lunes, 30 de junio de 2014

INAUGURACIÓN DOS TRABALLOS DOS OBRADOIROS DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES (CIM) DE BURELA

100614 Foto exposicion traballos CIM Burela

O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, inauguraron na Casa da Cultura a exposición cos traballos realizados nos obradoiros de manualidades, bordado e bolillos, que organizou o CIM (Centro de Información ás Mulleres) e que se desenvolveron ao longos dos últimos meses. Nos obradoiros do CIM participaron 300 mulleres. Segundo Diana Durán “foron un éxito estes meses e despois do verán volveremos con todas estas actividades”.

2 comentarios:

  1. Donde esta ese obradoiro ke decides

    ResponderEliminar
  2. Estes obradoiros en concreto (de manualidades, bolillos e bordado) son actividades de tempo libre dirixidas a todas as mulleres de Burela e que están organizadas dende o CIM (Centro de Información ás Mulleres) da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade do Concello de Burela. Os obradoiros desenvólvense dende novembro a maio. Para o vindeiro curso 2014-2015 está pendente de adiantar o comezo dos cursos a outubro ou, pola contra, comezar en novembro. De todas formas, como ven sendo habitual, anunciarase o comezo dos distintos obradoiros en prensa, redes sociais, etc... e a inscrición será na Casa do Concello no servizo do CIM, onde as profesionais atenderán todas as dúbidas que poidan surxir e que desexen preguntar.
    Agradézolle o seu interés.
    Saúdos!

    ResponderEliminar