martes, 22 de julio de 2014

A CASA DA XUVENTUDE DE BURELA ACOLLERÁ DO 5 AO 7 DE AGOSTO UN OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA SOCIAL

O "Programa de Atención a Inmigrantes" da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela, como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, vai impartir un Obradoiro de Fotografía Social. O curso desenvolverase do 5 ao 7 de agosto. 

Diana Durán subliña que “será impartido por Rober Amado, (fotógrafo gañador da I Edición de Imaxes con Fondo e Premio Tiflos de Xornalismo Social da Fundación ONCE)”. 

A edil popular indica que “o obxectivo deste obradoiro é espertar a curiosidade polo mundo da fotografía e xerar as ferramentas necesarias para dar a posibilidade de mellorar o ollo fotográfico e ampliar o coñecemento tanto da arte fotográfica como da súa faceta máis documental”. 

Diana Durán explica que "este cuso é unha ferramenta que permite crear conciencia social coas imaxes e palabras, empegrando linguaxe e termos de igualdade. É un curso de fotografía que fará ver o mundo con outros ollos."

As clases serán os días 5, 6 e 7 de agosto en horario de 10:00 a 13:00 horas na Casa da Xuventude. O curso está dirixido a persoas maiores de 14 anos.

Para anotarse e/ou solicitar máis información @s interesados poden chamar ao Programa de Atención a Inmigrantes do Concello de Burela ao seguinte número de teléfono 982 58 06 09.

No hay comentarios:

Publicar un comentario