viernes, 2 de mayo de 2014

UNHA TRINTENA DE PERSOAS PARTICIPARON EN BURELA NA XORNADA SOBRE O PRESENTE E FUTURO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR


Unha treintena de persoas asistiron este mércores no Salón de Plenos do Concello de Burela á xornada ‘Novas perspectivas no Servizo de Axuda no Fogar: presente e futuro’. 

A xornada foi inaugurada polo Terceiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Economía, Facenda, Emprego e Industria en Burela, José Casas Martínez. Acompañárono o Alcale, José Mª González Barcia, e a Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, Diana Durán.

Tres foron as ponencias que se desenvolveron para achegar o funcionamento do servizo de axuda no fogar ás persoas asistentes. As encargadas de impartilas foron Diana Durán, a Concelleira de Servizos Sociais; a Traballadora Social e responsable do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Burela, Dolores Rodríguez Moreda; e a Traballadora Social Coordinadora do programa do SAF en Burela, da empresa Centro Clínico Ribadeo SL, Yolanda Pérez Rey.

José Casas subliñou que “a xornada resultou de moito interese para as persoas participantes”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario