martes, 22 de julio de 2014

OBRADOIRO EN FOTOGRAFÍA SOCIAL: UN OBRADOIRO QUE FARÁ VER O MUNDO CON OUTROS OLLOS


SERVIZOS SOCIAIS #BURELA NO ESTRENO DO DOCUMENTAL "ESCAMAS, SANGUE!" SOBRE A "GUERRA DO BONITO"

Enlace permanente de imagen incrustada 

Na tarde de onte bureleses e burelesas tivemos a oportunidade de asistir, na Confraría de Pescadorse San Xoán Bautista, ao estreno de "Escamas, sangue!", un novo documental que repasa a Guerra do Bonito, unha loita pola pesca sostible que fai 20 anos tivo o seu epicentro en Burela e, por extensión, en A Mariña.

¡¡Noraboa a Adríán e Breixo,autores do documental!!


SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE DE BURELA ORGANIZAN UN CICLO DE CHARLAS COA ONG MÉDICOS DO MUNDO

O "Programa de Atención a Inmigrantes" da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela vai realizar un ciclo de charlas en colaboración coa ONG Médicos do Mundo, segundo ven de anunciar a concelleira Diana Durán. 
 
A edil popular explica que “ditas charlas informativas serven para promocionar a educación para a saúde e fomentar hábitos de vida saudables, axudando a manter a boa saúde”.

A primeira charla que se impartirá será o día 30 de xullo no salón de plenos do Concello en horario de 10:00 a 14:00 horas e o seu título será Acceso á saúde para persoas inmigrantes en Galicia, na que se tratará do dereito da saúde, dereito para persoas que traballan, beneficiarios/as ou asegurados/as de persoas que traballan, saúde gratuíta para mulleres embarazadas, menores e urxencias médicas, reclamacións de facturación por atención urxente, programa galego de protección social de saúde pública…”. 

A charla está dirixida principalmente para persoas inmigrantes, pero tamén poderán participar aquelas persoas que ben por intereses persoais ou profesionais estean motivadas.

Para máis información @s interesad@s poden dirixirse ao Programa de Atención a Inmigrantes do Concello de Burela ao seguinte número de teléfono 982 58 06 09.

A CASA DA XUVENTUDE DE BURELA ACOLLERÁ DO 5 AO 7 DE AGOSTO UN OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA SOCIAL

O "Programa de Atención a Inmigrantes" da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela, como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, vai impartir un Obradoiro de Fotografía Social. O curso desenvolverase do 5 ao 7 de agosto. 

Diana Durán subliña que “será impartido por Rober Amado, (fotógrafo gañador da I Edición de Imaxes con Fondo e Premio Tiflos de Xornalismo Social da Fundación ONCE)”. 

A edil popular indica que “o obxectivo deste obradoiro é espertar a curiosidade polo mundo da fotografía e xerar as ferramentas necesarias para dar a posibilidade de mellorar o ollo fotográfico e ampliar o coñecemento tanto da arte fotográfica como da súa faceta máis documental”. 

Diana Durán explica que "este cuso é unha ferramenta que permite crear conciencia social coas imaxes e palabras, empegrando linguaxe e termos de igualdade. É un curso de fotografía que fará ver o mundo con outros ollos."

As clases serán os días 5, 6 e 7 de agosto en horario de 10:00 a 13:00 horas na Casa da Xuventude. O curso está dirixido a persoas maiores de 14 anos.

Para anotarse e/ou solicitar máis información @s interesados poden chamar ao Programa de Atención a Inmigrantes do Concello de Burela ao seguinte número de teléfono 982 58 06 09.

viernes, 18 de julio de 2014

CLAUSURA DO VII SEMINARIO DE JAZZ E MÚSICA MODERNA

ServizosSociais#Burela asiste á clausura do VII Seminario de Jazz e Música Moderna, en fusión coas Batuko Tabanka e Rabentolas 

 

 


Enlace permanente de imagen incrustada

A EDIL POPULAR, DIANA DURÁN, ASISTE AO ACTO QUE RINDE HOMENAXE A SAN XOÁN BAUTISTA E Á VIRXE DO CARME, NO BARCO-MUSEO REINA DEL CARMEN

ServizosSociais#Burela no acto que rinde homenaxe a San Xoán Bautista e á Virxe do Carme, no Barco-Museo Reina del Carmen 

Burela rinde homenaxe aos seus patróns, San Xoán Bautista e á Virxe do Carme, entre finais de maio e principios de xuño, antes de que arranque a costeira do bonito; pero este mércores recordou que era o día principal da patrona dos mariñeiros. Fíxoo cun responso na súa honra e no recordo dos náufragos no Barco Museo Reina del Carmen, donde asistiu a Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade do Concello de Burela.






Enlace permanente de imagen incrustada


viernes, 11 de julio de 2014

SERVIZOS SOCIAIS COAS ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS E CULTURAIS

As asociacións deportivas e culturais que recibiron subvencións municipais este ano asinan convenio co Concello de Burela

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO alcalde, José Mª González Barcia, as concelleiras de Servizos Sociais e Deportes, Diana Durán e Beatriz Piñeiro, asistiron este xoves á sinatura dos convenios asinados cos colectivos deportivos e con outros que quedaron pendentes hai unhas semanas, tras as subvencións que lles concedeu o Concello. 

A edil popular, Diana Durán, sinalou que “se trata de asinar os convenios cos colectivos deportivos, que eran os que quedaban pendentes, e algunha asociación que, por motivos diversos, non puidera vir cando foran convocados os colectivos do seu ámbito de actuación”. No encontro de onte participaron: Club Ciclista Burela, Club Ciclista Cerezo Bike, Club Kayak, Burela Fútbol Sala, Club Baloncesto Burela, Club Náutico e Pasada das Cabras, como colectivos deportivos. Tamén estiveron a Sociedade Cultural Ledicia, O Mellor de Cada Casa e Amajazz. A partir de agora estas asociacións e colectivos poderán presentar a correspondente xustificación da subvención para cobrar o seu importe”.

González Barcia lembrou que “o Concello asinou un total de 50 convenios que supoñen un total de 125.000 euros en subvencións. A intención é manter, na medida do posible, as subvencións de cara ao próximo ano, tendo en conta que todos os colectivos recibiron con moi bos ollos a subvención a pesar de que hai importes que non son demasiado elevados. Excepto o colectivo Buril, que renunciou á subvención, todos os demais aceptáronas”.

miércoles, 9 de julio de 2014

SERVIZOS SOCIAIS APOIA O CONCERTO DO V CURSO INTERDISCIPLINAR DE MÚSICA

Imagen 015Coma en anteriores ocasións e dentro da celebración do Curso Interdisciplinar de Música, celebrouse na tarde do mércores, 2 de xullo, o concerto de cámara a cargo dos alumnos e alumnas das diferentes especialidades, con obras de Romberg e Mozart entre outros autores/as.

Para o peche de dito curso, o xoves 3 de xullo, ás 20:30 no Auditorio da Casa da Cultura de Burela, celebrouse un concerto no que levaron o peso as agrupacións de coro e orquestra que interpretaron repertorio pertencente a diversas óperas, tanto de xeito independente coma conxuntamente.

E, na segunda parte deste concerto representouse -en versión concerto- a obra “A Viaxe de Brandán”, que foi estreada o pasado verán en Burela con motivo da Festa Castrexa. Esta obra é unha composición baseada no libreto do lucense Xoán Rompe, con lírica de Xulia Nogueira e música de Xan Carballal.

Diana Durán, Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, non faltou ao concerto como vén sendo costume e "anima a todos os rapaces e rapazas a seguir deleitándonos coas súas interpretacións, así como a todas aquelas persoas veciñas que poñen todas as súas forzas en demostrar que a música non ten idade e que calquera persoa que lle poña gañas e atención pode brotar dela sintonías que verdadeiramente nos embelesan. Noraboa a profesorado e alumnado".  

SERVIZOS SOCIAIS NO IZADO DAS BANDEIRAS AZUIS DAS PRAIAS DA MAROSA, PORTELO E RIL

070714 Foto izado Burela (2)
Este luns, 7 de xullo, foron izadas as bandeiras azuis nas praias burelesas de A Marosa, Portelo e Ril. O areal da Marosa conta con este distintivo de xeito ininterrumpido desde o ano 1993.

O alcalde, José Mª González Barcia, contou que “no día de hoxe procedemos ao izado das tres bandeiras azuis concedidas por Adeac ao Concello de Burela para outras tantas praias: en concreto a da Marosa, que é a que dende hai máis tempo ten a bandeira azul; a de Portelo, que conta con ela desde 1999, aínda que a perdeu en 2003 e volveu recuperala ao ano seguinte; e a de Ril, que a tivo un ano e que a recupera agora”.

A edil popular, Diana Durán, sinala que "para o equipo de goberno é unha satisfacción que as tres praias máis usadas polos veciños e veciñas do noso concello teñan as tres a bandeira azul, porque isto é un traballo que se ven facendo dende hai moitos anos por parte de moita xente e coa súa colaboración . Sen dúbida ningunha que unha praia teña bandeira azul é un reclamo turístico de primeira magnitude e, por outra parte, significa que conta cuns servizos cunha calidade recoñecida”.

O rexedor subliñou que “no caso das praias de Burela o servizo de socorrismo funciona xa dende o sábado pasado. Temos dez socorristas para cubrir as tres praias durante todo o verán, ata principios do mes de setembro. As praias están completamente listas para ser usadas polos cidadáns e polos visitantes: contan con duchas, algunhas delas repostas despois dos temporais; teñen servizos hixiénicos todas elas; este ano incorpórase unha novidade importante, que é que se teñen substituído as casetas dos socorristas de Portelo e Ril, as sombrillas están todas colocadas tamén, ao igual que tódolos colectores de recollida de lixo; e a limpeza estase facendo diariamente”.

A concelleira de Medio Ambiente e Mar, Patricia López Eijo, lembrou que “o ano pasado compráronse esas dúas casetas, unha para O Portelo, que consta de dous baños (un deles para minusválidos) ademais da zona para os socorristas, que ten taquillas, camilla… e outra para Ril onde prestan servizo os socorristas”. López Eijo subliñou que “isto suponnos un aforro de 1.500 euros, que era o que se pagaba polo aluguer das casetas e polos baños químicos que se colocaban en Portelo, e que agora están situados dentro da propia caseta desta praia. Tamén fixemos arranxos de fontanaría nos baños da praia da Marosa”.

González Barcia indicou que “as praias están en perfectas condicións, máis aínda se cabe tendo en conta que Costas cumpriu co seu compromiso de ter arranxados os danos causados polos temporais a mediados do mes pasado. E iso foi así, polo tanto temos que recoñecerlle e agradecerlle a Costas o esforzo que fixo. Soamente dou un dato: na rexeneración do espigón da praia da Marosa téñense colocado 2.500 metros cúbicos de pedra, cun presuposto de 120.000 euros. Os paseos están todos en perfectas condicións e tense feito a limpeza da maleza nas tres praias”.

E engadiu: “en conclusión, as praias de Burela, a partir de hoxe coa bandeira azul, locen máis aínda, se cabe. Polo tanto, temos que agradecerlle a todas as persoas do Concello implicadas no mantemento das praias e tamén aos usuarios a súa colaboración para que as praias estean limpas e que poidan contar un ano máis con bandeira azul. Este ano queremos que as praias estean en perfecto estado para poñer todo o que de nós dependa de cara a revalidar os tres galardóns bandeira azul para o próximo ano 2015”.

A EDIL POPULAR PARTICIPOU NA III FESTA CASTREXA

Enlace permanente de imagen incrustada

ServizosSociais#Burela Na Festa Castrexa xunto ao Alcalde Chema Barcia, o Patrón Maior Basilio Otero da Confraría de Pescadores San Xoán Bautista de Burela e amigos/as do Clan

A edil de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade do Concello de Burela, felicita a ACIA como organizadora da III Festa Castrexa, a todo o tecido asociativo do pobo pola súa desinteresada colaboración e a todas as persoas veciñas do pobo que contribuíron a que este evento fose posible.

VIVAMOS COMO CASTREXOS!!!

O CONCELLO DE BURELA CREA UNHA PRAZA INTERINA DE PEDAGOXÍA NO CENTRO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

O Concello crea unha praza de interinidade para cubrir a baixa da licenciada en pedagoxía do centro de atención temperá. A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, sinalou que “a pesares da situación complexa que estamos a vivir desde o equipo de goberno decidimos cubrir este gasto cunha interinidade. Estamos diante dun servizo prioritario, é dicir de primeira necesidade, para as familias que teñen nen@s de 0 a 6 anos con problemas evolutivos”.

A edil popular subliñou que “facemos o esforzo de realizar esta substitución ata a reincorporación da titular da praza”. Diana Durán dixo que “cando un neno ou unha nena ten dificultades deste tipo, hai que traballar con el ou con ela de xeito inmediato, porque son meses vitais para o seu normal desenvolvemento. Non nos podemos permitir ralentizar a atención que se lles presta neste servizo”.

Diana Durán subliñou que “se non fose polo compromiso do Concello burelés este centro de atención temperá non estaría funcionando. É un servizo que está ubicado en Burela, pero no que se presta atención aos nenos e nenas de toda a comarca e é o noso Concello o que sufraga os gastos desta unidade, coa axuda da Xunta de Galicia”. 

A concelleira de Servizos Sociais lembra que “se entende por atención temperá o conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0-6 anos, a familia e ao contorno, que teñen por obxectivo dar resposta o máis axiña posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nen@s con trastornos no seu desenvolvemento ou que teñen risco de padecelos. Estas intervencións, que deben considerar a globalidade dos nen@s teñen que ser planificadas por un equipo de profesionais de orientación interdisciplinar ou transdisciplinar”.

A unidade de atención temperá atendeu o ano pasado a 92 nen@s, 36 con idades que oscilan entre os 0 e os 3 anos e 56 de 3 a 6 anos. Segundo os datos do centro 35 nen@s acudiron por primeira vez á unidade, 28 requiriron ingreso e 35 recibiron á alta ao longo do pasado 2013.

Na unidade realízanse, entre outras, actividades asistenciais, tratamentos psicopedagóxicos, psicoterapéuticos, seguimentos evolutivos, estimulación da linguaxe, psicomotricidade, terapia familiar, información, asesoramento, coordinación e interconsultas nos ámbitos sanitario, social e educativo.
O ano pasado leváronse a cabo 1.836 terapias, 108 orientacións familiares, 5 orientacións profesionais, 78 seguimentos evolutivos e 35 nen@s recibiron 1.181 sesións de fisioterapia. 

A unidade de atención temperá conta con unha psicóloga, unha pedagoga, unha fisioterapeuta e unha educadora social.

SERVIZOS SOCIAIS BURELA APOIA ÁS PERSOAS ORGANIZADORAS DA ROMARÍA MONTE CASTELO

030714 Foto Monte CasteloA área recreativa do Monte Castelo acollerá unha nova edición da romaría que leva o seu nome do 24 ao 27 de xullo. O evento acaba de presentarse nese lugar. Ata alí desprazáronse o alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e as concelleiras Diana Durán e Mónica Pedre, ademais de membros da asociación Amigos do Monte Castelo. 

O rexedor dixo que “a Romaría do Monte Castelo adquiriu un grande renome en toda a comarca e noutras zonas tanto da provincia de Lugo coma do norte da Coruña. A presenza de xente ven sendo masiva e nun moi bo ambiente, polo tanto agardamos e confiamos en que siga a ocorrer o mesmo”.

González Barcia pídelles a veciñ@s e visitantes “que respecten o medio ambiente e que se divirtan” e agradeceu o traballo realizado pola asociación Amigos do Monte Castelo: “eles/as organizan o festexo e distribúen as zonas de acampada”. O alcalde lembrou que “o Concello colabora de xeito económico coa Romaría do Monte Castelo e poñemos á súa disposición os medios materiais e humanos que precisan para que todo discorra con normalidade, tal e como se fixo sempre e como se seguirá a facer”. 

A edil popular, Diana Durán, sinalou que “son xa moitos anos de Romaría do Monte Castelo. Esta festa converteuse nun dos eventos máis importantes de Burela e da Mariña luguesa no verán. Para o Concello é moi positiva a súa celebración pola proxección que realiza de Burela e da área recreativa do Monte Castelo”.

A XIX Romaría do Monte Castelo desenvolverase do 24 ao 27 de xullo.