña vamos continuar”.
José Mª González Barcia engadiu que “na próxima semana vanse seguir
firmando convenios, porque a nosa intención é que antes de que remate o
mes de xuño tódolos convenios de tódalas subvencións estean asinados e
que os colectivos poidan empezar a xustificar esas subvencións atendendo
ao que aparece reflectido nos propios convenios, e recordo que o
borrador dos convenios foi aprobado pola xunta de goberno na súa sesión
da semana pasada, e poidan así recibir a achega económica do Concello
canto antes”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario