viernes, 31 de octubre de 2014

PROXECCIÓN DE Muller(es)Muller PARA O ALUMNADO BURELÉS

proxeccion-muller-burela

Alumnos e alumnas dos IES Monte Castelo e Perdouro, de Burela, asistiron en outubro á proxección do documental “Muller (es) Muller”, e a unha masterclass, actividades coas que o CIM pretende “promover a igualdade de oportunidades entre mozos e mozas, así coma a prevención da violencia de xénero”. 

A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Diana Durán, acudiu ás aulas para presentarlles aos rapaces e rapazas o contido do programa no que ían participar. O alumnado do IES Monte Castelo acudiu á proxección á Casa da Cultura e a masterclass foi impartida no propio centro. E no IES Perdouro as dúas actividades tiveron lugar nas súas instalación.

A cinta busca dar luz sobre o papel das mulleres na sociedade e na transmisión de valores e os cambios que se producen dunha xeración a outra. O papel das mulleres na sociedade transformouse, pero máis aló de datos estatísticos que o confirmen, a realidade sempre funciona como un potente indicador. O que se pretende neste caso é facerlle reflexionar á xuventude sobre o cambio de roles na muller que sufriu de xeración en xeración, así como os valores que tamén foron mudando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario