lunes, 10 de septiembre de 2012

HOXE LUNS, 10 DE SETEMBRO, TRATARASE EN SESIÓN PLENARIA EXTRAORDINARIA A PROPOSTA DA MESA DE CONTRATACIÓN DA XESTIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DE MODALIDADE DE DEPENDENCIA. DIANA DURÁN DIXO QUE A MELLOR OFERTA FOI A PRESENTADA POLA EMPRESA QUE XA SE ENCARGA DESTAS LABORES.



Hoxe luns, 10 de setembro, ás 12 da mañá celebrarase unha sesión plenaria extraordinaria no Concello de Burela onde a orde do día será a proposta da mesa de contratación sobre a clasificación das proposicións presentadas polos licitadores no procedemento de adxudicación do contrato de xestión do servizo de axuda  no fogar na modalidade de dependencia. A adxudicación realizouse por procedemento aberto, multiplicidade de criterios de valoración e tramitación urxente mediante a modalidade de concesión. 

En total presentáronse 4 empresas, 3 fixérono en tempo e forma e 1 fora de prazo, segundo os datos que deu a coñecer a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán. A edil popular explicou que “das tres firmas que concorreron, dúas presentaron toda a documentación esixida correctamente e unha non acreditou a solvencia técnica. Ésta contou cun prazo legal de tres días para arranxar este problema, pero finalmente quedou excluída do concurso porque non presentou tampouco o certificado de ter prestado servizos públicos ou privados coma os que tería que realizar en Burela”.

Durán subliñou que “a mesa de contratación, por unanimidade dos seus membros, adheríuse ao informe técnico elaborado pola traballadora social do Concello. E despois de analizar e puntuar as dúas ofertas que presentaron toda a documentación correctamente será a empresa que xa estaba a prestar o servizo de axuda no fogar no Concello a que continúe a facelo. A súa foi a mellor oferta presentada e tamén a organización e planificación do traballo a realizar”. 

Da mesa de contratación formaron parte o alcalde, a concelleira de Servizos Sociais, a secretaria municipal, a interventora do Concello e a traballadora social, e como secretario actuou un técnico administrativo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario