lunes, 23 de enero de 2012

O CONCELLO DE BURELA ANUNCIA QUE VAI RETOMAR EN FEBREIRO O PROGRAMA PREESCOLAR NA CASA - EDUCAR EN FAMILIA


O CONCELLO RETOMARÁ EN FEBREIRO O PROGRAMA PREESCOLAR NA CASA-EDUCAR EN FAMILIA. DIANA DURÁN CONVOCA AOS PAIS E NAIS A XUNTANZAS INFORMATIVAS.

O Concello de Burela seguindo co seu compromiso de apoio ás familias vai a retomar, no mes de febreiro, o programa Preescolar na Casa-Educar en Familia, segundo ven de informar a Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade.

Diana Durán sinalou que “éste é un programa sen custo algún, dirixido ás familias que teñen nenos e nenas de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos, que pretende acompañar a labor de educadores e educadoras dos pais e nais e axudalos a resolver calquera dúbida que se poida presentar na crianza dos fillos e fillas”.

As reunións de convocatoria terán lugar o día 31 de xaneiro ás 16:00 horas e o día 2 de febreiro ás 10:30 horas, na Casa da Cultura. As familias serán tamén convocadas por correo postal.

A edil popular recorda que, para para este curso, o programa desenvolverase os luns e xoves de 10:30 a 12:30 horas e os martes de 16 a 18 horas, na "Aula de Familia" (Casa da Cultura).

domingo, 8 de enero de 2012

O VINDEIRO LUNS COMEZAN NA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE DE BURELA AS ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE QUE O CONCELLO ORGANIZA PARA OS MAIORES EXTERNOS A ESTE CENTRO, QUE ANTES ACUDÍAN A UN LOCAL ALUGADO POLO BIPARTITO


Máña luns, 9 de xaneiro, comezan na residencia da terceira idade de Burela as actividades de lecer e tempo libre que o Concello organiza para os maiores externos a este centro, aínda que tamén se poderán beneficiar delas os residentes.


A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, agradece “a boa disposición da dirección da residencia da terceira idade para albergar estas actividades (xadrez, parchís, cartas, etc…), que anteriormente se desenvolvían nun local alugado polo anterior equipo de goberno. Dito aluguer e o mantemento das instalacións supoñía un gasto duns 10.000 euros ao ano”. Durán explica que “agora eses 10.000 euros que aforramos ao non contar con ese local destinámolos a custear unha parte dos cursos e actividades para os nosos maiores. Estas persoas que antes se reunían e disfrutaban destas actividades nesas instalacións foron reubicadas polo Concello na residencia da terceira idade de Burela”. A edil popular tamén tivo palabras de agradecemento para a xefatura territorial de Traballo e Benestar “por axilizar todos os trámites realizados co fin de poder desenvolver estas actividades na residencia da terceira idade de Burela”.


Diana Durán asegura que “o obxectivo desta medida é optimizar os recursos existentes e abrir os equipamentos á comunidade, algo que supón un dobre beneficio para unha parte e para a outra”.
A edil insiste en que “non se trata en ningún momento de aforrar por aforrar e menos con aqueles colectivos con necesidades específicas, senón todo o contrario, trátase de non despilfarrar e facer unha boa xestión dos poucos recursos económicos cos que se conta na actualidade. Carecer de cartos, contantes y sonantes, non debe de ser unha barreira para xestionar, aínda que ninguén pon en dúbida que é moito máis difícil. Un exemplo claro da nosa política en materia de servizos sociais é que con moito menos diñeiro poñemos en marcha moitos máis programas e atendemos a un maior número de persoas: na actualidade a Concellería de Servizos Sociais ten previstas outras moitas actividades para os maiores de Burela”.


Tanto é así que volta co novo ano o programa de estimulación cognitiva e prevención da dependencia chamado Dálle vida aos teus anos, do que se beneficiarán arredor de 90 persoas. O pasado 3 de xaneiro deu comezo a inscrición á ximnasia preventiva da que están a disfrutar 100 persoas maiores e que a novidade será a súa impartición de forma continua ao longo de todo o ano 2012 e non “con paróns de mínimo 4 meses como se viña facendo co anterior goberno”, así como a ampliación de quendas, podendo atender a un maior número de persoas. Así mesmo, o Concello de Burela conta co servizo de fisioterapia a domicilio, “trátase dun programa complementario da axuda no fogar. As persoas beneficiarias realizan exercizos de ximnasia preventiva e rehabilitadora tanto no centro de día (equipamento dotado de aparellos específicos de rehabilitación) como nos seus domicilios. Tamén será de duración ininterrompida ao longo do ano e cunha maior cobertura de pacientes. Estes dous últimos programas darán comezo a mediados deste mesmo mes de xaneiro, xa que a primeira quincena está destinada a reorganizar ámbolos dous programas, de xeito que as persoas destinatarias poidan acollerse a aqueles horarios que mellor se axusten a cada quen. E contamos tamén con outro programa de apoio á dependencia e atención individualizada a base de exercizos de estimulación cognitiva, psicomotricidade fina, coordinación espacial e temporal, etc. que ao igual que o anterior realízase no centro de día e nos domicilios das persoas dependentes”.

O CIM DE BURELA DOTADO DO SISTEMA DE TELETRADUCIÓN A 51 IDIOMAS

O Centro de Información á Muller de Burela comeza o ano 2012 coa dotación do sistema de teletradución en 51 idiomas, xa que o pasado 3 de xaneiro o Alcalde de Burela, José González Barcia, asinou un convenio coa Secretaría Xeral da Igualdade, co obxectivo de mellorar a atención ás mullleres estranxeiras, en especial ás que son vítimas de violencia de xénero. En concreto, este sistema xa foi habilitado esta mesma semana nos CIM de Burela, Ribadeo, Monforte, Palas de Rei e Viveiro.


A responsable do departamento autonómico, Susana López Abella, anunciou que o goberno galego asumirá todos os costes.

López Abella destacou que coa implantación deste novo sistema preténdese adaptar a atención á muller aos novos tempos, cunha crecente poboación inmigrante. Como proba dese maior peso sinalou que, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, en 2010 residían na provincia 6.757 mulleres estranxeiras e no conxunto da comunidade galega, 54.447.

Secretaria Xeral de Igualdade indicou que as mujeres foráneas que se dirixen aos CIM en busca de asesoramento para recibir asistencia por ser vítimas de violencia de xénero atopan na "barreira idiomática" un dos principais escollos. Recalcou que "teñen maiores dificultades para explicar a súa situación e pedir axuda e, precisamente, para sortear ese problema nace o novo servizo, que permitirá ás usuarias dos CIM comunicarse telefonicamente cunha intérprete no seu propio idioma".

Abella estuvo acompañada pola Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, quen resaltou que esta actuación "pon de relevancia a aposta da Xunta por avanzar na igualdade real das mulleres". Ademais, subraiou que co novo sistema de teletradución as estranxieras poderán expresarse no seu propio idioma "os 365 días do ano e as 24 horas do día".

Outro dato a destacar é que a teletradución tamén foi posta a disposición das casas de acollida que asisten a vítimas da violencia de xénero e de entidades sen ánimo de lucro deste mesmo ámbito.