domingo, 8 de enero de 2012

O CIM DE BURELA DOTADO DO SISTEMA DE TELETRADUCIÓN A 51 IDIOMAS

O Centro de Información á Muller de Burela comeza o ano 2012 coa dotación do sistema de teletradución en 51 idiomas, xa que o pasado 3 de xaneiro o Alcalde de Burela, José González Barcia, asinou un convenio coa Secretaría Xeral da Igualdade, co obxectivo de mellorar a atención ás mullleres estranxeiras, en especial ás que son vítimas de violencia de xénero. En concreto, este sistema xa foi habilitado esta mesma semana nos CIM de Burela, Ribadeo, Monforte, Palas de Rei e Viveiro.


A responsable do departamento autonómico, Susana López Abella, anunciou que o goberno galego asumirá todos os costes.

López Abella destacou que coa implantación deste novo sistema preténdese adaptar a atención á muller aos novos tempos, cunha crecente poboación inmigrante. Como proba dese maior peso sinalou que, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, en 2010 residían na provincia 6.757 mulleres estranxeiras e no conxunto da comunidade galega, 54.447.

Secretaria Xeral de Igualdade indicou que as mujeres foráneas que se dirixen aos CIM en busca de asesoramento para recibir asistencia por ser vítimas de violencia de xénero atopan na "barreira idiomática" un dos principais escollos. Recalcou que "teñen maiores dificultades para explicar a súa situación e pedir axuda e, precisamente, para sortear ese problema nace o novo servizo, que permitirá ás usuarias dos CIM comunicarse telefonicamente cunha intérprete no seu propio idioma".

Abella estuvo acompañada pola Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, quen resaltou que esta actuación "pon de relevancia a aposta da Xunta por avanzar na igualdade real das mulleres". Ademais, subraiou que co novo sistema de teletradución as estranxieras poderán expresarse no seu propio idioma "os 365 días do ano e as 24 horas do día".

Outro dato a destacar é que a teletradución tamén foi posta a disposición das casas de acollida que asisten a vítimas da violencia de xénero e de entidades sen ánimo de lucro deste mesmo ámbito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario