martes, 22 de julio de 2014

SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE DE BURELA ORGANIZAN UN CICLO DE CHARLAS COA ONG MÉDICOS DO MUNDO

O "Programa de Atención a Inmigrantes" da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela vai realizar un ciclo de charlas en colaboración coa ONG Médicos do Mundo, segundo ven de anunciar a concelleira Diana Durán. 
 
A edil popular explica que “ditas charlas informativas serven para promocionar a educación para a saúde e fomentar hábitos de vida saudables, axudando a manter a boa saúde”.

A primeira charla que se impartirá será o día 30 de xullo no salón de plenos do Concello en horario de 10:00 a 14:00 horas e o seu título será Acceso á saúde para persoas inmigrantes en Galicia, na que se tratará do dereito da saúde, dereito para persoas que traballan, beneficiarios/as ou asegurados/as de persoas que traballan, saúde gratuíta para mulleres embarazadas, menores e urxencias médicas, reclamacións de facturación por atención urxente, programa galego de protección social de saúde pública…”. 

A charla está dirixida principalmente para persoas inmigrantes, pero tamén poderán participar aquelas persoas que ben por intereses persoais ou profesionais estean motivadas.

Para máis información @s interesad@s poden dirixirse ao Programa de Atención a Inmigrantes do Concello de Burela ao seguinte número de teléfono 982 58 06 09.

No hay comentarios:

Publicar un comentario