jueves, 27 de septiembre de 2012

BURELA ADHERIRÁSE AO PROTOCOLO PARA A PROTECCIÓN DAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DOMÉSTICA E DE XÉNERO E CONVERTIRÁSE NUN DOS PRIMEIROS CONCELLOS DA COMARCA NA SÚA IMPLANTACIÓN.



Burela adherirase ao Protocolo de colaboración e coordinación entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e os corpos de Policía Local para a protección das vítimas de violencia doméstica e de xénero, atendendo así á proposta realizada desde a Subdelegación do Goberno en Lugo e converténdose nun dos primeiros concellos da comarca na súa implantación.   

A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, sinala que “a Administración Local como a instancia máis próxima ao cidadán, configúrase coma un espazo privilexiado para a intervención coas vítimas de violencia de xénero do termo municipal. É por iso, polo que tanto dende a Concellería de  Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade como dende a de Concellería de Obras, Urbanismo, Trafico e Protección Civil, valoramos positivamente a iniciativa proposta pola Subdelegación do Goberno en Lugo de adhesión ao devandito protocolo asinado no ano 2006 polo presidente da FEMP e polo anterior Ministro de Interior”.

O equipo de goberno entende que “a adhesión ao referido protocolo por parte do Concello de Burela será moi positiva tanto para as vítimas de violencia de xénero xa que incrementaría a súa percepción de seguridade, como tamén polo feito de que as autoridades locais, os distintos partidos políticos e a sociedade en xeral, se impliquen en combater a inaceptable situación de permanente inseguridade que sofren moitas mulleres”. 

Diana Durán subliñou que “o obxectivo fundamental do presente protocolo é establecer os criterios básicos de colaboración e de coordinación que permitan optimizar os recursos humanos e materiais das Forzas e Corpos de Seguridade existentes no temo municipal de Burela, para garantir o cumprimento eficaz das medidas xudiciais do protección ás víctimas de violencia de xénero, de conformidade co disposto no artigo  31.2 da L.O. 1/2004”. 

A responsable dos Servizos Sociais en Burela dixo que “a colaboración entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado y os Corpos de Policía Local nesta materia guiarase, en todo caso, polos seguintes criterios:
1.Proporcionar ás vítimas unha resposta policial da maior rapidez e eficacia nas situacións de risco.
2.Proporcionar unha resposta policial da máxima sensibilidade, calidade e eficiencia na atención e protección ás vítimas e evitar ás actuacións que supoñen un incremento da vitimización, especialmente a duplicidade de intervencións.
3.Proporcionar á vítima información clara e accesible sobre os dereitos recoñecidos na Lei Orgánica 1/2004 e dos recursos existentes para a efectividade de tales dereitos no ámbito territorial correspondente.
4.Facilitar a transmisión entre as Forzas e Corpos de Seguridade e os órganos xudiciais de toda a información relevante para a protección da vítima”.
Desde o equipo de goberno cren firmemente que a iniciativa proposta pola Subdelegación do Goberno en Lugo de adhesión ao citado protocolo “é necesaria no noso termo municipal”. Éste será un dos asuntos que se debatan no pleno que se celebrará no Concello de Burela o día de hoxe, xoves 27 de setembro, ás 20 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario