jueves, 30 de octubre de 2014

ATA O 15 DE NOVEMBRO ESTÁ ABERTA O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA "XUNTOS POLO NADAL" DA XUNTA DE GALICIA

A Concellería de Servizos Sociais informa que ata o 15 de novembro está aberto o prazo de inscrición no programa Xuntos polo Nadal, que organiza un ano máis a Consellería de Traballo e Benestar. 

Diana Durán lembra que “este programa permite que as persoas maiores que se atopen soas durante estas festas, poidan gozar dunha estancia na residencia de tempo libre de O Carballiño, dende o 23 de decembro ata o 2 de xaneiro. En total, ofértanse 120 prazas para toda a provincia de Lugo. Os interesados deberán ter máis de 60 anos, estar empadroados en Galicia e pagar unha cota diaria de 50 euros se superan o límite dos 532,51euros no seu Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). Os que cobren menos desa cantidade poderán gozar desa estancia de xeito gratuíto”.

Os interesados en realizar este trámite deben dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Burela, en horario de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres.

A concelleira de Servizos Sociais dixo que “este programa está dirixido ás persoas maiores de 60 anos, que estean empadroadas nalgún concello galego e poidan valerse por si mesmas, sen sufrir ningunha enfermidade infecto-contaxiosa ou trastorno mental ou conductual”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario