miércoles, 9 de julio de 2014

SERVIZOS SOCIAIS APOIA O CONCERTO DO V CURSO INTERDISCIPLINAR DE MÚSICA

Imagen 015Coma en anteriores ocasións e dentro da celebración do Curso Interdisciplinar de Música, celebrouse na tarde do mércores, 2 de xullo, o concerto de cámara a cargo dos alumnos e alumnas das diferentes especialidades, con obras de Romberg e Mozart entre outros autores/as.

Para o peche de dito curso, o xoves 3 de xullo, ás 20:30 no Auditorio da Casa da Cultura de Burela, celebrouse un concerto no que levaron o peso as agrupacións de coro e orquestra que interpretaron repertorio pertencente a diversas óperas, tanto de xeito independente coma conxuntamente.

E, na segunda parte deste concerto representouse -en versión concerto- a obra “A Viaxe de Brandán”, que foi estreada o pasado verán en Burela con motivo da Festa Castrexa. Esta obra é unha composición baseada no libreto do lucense Xoán Rompe, con lírica de Xulia Nogueira e música de Xan Carballal.

Diana Durán, Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, non faltou ao concerto como vén sendo costume e "anima a todos os rapaces e rapazas a seguir deleitándonos coas súas interpretacións, así como a todas aquelas persoas veciñas que poñen todas as súas forzas en demostrar que a música non ten idade e que calquera persoa que lle poña gañas e atención pode brotar dela sintonías que verdadeiramente nos embelesan. Noraboa a profesorado e alumnado".  

No hay comentarios:

Publicar un comentario