viernes, 11 de julio de 2014

SERVIZOS SOCIAIS COAS ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS E CULTURAIS

As asociacións deportivas e culturais que recibiron subvencións municipais este ano asinan convenio co Concello de Burela

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO alcalde, José Mª González Barcia, as concelleiras de Servizos Sociais e Deportes, Diana Durán e Beatriz Piñeiro, asistiron este xoves á sinatura dos convenios asinados cos colectivos deportivos e con outros que quedaron pendentes hai unhas semanas, tras as subvencións que lles concedeu o Concello. 

A edil popular, Diana Durán, sinalou que “se trata de asinar os convenios cos colectivos deportivos, que eran os que quedaban pendentes, e algunha asociación que, por motivos diversos, non puidera vir cando foran convocados os colectivos do seu ámbito de actuación”. No encontro de onte participaron: Club Ciclista Burela, Club Ciclista Cerezo Bike, Club Kayak, Burela Fútbol Sala, Club Baloncesto Burela, Club Náutico e Pasada das Cabras, como colectivos deportivos. Tamén estiveron a Sociedade Cultural Ledicia, O Mellor de Cada Casa e Amajazz. A partir de agora estas asociacións e colectivos poderán presentar a correspondente xustificación da subvención para cobrar o seu importe”.

González Barcia lembrou que “o Concello asinou un total de 50 convenios que supoñen un total de 125.000 euros en subvencións. A intención é manter, na medida do posible, as subvencións de cara ao próximo ano, tendo en conta que todos os colectivos recibiron con moi bos ollos a subvención a pesar de que hai importes que non son demasiado elevados. Excepto o colectivo Buril, que renunciou á subvención, todos os demais aceptáronas”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario