jueves, 30 de octubre de 2014

40 PERSOAS PARTICIPAN NO PROGRAMA AXILMENTE ORGANIZADO POLO CONCELLO DE BURELA

axilmente-burelaO Concello de Burela puxo en marcha este mes de outubro o seu programa de autonomía persoal Axilmente. Nel, participan un total de 40 persoas, maiores de 65 anos e empadroadas no municipio, que poden gozar xa deste obradoiro de ximnasia mental en dúas quendas. 

As actividades desenvólvense na Casa da Terceira Idade de Burela, de luns a xoves de 17 a 18h (dúas quendas) lugar ata o que se achegaron alcalde, José María González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán. Alí puideron coñecer de cerca como se está a levar a cabo esta actividade de carácter gratuíto que busca favorecer o envellecemento exitoso.

O programa Axilmente está organizado pola Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela e levarase a cabo durante os vindeiros 8 meses.  Dende o Concello, recordan que o obxectivo deste curso “é lograr unha boa estimulación cognitiva, que favoreza a prevención da dependencia, e mellore a calidade de vida das persoas maiores no seu día a día”.

A responsable de Servizos Sociais de Burela, Diana Durán, recordou que “a intervención con maiores convértese non só nun obxectivo social, senón nunha inversión de futuro. O fin último é previr a dependencia e afrontar o envellecemento dende unha actitude positiva e aberta. Por iso, levamos a cabo este obradoiro no que tratamos de dotar ás persoas maiores das ferramentas necesarias para mellorar a súa calidade de vida, tanto nos seus hábitos de coidado, coma nos ámbitos sanitarios e cognitivos”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario