viernes, 30 de mayo de 2014

ENTREGADOS TRES LOCAIS A OUTRAS TANTAS ASOCIACIÓNS NAS ANTIGAS VIVENDAS DE MESTRES DO CEIP VIRXE DO CARME DE BURELA


220514 Foto entrega locais Burela A Delegada Territorial da Xunta, Raquel Arias, o Alcalde burelés, José G. Barcia, e a Concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, fixeron entrega o pasado xoves 22 de maio dos locais situados na recen rehabilitada vivenda dos mestres do CEIP Virxe do Carme a tres asociacións burelesas:
Raíces Peruanas, Batukadeiras Rabentola e Clube Ciclista Cerezobikes.



O rexedor dixo que “se trata dun compromiso máis co tecido asociativo de Burela. Nestes tres anos de goberno do PP non desapareceu ningunha asociación, creáronse máis e todas as que se crearon teñen a colaboración, en maior ou menor grao do Concello, como se demostra coa entrega destes locais”.

E engadiu que “nesa vivenda queda un local libre e cando ese local se ocupe volveremos ter un problema de locais para asociacións, porque estamos seguros de que seguirán a nacer asociacións en Burela”. Esa vivenda e outra que se destinará a emerxencia social foron rehabilitadas pola Escola Obradoiro Sendas de Burela, Cervo e Xove.

Diana Durán explicou que “así estas asociacións poderán disfrutar de canda seu local co obxectivo de programar, ensaiar, debater e desenvolver todas aquelas actividades obxecto dos seus estatutos. Con esta aposta o equipo de goberno segue a reforzar o tecido asociativo de Burela, que entendemos é fundamental para o desenvolvemento da nosa vila”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario