miércoles, 9 de julio de 2014

SERVIZOS SOCIAIS BURELA APOIA ÁS PERSOAS ORGANIZADORAS DA ROMARÍA MONTE CASTELO

030714 Foto Monte CasteloA área recreativa do Monte Castelo acollerá unha nova edición da romaría que leva o seu nome do 24 ao 27 de xullo. O evento acaba de presentarse nese lugar. Ata alí desprazáronse o alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e as concelleiras Diana Durán e Mónica Pedre, ademais de membros da asociación Amigos do Monte Castelo. 

O rexedor dixo que “a Romaría do Monte Castelo adquiriu un grande renome en toda a comarca e noutras zonas tanto da provincia de Lugo coma do norte da Coruña. A presenza de xente ven sendo masiva e nun moi bo ambiente, polo tanto agardamos e confiamos en que siga a ocorrer o mesmo”.

González Barcia pídelles a veciñ@s e visitantes “que respecten o medio ambiente e que se divirtan” e agradeceu o traballo realizado pola asociación Amigos do Monte Castelo: “eles/as organizan o festexo e distribúen as zonas de acampada”. O alcalde lembrou que “o Concello colabora de xeito económico coa Romaría do Monte Castelo e poñemos á súa disposición os medios materiais e humanos que precisan para que todo discorra con normalidade, tal e como se fixo sempre e como se seguirá a facer”. 

A edil popular, Diana Durán, sinalou que “son xa moitos anos de Romaría do Monte Castelo. Esta festa converteuse nun dos eventos máis importantes de Burela e da Mariña luguesa no verán. Para o Concello é moi positiva a súa celebración pola proxección que realiza de Burela e da área recreativa do Monte Castelo”.

A XIX Romaría do Monte Castelo desenvolverase do 24 ao 27 de xullo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario